ENTREVISTAMOS A
JAVIER FERNÁNDEZ COSTAS

 

NOME: Javier Fernández Costas
DATA DE NACEMENTO: 31/07/74
PROFESIÓN: Licenciado en QUÍMICA-FÍSICA.
 
Profesor de  Música no Colexio Domingo Fontán, Portas

AFICIÓNS: O Deporte en xeral, Música, Informática, Tecnoloxías audio-visuais


   
Preguntas formuladas polos usuarios do Foro da CD Portas
   
1- ¿De onde es natural?
 

   Vigo, PONTEVEDRA.

 

2- ¿Cántos anos tes?
 

32

 

3-  ¿Cántos irmáns tes?


2, un maior e outro menor.

 

4- ¿Cántos anos levas no Colexio de Portas?

Éste é o sexto.

 

5-  ¿Qué materia impartes?

MÚSICA

6- Teño entendido que resides habitualmente en Portas, para ser mais concreto que vives en San Xoán, a caron da Casa de Pomar. Si é certo , ¿quere esto dicir que a tua integración en Portas é total?
 
A miña capacidade de adaptación ós cambios de lugar, así como nas diferentes situacións que te plantexa a vida, foi de sempre bastante aceptable, pero nunca para imaxinar, nin de preto, que a miña integración nestas paraxes  sería tan elevada, tendo en conta que sempre estiven anclado á xente e costumes da cidade.
7- ¿Esto poderíanos levar a pensar que a xente de Portas é boa?


 
Atópome, en xeral, moi a gusto coa xente de Portas. Hei de recoñecer, non obstante, que a dinámica da cidade é moi distinta á do rural, e isto fai que a maneira de funcionar da xente sexa tamén diferente. A xente da cidade vai moito máis ó seu, quizáis polo ritmo tan axetreado no cal está inmersa, pero non ocorre así no medio rural, onde sempre hai tempo para parar coa xente e poder falar relaxadamente.

              Inda así, tiven moita sorte cando aterricei nesta terra, posto que a  xente acolleume de moi bo agrado.

 

 8- O mesmo que outra persoa que tamén está integrada en Portas e colabora coa C.D. Portas, ¿poderíamos dicir que esta vena de integración en Portas venche pola tua afición ao deporte?

 O deporte ten moito que ver nesto, xa que na maior parte do meu tempo libre estiven traballando e disfrutando do mesmo en compañía dos rapaces.

9- ¿Tes algunha titulación deportiva?

Sí, dúas: MONITOR AUTONÓMICO DE BASE DE XADREZ e INSTRUCTOR DE FÚTBOL BASE-NIVEL (1).

 

 10- ¿Cántos anos levas ligado á C.D. Portas?

Con éste 5 anos.

11- ¿Quén te introduxo, ou mellor dito, quen te liou para traballar no club?

Introduciume unha persoa que sabe moito desto, á cal debo moitas das miñas experiencias, boas, regulares e malas, pero experiencias ó fin e ó cabo, e que considero todas elas necesarias para poder ver as cousas tal e coma as vexo actualmente.

12- ¿Cál foi a primeira actividade coa que colaborache no club?

No fútbol, adestrando ó Equipo de Cadetes na tempada 2002-2003 en colaboración con outra gran persoa, José Manuel Castro Piñeiro.

13- ¿Xogaches algunha vez nun equipo federado de xadrez?

Non. Gañas non me faltan, pero necesitas de xente coa que formar equipo, así que …

14- ¿Cál é o teu palmarés como deportista federado?

A verdade é que non dispoño de tal. Votando a mirada ó lonxe, lembro que sí estiven federado nun Equipo de Baloncesto, creo que en categoría cadete. De sempre gustoume practicar infinidade de deportes, por mencionar algúns: fútbol, baloncesto, natación, frontón, tenis, taekwondo…, pero dun xeito totalmente libre, sen ataduras nin compromisos. Supoño que se agora tivese a oportunidade de volver a ser neno, coas andanzas que xa levo feitas, sí me federaría máis en serio e con maior continuidade naquel deporte que máis desexara.

 

15- ¿Dende cando che gusta o xadrez?

Dende sempre, só que practiqueino en diferentes momentos ou etapas da miña vida.

16- ¿Quén che ensinou a xogar ao xadrez?

Non o teño moi claro, pero creo que foi tarea compartida entre o meu pai e os meus irmáns.

17- ¿Por qué quixeches dar clases de xadrez?

Realmente non o sei. Lembro que a Pablo rondáballe pola cabeza a idea de facer algo con este deporte de carácter tan minoritario. Supoño que a min tamén tentábame a idea, así que comezamos esta aventura tres persoas: Davinia, Valentín e eu, pero iso sí, apoiadas dende o principo dos tempos polo Clube C.F.Portas e o Colexio CPI Domingo Fontán.

