| RESUME ACTOS XANTAR 25 DE xullo DE 2006 |
| Galería de Fotos1 Galería de fotos 2 |
|
O pasado día 25 de Xullo celebrouse a partires das 14 horas, e despois dunha longa mañan de traballo dos directivos e colaboradores, baixo os acordes da melodía do himno da C.D. Portas, o tradicional xantar de fin de temporada no que participaron 178 persoas entre os distintos convidados, socios, xogadores, adestradores, directivos e afeccionados en xeral. Recibidos polo Coordinador Xeral do Club D. Luis Pablo Vázquez Muinelo, foron acomodandose nos lugares establecidos na mesa, presidida polos tres directivos asistentes da Xunta de 1963-64, e dandose comenzo ó xantar ás 14,30 horas. Cun menú que constou de mexilóns, peixe espada, carne asada, roscón, xelado, café e queimada. Servido como é tradicional polos membros da Xunta Directiva (Tito Dafonte, Manuel Piñeiro Lafuente, José Arturo Baños, José Fontán Buceta, José María Diz, Rogelio Gándara, Juán López Louro e José Fontán). Nos postres deste xantar, sobre as 18 horas, procedeuse a entrega dos tradicionais recordos e premios. Como tódolos anos non houbo ningún tipo de discurso. Tamén asistiron convidados polo club os grandes colaboradores Juán Piñeiro, Sara Vázquez, Diego Guzmán, Alberto Alonso, Delio Búa, Bea Vázquez e José Antonio Fabeiro. Acto da entrega de Recordos e premios da temporada 2005-2006: O directivo Manuel Piñeiro Lafuente comenzou en primeiro lugar, disculpando a ausencia do Presidente do Club D. Victor Estévez Casal por motivos persoais así como a do Secretario D. Manuel Varela Blanco por idénticos motivos. Logo pasou agradecela presencia no xantar de D. José Luis Pazos (Presidente da Asociación de Futbolistas Veteranos), a de D. Luis Villaverde (Director do Colexio Público Integrado “Domingo Fontán”, a do ex-presidente do Club (D. Luis Pablo Vázquez Muinelo), a dos ex-directivos (José Diz Villaverde, D. José Cancela, D. Manuel Magariños e D. José Castro) e xogadores da Cultural Deportiva Portas de Afeccionados e Xuvenis das temporadas 1961-62 (Luis Antonio Medal e D. Joaquín Vila), 62-63 e 1963-1964 (Samuel Blanco, Jesús Fontenla, Antonio Rivas, Manuel Alvariñas, Fernando Gago, Barreira e Manuel Fontán, Tito Lago, J. Rey, Luis Mendoza, Cesar Augusto Rivera, Ramón Carlos, Manuel Carballo, José Luis Camiña e José Morgade) a de tódolos integrantes da directiva, xogadores e adestradores das distintas seccións do club da presente temporada 2005-2006, a de tódolos representantes das empresas que colaboraboran co club (Señores D. Jesús Fontán, D. Luis Candal, Manuel Fariña, Manuel Piñeiro e José Manuel Torres), a de D. Anselmo Figueiras Gago, creador da páxina Web do club e D. Victor Estévez González, moderador do Foro da C.D. Portas, así como a de tódolos socios e afeccionados en xeral presentes e, moi especialmente, a de Trini Suarez e Pilar Piñeiro Rios. De seguido procedeuse a entrega de premios e distincións, e rompendo o protocolo de edade, comenzouse pola entrega de orlas a Sección de Xadrez, así como dunha pequena placa a nosa gran CAMPIONA GALEGA DE XADREZ na categoría SUB-10 Bárbara SIERRA CASTRO (fixo a entrega o Directivo do Club D. Olimpio Dafonte Fontán). Os rapaces de xadrez recolleron as súas orlas. Como innovación desta temporada e a proposta dos usuarios do Foro da Cultural Deportiva Portas, fíxose unha votación para escollelos premios REVELACIÓN e mais REGULAR de tódalas seccións actuais do club. Tamén se deu un trofeo ó máximo goleador. Os premiados foron:
Entregou o Trofeo o Tesoureiro do Club D. José Fontán
Entregou o Trofeo o Sr. Medal (Máximo goleador das Rias Baixas na Temporada 1961-1962 coa C. D. Portas)
Entregou o Trofeo o Coordinador Xeral do Club D. Pablo Vázquez
Os xogadores afeccionados presentes recolleron a orla pola así como a medalla de campións de liga de 3ª Rexional da temporada 2005-2006 segundo se foron nomeando: LINO-MARCOS-PIRU-LUGILDE-BATOCO-SANTOS-PABLO MARTINEZ-MIGUEL- MANUEL-ALBERTO-GABRIEL-CHAO-VICTOR ESTÉVEZ-BRENDAN Nos xuvenis os premiados foron:
Entregou o Trofeo o Directivo D. José María Diz
Entregou o Trofeo o Sr. Medal (Máximo goleador das Rias Baixas na Temporada 1961-1962 coa C. D. Portas)
Entregou o Trofeo o Directivo do Club D. Rogelio Gándara e recolleuno no seu nome o capitán do equipo.
