D. Pablo Vázquez Muinelo

 COORDINADOR XERAL DA CULTURAL DEPORTIVA PORTAS

"Eu non teño mala relación con quen me respeta e con quen respeto. Para min o  respeto é algo que se gaña ou perde tódolos días (nas relacións coas persoas), e non ben dado por un título universitario, unha fortuna económica ou un cargo de relevo social ou institucional."

¿A xestión do Alcalde? Como tódalas xestións municipais presenta moitas luces e sombras. O que si é certo é que tanto no terreo deportivo e como no traballo en pro da xuventude a súa xestión foi e é nefasta.

Semblanza:
Natural de Santiago, cumplirá 50 años en agosto. Casado y con dos hijas. Diplomado en E.G.B. con las
especialidades de Ciencias Sociales para E.S.O., Especialista en Primaria y
Pedagogía Terapeútica. Ejerce de profesor de Pedagogía Terapeútica desde
1986 y está destinado en Portas desde el día 2 de julio de 1987.


 Todalas preguntas foron feitas polos usuarios do Foro de la Cultural Deportiva Portas

¿Cántos anos leva ligado ó deporte (fútbol) como directivo ou adestrador?             

30 Anos. Dende xullo de 1975 , que debutei como adestrador do  Equipo de Infantis da S.D. Vista Alegre (O primeiro da súa historia), e agás dun ano en Gran Canaria cumplindo o Servicio Militar, ata a presente temporada

¿Cánto tempo dedica á organización e dirección do deporte na actualidade?

Entre dúas e tres horas diarias aproximadamente. 

Vostede leva, segundo datos extraidos da sua ficha na Web, no Club dende o ano 1989, ou sexa, 17 anos. E ten un historial como adestrador de tódalas categorías do Portas, creo que inigualable. E xa antes estivo en otros clubs como o Vista Alegre e o Cacheiras. ¿Qué lle gusta mais, a súa tarefa como directivo ou a súa de adestrador?

Fun adestrador e Presidente do Club varias temporadas e son tarefas moi distintas e apasionantes, pero o certo é, que son moi difíciles de compaxinar. O adestrador ten que estar mais das veces da parte dos xogadores, e todos sabemos que moitas posturas non coinciden coa Directiva.

¿Cáles son as funcións do coordinador do club?

Nun equipo modesto como a C. D. Portas as tarefas máis importantes son as de organizar as seccións , buscar e propor a Xunta ós adestradores, xogadores, delegados, etc. Suplir ausencias puntuais. Obsevar as obrigas regulamentarias da FEGAFUT. En resume, velar por todas aquilas tarefas necesarias para a boa marcha do club.

¿É unha laboura semellante á que facía  Butragueño ou Beguiristain, mantendo as distancias?

Non sendo posiblemente, na proposta de xogadores e adestradores, as demais semellanzas  son producto da súa imaxinación. Hai que facer moitas cousas que nos grandes clubes fan outros especialistas.

¿Non sería mellor chamarlle  "manager"? ¿Non vos gustan as palabras inglesas ou qué?

O nome é o de menos, o que importa e o traballo que se realiza para organizar o club . Tamén podería chamarse Director Xeral, Xerente ou Manager.  

Ainda que non teño nada contra da lingua dos ingleses, eu particularmente prefiero unha galega ou española.

¿Conta vostede con algún tipo de delegados por cada unha das categorías da CD Portas?

Sería imposible non contar con eles. Cada sección ten un delegado –que en momentos puntuais é a máxima autoridade do club. Xosé, Alberto, Miguel Caamaño, José María e Javi.

Si a resposta fose "NON"... ¿Non cree vostede que sería convinte ter un delegado por cada categoría, para que levara cada unha delas administrativamente y etc, etc., eso si, mantendo reunións con vostede e así non levar tódolo peso da CD Portas ?

Efectivamente é así como se fai.

Dado que vai ser moi dificil encontrar xuvenis pra o equipo que acaba de ascender, ¿Non cres que sería mellor renunciar o ascenso?