18- ¿Gustariache ser Gran Mestre de xadrez?

Por suposto que sí, pero isto supón moitísimo xadrez dende idades moi cedas, e por suposto, dispoñer dun talento especial: concentración e observación superlativas, gran capacidade de cálculo, memoria, …

19- ¿Cánto lle cobrabas a C.D. Portas cando adestrabas aos xuvenis?

Nada.

20- ¿Cánto lle cobras a C.D. Portas por adestrar aos rapaces de Xadrez?

Nada. Os alumnos/as da Escola pagan unha única cuota de inscripción anual de 30 euros enfocados a material didáctico, básicamente. A maiores, aqueles rapaces que se federen, aportarán un plus aproximado de 10 euros.

 

21- ¿É verdade que regalan o título de adestrador de futbol?

Unha pregunta algo curiosa… Como vexo que pareces amosar interese no asunto, aconséllote: en primer lugar, debes pasar as probas físicas e futbolísticas ás que te someten. Despóis, cursas 455 horas de clases teóricas e prácticas distribuidas ao longo do ano. Enfréntaste ós exames oportunos para saber se alcanzas os obxectivos marcados pola Federación, exames teóricos, teórico-prácticos e enteiramente prácticos nun campo de fútbol, que ó final é onde realmente vas levar a cabo o desenvolvemento como adestrador. As materias que debes superar son: Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte, Primeiros auxilios e hixiene no deporte, Bases psicolóxicas do ensino, Fundamentos sociolóxicos do deporte, Teoría e Práctica do adestramento deportivo, Organización e lexislación do deporte, Técnica individual e colectiva, Táctica e Estratexia, Sistemas de Xogo, Reglas de xogo, Preparación Física Específica, Dirección de Equipos, Metodoloxía aplicada, Desenrolo Profesional e Seguridade deportiva. Paralelamente deberás ir entregando e superando diferentes traballos naquelas materias que así o reclamen. E por último, facer prácticas de entrenador dentro dun equipo, ó final das cales deberás elaborar e presentar á Federación unha Memoria de Prácticas supervisada por un Titor dentro do Clube onde esteas a desenrolar estas funcións. Eles decidirán se as debes ampliar ou cambiar o enfoque levado a cabo na mesma.

     ¡¡Vamos, que regalado!!

 

22-  ¿É verdade que cando adestrabas ós xuvenis estes se che subian a chepa (caso Marcos)?

 Non considero que tal cousa ocorrera algunha vez. Dende fóra pode parecer ás veces que se respire demasiada relaxación  no meu trato cos rapaces, pero o RESPETO pódese gañar de moitas maneiras distintas, e non sei, igual estou equivocado…, pero creo coñecer cada unha das letras que integran dito vocablo.

 

23- ¿Pasábache como ao Alavés, está Chuchi Cos, pero detrás Piterman (Pablo Vázquez).  ¿Mandabas ti plenamente?

Sempre tiven absoluta liberdade para poder levar ó equipo segundo o meu criterio, non recibindo en ningún momento presión algunha por Pablo ou calqueira outras persoa relacionada directamente co Clube. Quizáis foi éste un dos segredos para traballar tan cómodamente como fixen para entón. O que sí facíamos era intercambiar opinións, futbolísticas ou extrafutbolísticas, relacionadas co equipo…..,  e xenial !! Neste sentido, aplaudo a gran tolerancia e confianza amosadas por Pablo de cara á miña persoa.

24- ¿Pensas que puideches conquerir mellor posición no teu último ano de xuvenis ou pensas que o equipo acabou onde se merecía?

Sí o penso. Puidemos pelexar pola promoción, pero a falta de compromiso dalgúns xogadores unido a aparición de indesexables lesións paralelas, fixeron que o equipo perdera ritmo nos derradeiros cartuchos da tempada. Aínda así, sentinme satisfeito cos resultados obtidos e a conseguinte posición alcanzada na táboa de clasificación.

 

25- Sei, por que o mirei, que Pablo Vázquez contruiu e colocou unhas mesas de  tenis de mesa e de xadrez no patio de ESO. ¿Pódese considerar este feito como o reinicio desta actividade no colexio? (Xa que nos anos  setenta outro mestre, Don Adolfo Abalo, xa introducira esta actividade no colexio de Portas)

Coincide coa época na que  Pablo “argaiaba” sobre este asunto en cuestión.

 

26- ¿Cántos anos leva funcionando esta escola da C. D. Portas?


