|
JOSÉ ARTURO, ADESTRADOR DO EQUIPO DE FÚTBOL DE 2ª AUTONÓMICA |
|
José Arturo Baños Figueiras Natural de Portas. Empresario. 36 anos. Reside en Vilagarcía. Adestrador do equipo de 2ª Autonómica e Vicepresidente da Cultural Deportiva Portas.
Responde as preguntas que lle formularon os usuarios do Foro da CD Portas. |
|
¿Cánto
levas no
Portas?
Dezanove temporadas: 1 de Xuvenis. 13 de Afeccionado. 3 de Adestrador de Afeccionados. 4 de xogador de veteráns, das cales en duas simultaneaba as funcións de adestrador de afeccionados e xogador de veteráns. Fainos un pequeño resume dende que entraches ata agora, dos postos en que estiveches no club e tamén de todo o palmarés que posues, tanto de xogador como de adestrador? Fun xogador , directivo e adestrador. Agás dun campionato de Copa, en todos os demais títulos da C.D. Portas participei como xogador ou adestrador. Por desgracia tamén participei nos descensos. ¿Tes algún tipo de titulación deportiva? Non Ti eres vicepresidente do club, ¿eres outro dos que pon cartos? Non ¿Qué che pareceu que o Concello de Portas non pedira o campo de herba? Non me pareceu normal. ¿Qué suporía para o equipo ter un campo de herba sintética? A mellora para a práctica deste deporte. ¿Pensas que o non telo supon non estar en igualdade de condicións cos outros equipos? Contra os que teñen este tipo de campo claro que non estamos en igualdade ¿Crees que sería decisivo para que eses dous ou tres xogadores, que marcan as diferencias nos equipos, quixesen quedarse ou vir aquí a xogar? Si
¿Recibe a C.D. Portas moita axuda do Concello? Non ¿Por qué pensas ti que o Concello non axuda ao deporte de Portas en xeral e en particular a C.D. Portas? Creo que é o propio Concello quen debe contestar. ¿Qué opinas da xestión deportiva municipal do noso alcalde e a súa corporación? Non é boa ¿Que che parecen as instalacións deportivas do Portas? Boas ¿Son suficientes ou non? Non ¿Están ben coidadas ou necesitarían unha remodelación? Están ben coidadas ¿Dende canto tempo che gusta o fútbol? Dende moi pequeno ¿Cál de todas las posicións nas que xogaches ches gusta mais? De medio centro
¿Cántos e cales foron os adestradores tivo na sua carreira como xogador? Juán Manuel, Pichu, Arturo Dopazo, Touza, Bujía e Pablo Vázquez. ¿Con qué adestrador se atopaba mais cómodo? Con todos disfrutei xogando ¿Cál foi o adestrador do que influiu no seu xogo? Pichu e Pablo foron os que mais redemento me sacaron. Dos xogadores cos que vostede xogou ¿cál foi o mellor para vostede? Juán Manuel Trigo Perez “CAMACHO” O ano pasado xogastes como o carallo, ascendestes de pura casualidade e por que Pablo janou os recursos. Estamos dacordo, ¿non? Sempre estivemos entre os primeiros clasificados ¿Os xogadores non entrenaban ou que pasaba? E que non corrían unha merda. Cunha plantilla tan curta os xogadores dirono todo. ¿Qué sentías cando xojandose o ascenso contra equipos de menos de medio pelo, vos acorralaban no área pequena e non había juevos a salir de alí? En moitos desos partidos xogaron ata SETE xuvenis. A verdade é que non foi fácil, pero ainda así, eles estiveron a un bon nivel. ¿É certo o que di algunha xente por ahí de que solo fas o que che manda Pablo? Non Si non é certo o anterior, ¿por qué pensas ti qué dí a xente iso de ti? Esa xente non vive o entorno do club, non sabe a responsabilidade que ten cada un en certos momentos, enton fala por falar. ¿Aljunhas vacas sagradas como Santos, Fraga ou Martinez fan de ti un pandeiro? En ningún momento ¿Cál é o obxectivo do equipo este ano? A permanencia na categoría. ¿Pensas en pasar moitos apuros nesta temporada coa plantilla que temos? Non
