|
|
||
![]() |
Portas, 28 de Xuño de 2004 | |
|
Benquerido ex -xogador: Co galo da celebración do 50º Aniversario (Xullo de 2011) da Cultural Deportiva Portas, a Xunta Directiva ven programando unha serie de actos e actividades para preparar tan importante evento. Dende a temporada 2001-2002, no xantar de fin de temporada, o que asisten tódolos compoñentes das distintas seccións que na actualidade ten o club (Veterans, aficionados, xuvenis, cadetes, futbol-sala feminino e Xadrez 3ª División) tamén son convidados os xogadores que formaron parte das plantillas dos anos sesenta. O pasado 25 de Xullo de 2002, celebrouse dito xantar e asistiron convidados os xogadores, técnicos e directivos da temporada 1961-1962. Dos 20 xogadores, asistiron 9, disculparon a sua asistencia por atoparse residindo fora de Galicia 4, outros 3 por compromisos familiares e 5 que desgraciadamente finaron o mesmo que o Adestrador Sr. Moya . Tamén asistiron tres ex-directivos. O vindeiro día 1 de Agosto de 2004, esta Xunta Directiva ten previsto celebra-lo xantar de fin de temporada 2003-2004, no Campo de “A Rapeira” de Portas as 14 horas, e o que están CONVIDADOS tódolos xogadores das temporadas 1961-1962 e 1962-1963, e segundo os nosos arquivos vostede foi xogador da Cultural Deportiva Portas . Esperando a sua PRESENCIA neste xantar (pregámoslle confirme a sua asistencia así como a da sua parella si é o caso) e tamén nos indique si non pode come-los alimentos do menú (mexilóns ó vapor, peixe espada a prancha, carne asada, xelado, roscón, café e queimada) para poderlle confeccionar un menú axeitado, CHAMANDO ós teléfonos reseñados. Remitolle uns recortes de prensa da clasificación final das Rias Baixas e da disputa do torneo Relámpago 1961-1962 que vostede tan magníficamente disputou no Estadio da Lomba en Vilagarcia de Arousa o 2-Septembro-1962.
Para todo aquello que desexe
ou necesite podese dirixir a: C.D.
PORTAS,
Rúa Rapeira
10.36658-PORTAS,
así como ós teléfonos
986536342 e 646359615
(Pablo Vázquez. Coordinador 50º Aniversario)
|
|
Documentación remitida por Pablo Vázquez, coordinador xeral da CD Portas |