A plantilla de xuvenis é moi escasa e non é fácil atraer xogadores en edade xuvenil ao Portas, pero tamén é certo que se fai moi difícil convencer os rapaces que quedan en xuvenis de renunciar o ascenso despois do sacrificio da pasada temporada. Temos que confiar no bo traballo e no esforzo a realizar pola Xunta Directiva e os rapaces.

¿Cal é a política do Portas? (xa me entendes. Rapaces da casa, rapaces de fora, rapaces de aqui e de alí)

A política do Portas  foi  dende 1991 (primer ano da miña Presidencia e pasando pola Xunta actual) ata hoxe a de xogar co maior número de xogadores nados en Portas ou con lazos familiares ou afectivos no noso Concello.

¿Mellor de fora pra quedar os novenos ou mellor da casa pra quedar décimos?

Houbo algúns anos que os rapaces que pasaban de xuvenis non daban o nivel de 2ª Rexional e o problema dos estudos. Mellor décimos con rapaces da casa.

Ca xente que se fala de vostede, e que non sexan inimigos seus, todos din que é unha especie de "alma mater" do club. É decir, pensan que si vostede se retira, e deixa o Portas, a institución pode desaparecer de inmediato. ¿Sintese tan importante?

Non é un problema de sentirse ou non importante, o problema é a falla de apoio e interese dos afeccionados  e das  institucións. Non hai persoas imprescindibles o que si  son  necesarias é persoas con ilusión e traballadoras.

¿Por qué pensa que a xente pode opinar eso?

Posiblemente por que  miran que lle dedico bastante tempo ó equipo. Pero sobre todo, por que  en Portas  tendese a persoalizar moito tanto nos éxitos como nos fracasos. Un, ás veces, leva a honra dun éxito ou a culpa dun fracaso e non se valora  debidamente as persoas que están ó teu carón traballando e axudando no que poden.

Polo visto, vostede encargase dende o mantemento do campo ata de facer os recursos "xuridicos" do equipo. ¿É Pablo Vazquez, o servicio xurídico, do que falaba o Presidente que tiñan na casa?

Estiven TRECE temporadas na S.D. Vista Alegre de Santiago, a carón de persoas moi preparadas  en lexislación deportiva e das que aprendin moito, despois sempre estiven moi interesado polo tema e o único que fixen foi poñelos meus  coñecementos ó servicio do club. Observando e cumprindo debidamente os Regulamentos poucos servizos xurídicos fan falla.

Non podo evitar preguntarlle polos "incidentes" que pasaron este ano na liga de aficcionados. Con partidos ganados e perdidos polos equipos no que alguien chama "nos despachos". O presidente xa contestou a esas acusacións, pero a min gustaríame saber da sentada que fixo o Rubiáns. ¿Houbera sido posible que o Portas fixera o mesmo nunha situación similar?

Por un motivo fundamental non sería posible: Pola formación persoal, cultural e deportiva dos xogadores, técnicos e Directivos da C.D. Portas.

¿Cómo hubera reaccionado a directiva si os nosos xogadores tomaran unha decisión parecida?

Eu non podo tomar decisións por min –sin o resto da Xunta- pero a miña proposta sería a baixa automática e instantánea de tódolos  implicados.

O Presidente do Club fixo, na entrevista do Foro, unha defensa a ultranza da túa persoa. ¿Eres  consciente de que podes ser unha persoa  pólemica  nalgúns sectores do pobo?

Pode que para certas persoas (moi poucas) sexa un incordio, pois son unha   persoa inconformista, que me implico ó máximo no que fago, ás veces son bastante perfeccionista e insistente,  e posiblemente por non seres capaz de quedarme calado e quieto cando miro ou escoito falsedades, enganos e outras inxustizas.

¿Por qué crees que pode ser esto?

Polo meu  marcado carácter e polo exposto na resposta anterior.

¿Por qué lle berras tanto ós xojadores cando estás no banquiño?

Cada adestrador ten o seu estilo. Eu, por razóns profesionais, coñezo dende moi novos ós a case que tódolos xogadores que adestro no Portas, e sei como motivalos, correxilos e animalos. Moitos destos berros son cariñosos.

¿Non tes medo a que lles de un tabardillo con un berro deses teus?