Os xogadores xuvenis recolleron a súa orla así como a medalla de subcampións de liga de 2ª Provincial da temporada 2005-2006 segundo se foron nomeando: Rubén Candal-Manuel-Luis Alberto-Rubén Dario- Nacho-Sergio- Pablo Aldrey-Dito-Cristobal-Juán Piñeiro-José Manuel-Carlitos Gándara-Adrián.
Nos veteráns os premiados foron:
Entregou o Trofeo o Directivo D. Olimpio Dafonte
Entregou o Trofeo o Sr. Medal (Máximo goleador das Rias Baixas na Temporada 1961-1962 coa C. D. Portas)
Entregou o Trofeo o Directivo do Club D. José Fontán Buceta e recolleuno o seu fillo e colaborador de xuvenis Alberto Fontán.
Os xogadores veteráns recolleron a súa orla segundo os foron nomeando: Manolo Goldar-Pablo-Fraga-José Fontán-Ramón Abuín-Milo-Luis Pombo-Fojo-Joaquín-Juán Lopez Louro-José María-Juán Gonzalez-Jose Arturo- Alberto Na sección de Futbol-Sala as premiadas foron:
Entregou o Trofeo o Directivo D. Rogelio Gándara e recolleuno a capitana do equipo Cristina Parga
Entregou o Trofeo o Sr. Medal (Máximo goleador das Rias Baixas na Temporada 1961-1962 coa C. D. Portas) e recolleuno o adestrador Miguel Caamaño
Entregou o Trofeo o Coordenador Xeral do Club D. Luis Pablo Vázquez Muinelo
As xogadoras de futbol-sala recolleron a orla segundo as foron nomeando: Belén-Ana Goldar- Irene-Bea-Cristina Parga Rematou esta primeira parte da entrega de Recordos e premios e a continuación, despois dun pequeño descanso, fixose entrega dun recordo aos distintos adestradores do club:
Entregou os trofeos o Directivo do Club Olimpio Dafonte A segunda parte desta entrega estivo adicada á OBSEQUIAR cuns pequenos agasallos aos directivos e xogadores afeccionados e xuvenis da temporada 1963-1964: Fixeron entrega dos recordos os Directivos do Club D. Olimpio Dafonte, o Coordinador Xeral D. Pablo Vázquez e o Tesoureiro do Club D. José Fóntan Rodríguez, o Adestrador D. Arturo Baños e o Directivo D. Manuel Piñeiro Lafuente. Directivos 1963-1964
Xogadores Afeccionados 1963-64
Xogadores Xuvenís 1963-64
Para rematar este longo acto, fíxose entrega duns recordos a: 1º) Rubén Gonzalez Lago, fillo do xogador de veteráns Juán Luis González Lorenzo e neto de Modesto Lago Calviño, fixo a entrega do recordo o delegado de Veteráns José Mª Diz. 2º) Manuel Goldar Couso, o mexilón de plata por levar 10 anos no Club. Fixo a entrega do trofeo o Directivo José Fontán Buceta . 3º) As seguidoras e ex-directivas dos Portas: Trini Suarez, Pilar Piñeiro Rios e María Duro. Fixo a entrega dos agasallos o xogador –con mais partidos no club, 464 de liga e 55 de copa- Lino José Moure Espiña COMO COLOFÓN fíxose entrega, por parte de Pablo Vázquez, José Fontá e José Arturo Baños dun obsequio as inmellorables cociñeiras ROSITA, TRINI e CARMELA, xa que sin elas no sería posible este xantar. Sobre as 20,30 horas deuse por rematada esta xuntanza e púxose fin a impresionante temporada realizada pola Cultural Deportiva Portas –dous ascensos e un campionato galego- que difícilmente poderá repetirse. Gracias e ata o próximo xantar o 25-7-2007
|
|
Fotos por Luís Villaverde |
|
Texto por Pablo Vázquez, coordinador xeral da CD Portas |