|
|
||
![]() |
Portas, 7 de Abril de 2002 | |
|
Co galo da celebración do 50º Aniversario
(Xullo de 2011) do Club Futbol
Portas, a Xunta Directiva, a proposta
do seu coordinador xeral, programará unha
serie de actos e actividades -durante as temporadas precedentes- para preparar tan importante evento e que
consistirán fundamentalmente en:
1-A partires da temporada 2001-2002, no xantar de fin de temporada (o que asisten tódolos compoñentes das distintas seccións que ten o club -Veteranos, aficionados, xuvenis, cadetes, alevíns f-7 e futbol-sala feminino) serán convidados os xogadores que formaron parte das plantillas dos anos sesenta.
O próximo día
25 de Xullo de 2002, celebrarase dito xantar
e asistirán convidados os xogadores, técnicos e directivos da temporada 1961-1962.
2-Recuperación e reconstrucción do escudo (parte do antigo e parte do novo)
3-Troco
da denominación do club: de “Club Futbol Portas”
polo nome antigo “Cultural
Deportiva Portas”
4-Composición, con música e letra, dun himno do club.
5-Construcción
dunha páxina web oficial do
club con todos os datos da sua historia.
6-Realizar
unha gran exposición fotográfica sobre os cincuenta
anos do Club.
7-Actos
do día do 50º Aniversario: Misa e Xantar de todos os
componentes do Portas- Partido de futbol,
Conferencias, actuacións musicais,
etc.
Asdo.: Luis Pablo
Vazquez
Coordinador
Xeral
|
|
Documentación remitida por Pablo Vázquez, coordinador xeral da CD Portas |