Si lles poidera dar un tabardillo como ti dices cada vez que lles berro, estarían os campos santos cheos de xogadores.

¿Qué equipo che gustou máis?

Si se refire ós do Portas, sen dúbida a plantilla da temporada 1992-93 foi a mellor, que por certo non adestrei. Non estiveron mal os equipos de 1989-90 e de 1997-98.

¿Dende que está no Portas, cál sería a su alineacion favorita?

 Lino-Buceta-Abal-Manuel Salgado-Fuentes-Marcos Baldomero-Alberto-Vicky-José Arturo-Camacho-Fraga

¿Cál foi o mellor equipo que tivo en Portas ás súas ordes

Temporada 1997-98 

¿Un xogador? 

Marcos Baldomero

¿Un adestrador?

José Arturo Baños

¿Cál foi o xogador máis indisciplinado que tuvo?

Tácticamente, Dani Seoane

¿Cál  o mais disciplinado ou mellor?

Marcos Baldomero e Jorge Nuñez

¿Cáles cree que son os xogadores nos que tería que basearse o futuro do Portas?

Indiscutiblemente os xuvenis de 2005-2006 e de 2006-2007, complementados con tres ou catro veteráns –en postos claves- das temporadas anteriores.

¿Como é a túa relación co Alcalde de Portas? Refírome no persoal.

Nin fu nin fa.

¿Si é calquera cousa distinta de boa, poderías decir por qué?

Pois non o sei nin me preocupa. Eu non teño mala relación con quen me respeta e con quen respeto. Para min o  respeto é algo que se gaña ou perde tódolos días (nas relacións coas persoas), e non ben dado por un título universitario, unha fortuna económica ou un cargo de relevo social ou institucional.

¿Si é mala, ¿non  crees que o perxudicado é a C.D.  Portas?

As institucións están por riba das persoas, e di moi pouco dun cargo institucional cando toma decisións que perxudican a outra institución polo mero feito de ter malas relacións persoais con algúns dos seus membros ou directivos, deixando ó resto dos seus compoñentes desfavorecidos.  Non obstante, ó remate da temporada 1997-1998, eu deixei o cargo de Presidente da C.D. Portas por si alguén consideraba que a miña presidencia (nunca me preocuparon as poltronas) podería causar grandes perxuizos ó Club e pasei a ser un empregado do club , sen recibir remuneración algunha polo meu traballo. Non vin que a situación fora a mellor co seguinte Presidente.

¿Qué opinas da xestión do alcalde actual?

(Entendo que se refire á municipal) Como tódalas xestións municipais presenta moitas luces e sombras. O que si é certo é que tanto no terreo deportivo e como no traballo en pro da xuventude a súa xestión foi e é nefasta.

¿Non hai algunha forma de que se arregle a relación, polo menos, a nivel de club e Concello?

Que eu sepa dende o Club nunca houbo malas relacións co Concello xa que as institucións están por riba das persoas. Por outra banda, si alguén pretende achacarme esas malas relacións debe recordar que dende 1998 eu xa non son o Presidente da C.D. Portas, maís ben son un empregado do club (que non cobra un €) e polo tanto dependo da sua Xunta Directiva, que debe estar moi contenta coa miña laboura xa que non me despide.

¿A ti non che parece anormal que un dós xogadores do Portas sexa concellal e que siga sin haber axudas?

Normal non me parece, pero debo recordarche que durante os meus anos de Presidente houbo un directivo tamén concellal, e as axudas tampouco chegaban. O problema está no modelo de Corporación.

¿Non debería de deixar unha das dúas cousas?

A liberdade é unha das máximas da C.D. Portas, sempre que se cumplan as suas normas, tódolos vecinos poden xogar no club. Esa é unha decisión persoal e intransferible do xogador-concellal. 

¿Foi o  teu mellor momento o campionato galego de Barbara? (Alguén me dixo que estabas entusiasmado co feito ...) 

Foi o broche de ouro a unha temporada extraordinaria do Portas, na que todos traballamos ó máximo e nunhas condicións económicas mínimas, sen axudas e con non poucos problemas de xogadores, instalacións, etc.