¿Cres que o Portas conta con unha plantilla suficiente para afrontar unha categoría como a 2ª Rexional? Ou cres que debería haber mais reforzos? Nalgúns postos habería que reforzala, polo demais é unha plantilla para manterse na 2ª Rexional. ¿Qué postos do equipo cres que habería que reforzar? Interior esquerdo e centrais é onde menos xogadores temos. ¿Quén fai a plantilla do equipo: A directiva, o adestrador, o coordenador xeral do Club Pablo Vázquez? O Coordenador Xeral e o Adestrador. ¿Quen foi o toleirán que planificou os partidos de pretemporada? Creo que non hai ningún toleirán neste club. ¿Cál foi o motivo de que fora tan intensa? É unha parte da temporada moi importante, para que o equipo teña un bo tono físico. ¿Non foron demaseados partidos para tan pouca plantilla de xogadores? Non ¿Por qué se buscou un preparador físico para esta temporada? A verdade é que xa o tiñamos no club. ¿Cres que traballando cun preparador físico o equipo chegará mellor que os últimos anos o tramo final da temporada? Eso é o que intentamos. ¿Vas a darlle oportunidades a xente xoven? ¿Pero oportunidades de que sexan xogadores importantes no equipo? Si ¿Vostede non cree que o desexo ese de que se di de xogar con xente da casa e darlle oportunidades a xente xoven solo e eso, un desexo? A xente xove é o futuro deste club Despois, a hora da verdad, traese xente de fora, que como se suele decir moito no Foro, non lle pega a un baúl. ¿Non somos un pouco aldeanos en Portas nesa materia? ¿En qué? ¿En traer xente de fora ou no tema do Foro? Por exemplo, ¿pra que se lle fai ficha a un xogador como Victor Estevez, fillo do presidente, si non vai nin a xogar nin a ir convocado case nunca? Non sería mellor, si interesa, cedelo, e si non interesa, decirllo claramente? A xente ten ilusións, van a entrenar, pero desanimanse si hay 4 dianteiros e son os sextos a hora de contar pra xogar. Victor é un rapaz da casa, seguro que co seu traballo tamén terá oportunidades na temporada, que é moi larga. ¿Impuxoche a Directiva a fichase de Fraga? Non Despois da volta de Fraga ao equipo pregunto. ¿Si non valía para xogar en 3ª Rexional vale para xogar en 2ª? Non xogar en 3ª Rexional foi unha decisión persoal de Fraga. Non foi por que non valera. ¿Xa calculastedes en cantos partidos ides a quedar con dez xogadores coa volta de Fraga ao equipo? Creo que é un xogador que non se caracteriza por deixar ao equipo con dez como ti dis. ¿Vas a seguir alternando na portería a Angel e a Lino? Nalgúns partidos, si. Non sería mais nomal que xogara un partido cada un e non medio tempo en cada partido, xa que os afeccionados parece que non se acostuman a este sistema. E parece que a defensa ás veces, tampouco Pode ser unha alternativa a ter enconta. ¿A non continuación de Fabián supón algunha variación no sistema táctico? Non
¿Tiñas pensado que fose un dos titulares indiscutibles? Sería un xogador que nos aportaría cousas interesantes na banda esquerda, pero imprescindible non é nadie. O equipo parece que vai coxear pola banda esquerda tra-la fuga de Fabián. ¿Non sería interesante poder recuperar a Miguelito para o equipo? Miguelito decidiu non xogar este ano, enton buscarei alguén que poida cubrir esa posición. O ano pasado Gabriel marcou 32 goles. ¿Non cres que xogando de interior esquerdo, como o puxeches en varios partidos, o equipo resentiase e perdía gol arriba? Non. De interior tamén nos ofrecerá grandes cousas, aparte dos goles ¿Cál é o teu once ideal deste ano? Todos los xogadores son importantes nunha temporada larga. ¿Para ti cál é o mellor xogador desta temporada? Cando remate a temporada poderei constestarche. ¿Ti non cres que sendo Portas un Concello de 3.500 habitantes é un pouco excesivo que teña dous equipos en Segunda Autonómica? Si ¿Cres que sería mellor ter un solo equipo que salería da fusión do Portas e o Romai? Si ¿Cal foi ou é xogador mais presumido de todos os que tivo as suas ordes na C. D. Portas? Ningún en concreto
------------------------------------------------------------------------------------------------ En nombre de todolos usuarios do Foro e visitantes da Web, moitas gracias a José Arturo Baños por repostar a todalas preguntas que se lle fixeron e desexarlle os mellores éxitos ca CD Portas. |