RESUME ACTOS XANTAR 8 DE decembro DE 2004
Ver Galería de Fotos do Acto  

 

O pasado día 8 de decembro de 2004 os xogadores e directivos das temporadas 1961-62 e 1962-63 celebraron unha xuntanza coa Directiva 2004-2005 para agradecerlle a xunta as atencións recibidas nas celebracións do 25 de xullo de 2003 e 1 de agosto de 2004. Nesta xuntanza consistiu nun partido de futbol-7 entre os componentes destas temporadas e a Xunta Directiva, un viño galego (Albariño “Pionero” de Adegas Almirante de Portas) no Bar “A Rapeira” e un xantar no Restaurante “O Conxuro” de Portas.

As doce en punto da mañan, no campo de “A Rapeira” de Portas, que se atopaba en perfectas condicións para a práctica do futbol, formaron os dous equipos debidamente uniformados (Xogadores 61-62 e 62-63 cas cores oficiais do club –granate- e a Directiva 2004-2005 de azul.

 

Plantillas 1961-62 e 1962-63: Francisco SILVA, Toñito RIVAS, Manuel Martinez “BARREIRA”, José María SÁNCHEZ, Isidoro Rodríguez “CARCACIA”, Luis Antonio MEDAL, Manuel ALVARIÑAS, David DOCAMPO, atopándose presentes Jesús FONTENLA,  SAMUEL Domínguez , Joaquín VILA e Antonio BUA (que non dsiputaron o encontro) así como os directivos Manuel MAGARIÑOS e José CASTRO.

 

Xunta Directiva 2004-2005: Juán LESTE(*), JOSE Fontán, ARTURO Baños, Luis PABLO Vázquez, JOSE MARIA Diz, Olimpio Dafonte “TITO” e MANOLO Santiago, acompañados do Presidente do Club VICTOR ESTÉVEZ, e os Directivos José Fontán Buceta e Rogelio Gándara.

Despois dun intenso partido este rematou con resultado de empate a TRES.

 

Rematado o encontro os xogadores tomaron un viño galego (Albariño “Pionero” de Portas) acompañados das suas esposas e compañeiras , servido no  Bar A Rapeira. As duas e media dirixíronse ó Restaurante “O Conxuro” onde disfrutaron dun variado menú e nos postres tomaron a palabra o presidente do Club ,VICTOR ESTÉVEZ, e un representante dos xogadores e directivos, Antonio BUA, que recordaron ós  que non pudieron asistir por causas alleas a súa vontade (Malocho, Juanín, Pirelo III, Crespo, Cabezudo, Gumersindo Mosteiro, Tomás Miguéns, Asturiano, Noya, Pepe Figueiras, Folgar, Francisco Carballo, Geno, Pepe Rivas,  Saro Belsol, Fariñas e Caeiro) e un recordo moi especial para os finados, o adestrador Moya, Arias, Elorrieta, Baños, Osorio, Luis Fernández “Ardeiro”, e Rafita. Pasadas as oito da tarde, deuse por rematado xantar –ó que convidaron os componentes das temporadas 61-62 e 62-63– e quedamos citados para unha nova xuntanza  a determinar e para a festa de fin de temporada que o club organiza tódolos anos o 25 de xullo.

 

Texto e fotos remitidas por Pablo Vázquez, coordinador xeral da CD Portas