¿Qué supuxo para vos este logro?

Que o esforzo realizado na creación desta nova sección deu os seus froitos antes do esperado. Que témola primeira campiona galega na historia de Portas dunha actividade deportiva. Que o diñeiro é moi importante (e fainos moita falla) pero que non é suficiente (se non hai traballo e ilusión) para conquerir estos logros.

¿Cál foi o teu pior momento no Portas, no que nalgún momento puideches pensar "mando todo ó carallo"?

Ainda non cheguei a ese momento a pesares de que hai algunha  xente que  intenta provocalo. Si recordo dous moi malos, o primeiro sendo Presidente,  cando me comunicaron a defunción do xogador Xuvenil do Portas (SINDO Rojo)que foi atropelado polo tren en Saiar. E o segundo e mais recientemente, cando o meu gran amigo e compañeiro de Directiva moitos anos (Juan Leste) se suicidou.

Tres éxitos e tres fracasos teus na C. D. Portas 

Dentro dos éxitos:

Colaborar nos ascensos e campionatos  do club, fomentar a creación de novas seccións deportivas e axudar a construcción da páxina Web e deste Foro de opinión.

En canto ós fracasos:

Contribuir ós descensos, non conquerir involucrar a xuventude no proxecto do Portas e non conquerilo ascenso do equipo de Xuvenis a Liga Galega ou a Nacional.

¿ntos amijos e cántos non amijos?

Amigos penso que bastantes como me demostraron non fai moito nun asunto luctuoso da miña familia. Inimigos algúns, cando se está en cargos que se teñen que tomar decisións, non sempre acertas  nelas e outras veces non se comprenden moi ben as que tomas. Solo recordar que fun sete anos Presidente e 17 temporadas adestrador nas distintas seccións do club, e tiven que tomar moitas decisións.

¿Por qué fuches presidente do Portas?

Pois por que non había outra persoa que se fixera cargo nese momento e así puidemos evitar a desaparición do club.

¿En cántas actividades culturais, deportivas e sociais estás metido na actualidade?

En moitas: Comunidade de Vecinos, Club de Futbol e Comedor Escolar. Colaborei dende a creación e  fundación dunha Asociación de  Amigos do Cabalo ata na primeira Cabalgata de Reis. Son un pouco “metome en todo”. Estou próximo ós 50 anos e penso que debo ir deixando algunha actividade.

 

RUMORES:
¿Estarás na política municipal na próxima lexislatura?

Algúns inimigos meus  adícanse, en datas próximas ás eleccións municipais, a colocarme en distintas candidaturas para Alcalde. Os meus amigos xa coñecen as miñas aspiracións políticas dende fai 19 anos (que por certo son inexistentes). Fai trinta anos que decidín outras formas de colaborar coa sociedade.

¿Deixarás Portas o próximo ano 2007?

Profesionalmente levo 19 anos en Portas e restanme 15 anos de traballo para a xubilación  que espero e desexo cumprir  aquí. O benestar da miña familia é prioritario para min e as miñas fillas están moi contentas en Portas.

¿Recibes presións familiares para deixalas túas múltiples actividades culturais, sociais e deportivas?

Ninguna, pola contra sempre me animaron a facer o que mais me  gusta , dende a miña nai (finada) ata as miñas fillas e a miña dona.

O presidente dou a entender, a bo entendedor... que poñía cartos. ¿Ti tamén tes que poñer?.

Ás veces axudo algo.  O importante é o traballo, as gañas  e a ilusión.

Que o noso amigo Roberto non pidira, e non llo darán (claro), o campo de herba sintética, ¿qué supón para Portas?  

Que unha vez máis seremolos últimos en recibir infraestructuras e polo tanto estaremos de novo  en inferioridade de condicións con tódolos que nos rodean. Hai que pensar que xa solo quedamos nos  sin campo de césped artificial ou natural fronte aos concellos colindantes.

Xa era difícil motivar ós xogadores para xogar aquí, agora faise casi imposible.

¿Ese sistema de marcado de campo que tes.... tan particular... te-lo patentado?

Non. E non pensei en patentalo. Cédolle a patente.