Comezou esta actividade na Tempada 2003-2004, pero bastante avanzada ésta. Facendo contas, atopámonos no cuarto ano, aínda que a efectos prácticos e reais, poderíamos dicir que levamos funcionando 3 anos.

27- ¿Cántos nenos aprenderian xa a xogar ao xadrez coa  C.D. Portas?

Órredor duns 50, aproximadamente.

28- ¿Cántos nenos están na actualidade na escola da C.D. Portas?

Agora mesmo 24.

29- ¿Qué lle falta a escola?

Dispoñer dun local propio. Actualmente utilizamos as instalacións da Biblioteca e Aula de Música do Colexio Domingo Fontán, Portas

30- ¿Qué lle sobra?

¡¡Modestia!!

31- ¿Cómo está organizada a escola e o equipo de xadrez da C.D. Portas?

Somos dous monitores (Javier e Davinia) para formar o conxunto de rapaces e rapazas e saír con eles ós distintos campionatos. Inculcámoslles dita formación e federamos a todos aqueles que vaian atopándose en condicións aptas para “saída”. Os demáis formarán a CANTEIRA, e aínda que non xoguen en competición federada, sí poderán facelo nalgún dos múltiples campionatos que teñen lugar en Galicia de carácter privado.

  Na presente Tempada, 2006-2007, federamos a 2 equipos en Liga Galega 4ª División: PORTAS A (6), de carácter máis competitivo, e PORTAS B (7), de carácter máis formativo. Paralelamente, o noso xogador de máis nivel na Escola, Diego Cascallar Taboada, comparte formación coa Escola de Xadrez Fontecarmoa, de Vilagarcía de Arousa, fichando con eles para xogar simultáneamente en 3ª e 2ª División. O resto de rapaces forman canteira e traballan día a día para estar listos a dar o salto ó seguinte escalón. Os alumnos que se atopen en condición de federado, poden xogar en calqueira tipo de campionato ó marxe dos estrictamente federativos: Liga, Zonal, Galego, Español, Galaico-Portugués por equipos ,

 

32- ¿Cántas horas semanais lle adicades aos adestramentos de xadrez?

Traballamos por grupos e niveis ó longo da semán: LUNS (1’15 h), MARTES (1’15h) e XOVES (3’15h). Ningún rapaz / a repite sesión de traballo ó longo da semán.

33- ¿Esperabades conquerir tantos éxitos na C. D. Portas en tan pouco tempo?

A verdade é que non pensamos moito nelo. Imos traballando día a día agardando ver unha evolución no rapaz tanto no xogo como na súa actitude diante do taboleiro. Os éxitos claro que son un agasallo que te sabe a moito, pero é secundario.

 

34- ¿Qué significou para  a C.D. Portas  que Bábara Sierra conquerira o ano pasado o Campionato Galego Sub-10?

Algo GRANDE, MUUUU…GRANDE!! Non hai palabras !! Cada día que pasa daste máis conta do logro conquerido por esta pequena. Portas entrou na Historia, deportivamente falando, da man de Bárbara!!

 

35- ¿É viable un gran torneo de xadrez en Portas?

Viable, en canto a instalacións e material se refire, sí. O problema é que non dispoñemos en igual medida de suficientes recursos humáns (supervisión de partidas, árbitros, organización, seguimento e xestión informática do torneo, …) polo que o traballo necesario para levar adiante tal evento deportivo, supón para nós o dobre de traballo. ¡¡Pero estamos nelo!!

 

36- ¿Pensas que a colaboración do Concello coa C.D. Portas é a axeitada, si é que existe?

Ata agora non. Neste mesmo momento estamos en vías de solicitar unha axuda económica ao Concello para material, básicamente. Veremos qué pasa!!

 

37- ¿Qué opinas da actividade deportiva en xeral que se desenrola no Concello de Portas, xa sexa a nivel das entidades deportivas ou das institucións públicas?

Que queda moito por facer. Poderíase dicir claramente que a labor e implicacións realmente deportivas en Portas descansan baixo o lombo da C.D.Portas en tódalas súas modalidades: fútbol-11, fútbol sala feminino e xadrez, e porque todavía ninguén se plantexou o xogo da petaca, porque senón ahí estariamos!!

38- ¿Recibides moito apoio do Colexio nesta actividade?

Bastante. O Colexio dende os comezos da actividade ata hoxe en día aprobou e facilitou calqueira iniciativa levada a cabo ó respecto. Agradecemos ó seu voto de confianza!!

39- ¿Que che parece o papel que desempeñan os pais/nais na educación dos seus fillos?