¿É legal?   

Ata de agora non hai nada en contra por parte da FEGAFUT. Levamos algunhas temporadas xogando con él e non houbo pegas.

mo foches a parar ahí?

Despois de facer  moitas probas intentando aforrar traballo e cartos ó club. Outras persoas aportaron tamén as suas  ideas.

¿Qué material usas? (Si podes contalo, faino)

Emprego saco de plástico (donados por Foresa) que se recorta en pezas de 36 cmts. de ancho en forma de U de 12 ctms. de lado que despois é entrerrado. Faise cunha plantilla.

Tenía un hombre una higuera plantada en su viña, y vino a buscar fruto en ella, y no lo halló. Y dijo al viñador: He aquí, hace tres años que vengo a buscar fruto en esta higuera, y no lo hallo; córtala; ¿para qué inutilizar también la tierra? Él entonces respondiendo, le dijo: Señor, déjala todavía este año, hasta que yo cave alrededor de ella, y la abone. Y si diere fruto, bien; y si no, la cortarás después.”
Lucas 13.6-9
. Recomendoche leer ben e tranquilamente esta Parábola do Noso Señor Jesucristo.

¿Non pensas que todo o traballo que levas o final pode que non teña nin a mais mínima recompensa nin o mais mínimo recoñecemento?
 

A miña recompensa está en ver aos rapaces e veteráns de Portas facendo deporte. Os martes e venres cando están a adestrar cincoenta xogadores no campo de A Rapeira, sentome na grada, fumo un pitillo e xa teño a miña gratificación. As veces baixo ao pavillón e miro as rapazas e outras veces visito a Bilioteca e miro aos vinte xogadores de xadrez.

O presidente contestou o que quixo na sua entrevista. Non contestou quén fichou a Carlés. ¿Podes facelo ti? (E unha obsesión que teño. Farei a penitencia oportuna)

Fichouno a Xunta Directiva a proposta miña. Era unha das  miñas funcións e cumprina. Non sempre se acerta e vostede ten que porse a sua penitencia, eu xa a teño. 

Fai uns dias publicouse na Web a memoria da tempada do Club. Me parece que é vostede quen a redactou. É unha memoria brillante, ca relación de acertos e fracasos, e cunha gran dose de autocrítica -que en min causa o efecto de valorar ainda mais, o traballo que fai a xunta directiva e o de vostede, en particular. 

Pero, ¿podería aclarar por qué o Presidente do Club fala dun superávit de + o - 5O euros na entrevista publicada na Web, e na Memoria xa se fala de 3OOO euros?

É certo que eu a redactei e polo tanto é susceptible de crítica. Por outra banda, penso que o Presidente fai alusión ao saldo do club ao remate da presente temporada e que ascendeu a  54,45  €.  En realidade o superavit do club foi neste temporada de  2.467,41 €, pero debido ao déficit de 2004-2005 que ascendía a 2.412,96, é polo que o saldo a 30-Xuño-2006 é de 54,45 €.

Tamén voulle citar textualmente un parrafo que escribe na Memoria:
"Posiblemente o único punto oscuro deste proxecto sexa a implicación de novas persoas na Xunta Directiva,
e sobre todo o fracaso mais grande a hora de implica-la xuventude de Portas en actividades deportivas e culturais"

En este párrafo que subrayo, teño que decir que estou totalmente de acordo con vostede. E creo que 3 ou 4 dos foreros que escribimos aquí.
Para min e unha proba do que digo o siguinte: hay varios foreros moi conocidos neste foro que nin foron capaces de formularlle unha triste pregunta o Presidente, nin van a formularlla a vostede... E non haberá cousas que preguntarlles...

Coincido plenamente con vostede

Non lle parece que todo este tinglado que teñen montado: Xuvenís, futbol sala feminino, xadrez, Web, Foro (que está basicamente feito para que a xente xoven se promocione, forme e entreteña) e como o "Gran Hermano" da televisión? Vostedes poñen a casa, os concursantes, as sorpresas, a dirección e a coordinación do programa, fan a busqueda dos anunciantes e da financiación, xestionan e pagan os permisos e seguros... teñen unha audiencia por arriba das expectativas... pero cando lle piden os telespectadores que envien un sms ou chamen por telefono pra votar un concursante... non o fai nadie... Pero a xente sigue diante da televisión e non cambia de canal... Non sei si me explico...

Explícase moi ben e de novo coincido con vostede.

Tamén esperaba que alguén lle preguntaran pola sua faceta de recopilador da historia do Portas. Non o fai nadie. Unha proba mais do que dixen anteriormente. ¿Eu quería saber dende cándo vostede empezou a recopilar a historia da Cultural Deportiva Portas?

Dende fai 7 anos aproximadamente.

¿E quería saber si ten calculados os meses, e digo ben, que ten dedicado a este capítulo do Portas?

Moitos. Pero o importante é que me gusta e vale para algo.

¿Tamén me gustaría que explicara si vai ser posible que se poida completar ainda mais o que xa hai dispoñible a través da paxina Web do Club?

Non  é fácil, pois faltan moi poucos datos por colgar xa e desexo rematar este ano. 

Cando se organiza a festa do club , ¿cómo se sinte tendo o seu lado a xogadores dos anos 61-62-63...?

É outras das gratificacións que se recibe polo traballo realizado, vendo como os xogadores disfrutan -despois de mais de 40 anos sin manter relación co club- dunha xornada de lembranzas.

¿Cáles son as reaccións de estos ex-xogadores, tan maiores xa, cando o club se acorda deles e lles fai un homenaxe?

Xeralmente, o principio de sorpresa xa que non esperan que un equipo tan humilde se acorde deles tantos anos despois , e logo de ledicia e agradecemento cara á  Xunta Directiva.

¿É gratificante pra vostede esta labor de recoñocemento histórico?

É outro dos momentos  nos que pensas que vale a pena pelexar pola continuidade do club e polos seus integrantes (do pasado, presente e futuro).

¿Qué che parece este formato novo da Copa Deputación?

Penso que unha gran aposta do Presidente da Deputación de Pontevedra , Sr. Louzán; que se necesita tempo para melloralo e perfeccionalo en canto ás datas, eliminatorias e sorteos; que é unha boa fórmula para incentivar a participación de grandes e pequenos e que para os equipos pequenos as gratificacións a percebir son siñificativas.  En resume, penso que é un bo xeito de pontencialo deporte, que temos que agradecer ao Sr. Louzán.

¿Tamén teño a curiosidade de saber que tal son as relacións coa FEGAFUT?

Son moi boas dentro do respecto e acatamento dos regulamentos vixentes da FEGAFUT e da R.F.E.F.

Poderías decir cánto foi a axuda do Concello de Portas para poder enviar a Bárbara e ao seu monitor de xadrez, Javier Fernandez, ao Campionato de España a Extremadura? Debe ser moi alta, porque a un campionato de España non acude moita gente de Portas, non?

Na solicitude que se facía ás empresas e institucións non se especificaba unha cantidade fixa ou mínima.  Os oito colaboradores que  aportaron diñeiro, estiveron entre os 50 € e os 200 €. A cantidade aportada polo Concello de Portas (previa  solicitude dun presuposto dos custos ) foi de 200 €.

¿Cáles son os novos proxectos da C.D. Portas para os próximos anos?

Ainda que xa foron establecidos pola Xunta Directiva na pasada temporada,  serán desenrolados e potenciados ao máximo. (Podédelos mirar na páxina web na memoria deste ano pasado)

 

NOTA de Pablo Vázquez: Agradezo a amabilidade e cortesía das preguntas e pido perdón polas longas respostas, pero é imposible ser mais breve si se queren deixar as posturas claras.

 ------------------------------------------------------------------------------------------------

En nombre de todolos usuarios do Foro e visitantes da Web, moitas gracias a Pablo Vázquez por repostar a todalas preguntas que se lle fixeron (sin ningún tipo de censura, como é a norma no Foro e na Web) e decir que non ten que xustificarse de dar respostas longas. O que queremos son entrevistas con respostas que non sean "si, non ou pode ser". Asi que, o dito, MOITAS GRACIAS.