Eu non son pai, así que de momento non poido saber se o faría mellor ou peor, pero dende a miña perspectiva ou modesta visión, considero que existe demasiada permisividade de cara a eles. Un neno/a debe ter moi claro cales son eses principios, valores e criterios de actuación que inflúen directamente sobre a súa educación, e en definitiva, sobre a súa formación de cara a un mañán onde os pais deberían facilitarlles un cómodo asentamento  dentro dunha sociedade da que eles formarán parte.

 

40- Ti fuches adestrador de futbol da C.D. Portas e aos partidos ían un ou dous pais. Algúns pais nunca viron un partido dos seus fillos. ¿Non cres que é lamentable?

Estou totalmente dacordo. Párteseche a alma cando presencias dita situación domingo tras domingo. Parece como se de repente un pai se esquecera por completo da súa propia infancia, do que supón para un neno que o seu pai ou nai estea ahí diante para APOIAR a boa labor que está desenrolando, SENTIRSE VALORADO!! Neste sentido, o egoísmo respirado nos campos de fútbol é insostible. O único que penso entón, é que o día de mañán, cando eu sexa pai,  nin por asomo manifestarei algún destes máis que lamentables comportamentos. E é curioso, porque teño vivido experiencias onde o mundo da a volta poñéndose do revés, sendo os propios fillos os que, cos seus feitos, están inculcando verdadeiras leccións de educación ós seus pais.

 

 

41- ¿Pasa o mesmo no  equipo de xadrez?

Inicialmente sí, pero como ditas pautas de actuación non son concordantes coa nosa filosofía de traballo de cara ós rapaces, tentamos pouco a pouco que a cousa vai cambiando. Xa o ano pasado, por exemplo,  decidimos establecer un calendario de liga de tal xeito que cada sábado, polo menos, tiña que haber un pai encargado de saír con eles a competir. Se a maiores decidían ir máis, mellor que mellor.

42- Polo que teño entendido, o único ou case o único que se salva é o pai dos Sierra Castro. ¿É certo?

Tampouco é así. Peró sí é certo que respiran moi de preto detrás dos seus fillos no xadrez. Son tres na Escola, polo que tamén supoño que a implicación deberá ser algo maior, ó marxe de que logo xurda o que xurdiu con esa maravillosa rapaza que é Bárbara, a cal amosou dende o principio de todo, cando todavía daba os seus primeiros pasos neste deporte, unha madurez envidiable incluso de cara a moitos adultos. Logo están aqueles pais/nais que repiten máis ca outros, e que ademáis disfrutan a partida tanto ou máis ca eles, no caso dos que coñecen as pautas de funcionamento neste xogo.

 

43-  ¿Parécelle gratificante traballar cos nenos?

É o máis grande de todo. De sempre foron o meu motor impulsor en todo o que fago. Aconsello a quen queira e poida que disfrute desta experiencia terrenal. Un simple recoñecemento ó que fas, unha leve sonrisa, un logro deportivo fruto do traballo continuado,…, e non sei, tantas e tantas cousas, pequenas pero grandes á vez,  fan que te esquezas do tempo empregado con eles e dos sacrificios levados a cabo en máis dunha ocasión.

 

44- ¿Non lle parecen uns seres raros que solo saben incordiar e que merecerían unhas  azoutas   ben dadas de vez en cando?

Para nada. Hai que entender as idades polas que pasan en cada momento, ademáis das situacións persoais de cada un deles. Se tes que berrar, bérraslles, se tes que corrixilos, fasno, e se tes que aplaudirlles, dobremente, pero todo elo con criterios fixos de actuación.

 

45-  Este modesto usuario do Foro, que está pasando por unha gran crisis de fe, quere que lle contestes con que  duas visións dos Textos Sagrados (unha vez mais, contradictorias, o meu pesar...)te sintes mais identificado:

Pero si sucede una desgracia, tendrás que dar vida por vida, ojo por ojo, diente por diente, mano por mano, pie por pie, quemadura por quemadura, herida por herida, contusión por contusión. [Éxodo 21, 23-25]
ou con esta:
Pues yo os digo: no resistáis al mal; antes bien,
al que te abofetee en la mejilla derecha ofrécele también la otra. [Mateo 5, 39]

      

Quédome con “Mateo 5, 39”. Un debe trazar o seu camiño, indepentemente das adversidades que atope ó tentar marcalo. O que está claro é que nunca chove a gusto de todos, pero ti sabes cándo é necesaria e cando non a auga.

 46- Contigo colabora unha ex-mestra do colexio que  din que é a tua noiva. ¿É certo?

É certo.

47- Si é certo ¿cómo é que non te atopas na lista de parellas da C.D.  Portas?

Non perdo o tempo nesas cousas!!

 48- Si non é certo, informote que eu estou libre, ¿teño algunhas posibilidades?

Síintoo moito, miña rapaza.