Moitas cousas positivas,así se pode resumir o partido ante o Bamio, no que o Portas se presentou a xogar con moitos dos inhabituales, ¿pensando quizáis na confección do equipo da vindeira tempada?.
O partido iniciou de forma marabillosa para os intereses granates, xa que no primeiro minuto de xogo, Héctor aproveita a primeira ocasión do partido para abrir o marcador. Nun campo pouco vistoso para o fútbol pero con moitas ganas dos pouco frecuentes nas aliñacións, o Portas seguiu dando a cara todo o partido. No minuto 15 e tras máis de seis rexeites dentro da área sen que os xogadores do Portas foran capaces de despexar o balón, o Bamio conseguía o empate definitivo, que posiblemente fora un pouco inxusto.
Cabe destacar dous paradóns de Cristofer impresionantes, un a boca jarro na primeira metade que non só parou senón que tamén atallou nun man a man co dianteiro do Bamio e outro no segundo tempo, nun balón que se colaba por toda a escadra. No segundo tempo medrábanlle os enanos ós visitantes e cañian lesionados Dani, Eloy e Dario que terían que ser substituídos por Iván, Maikel e Adrián pero aínda así o Portas sobrepúxose e gozou das mellores o casións para levarse o encontro.
Algunha acción polémica puido tamén perxudicar os intereses granates nun fóra de xogo sinalado polo colexiado no que o dianteiro visitante, que se plantaba só ante o porteiro arrancara de campo propio e un penalti sobre Luís que tras recibir unha patadatería que ir a revisar a lesión ó Dominguez cas marcas dos tacos e un esguince que o terá 15 días de baixa polo menos.
En definitiva, bo resultado dos de Fernando e Manuel que a pesares das baixas de Marcos (lesionado) Toño e Casal (3ª Autonómica) e Vázquez, Diego e Manuel pelexándose cos libros. Ó que podemos engadir as lesións de Eloy, Dario e Dany no transcurso do partido; deron a cara a un dos equipos chamados a estar entre os tres primeiros.
Nada se pode facer cando todolos factores xogan en contra. Na tarde do sábado os elementos ¿ou o elemento? aliaronse na contra do Portas.
Os de Fernando e Manuel conscientes da importancia do partido saíron enchufados e no minuto 10 Toño conseguía encarrilalo. Isto foi o único que saíu ben, a continuación recital de silbato, interrupcións continuadas do xogo e desquicio colectivo (de verdes e granates). O Noalla creaba especial perigo a balón parado aproveitando a envergadura dos seus xogadores e o Portas tamén tería algunha para ampliar o resultado, pero ó descanso seguía mandando o gol de Toño.
No segundo tempo, sumábase á lista o vento en contra, que no campo de Noalla é especialmente condicionante. Ademáis diso o recital de silbato, sinalaba penalti "riguroso" en pro do Noalla e expulsión de Cristofer máis rigurosa se cabe. Vento en contra, un menos, táboas no marcador... pero como veñen demostrando ó longo das xornadas, a ilusión dos granates levounos a estar onde están e venderán cara cada derrtota. Así seguiron pelexando e dispoñendo de boas ocasións, unha moi clara que Santos dentro da área non consegue finalizar tras unha bonita xogada do recén incorporado Diego. A falta de dous minutos cun Portas volcado ó ataque, o Noalla armaba unha contra letal que suporía o definitivo 2-1. Non había tempo para reaccionar, pero aínda así, e nunha falta rápida sacada por Toño, Marcos plantábase só ante o porteiro e dun tremendo zapatazo facía vibrar o longueiro . Ante todo este cúmulo de infortunios só queda pensar no próximo partido e afrontalo ca mesma ilusión ca este para poñerlles as cousas difíciles ó segundo clasificado Vilanova.
Mal partido do Portas no derbi local ante Barro, donde o mellor foi o resultado, e os dous golazos dos locais. Tras unha primeira parte especialmente apática e con cantidade de indecisións por parte de ambos equipos chegábase ó descanso. Moi poucas ocasións neste primeiro tempo por parte de ambos conxuntos e moito fútbol en zona de mediocampo.
O segundo tempo empezaba de xeito similar, ca diferencia de que se producirian goles. Marcaba primeiro o Portas. No el minuto 11, Marcos disparaba cruzado, axustando ó pau dereito do porteiro visitante. A pesares gol, a dinámica do partido non cambiaba en exceso. O fútbol de pelotazo do Barro tampouco propiciaba que o Portas puidese tocar o balón como lle gusta e viase obrigado a entrar tamén neste tipo de fútbol, no que os granates sempre levan a de perder. Nunha nova indecisión da zaga local, moi mermada pola convocatoria de Casal co equipo de afeccionados, o Barro atópase co gol tras un saque de esquina. Despois de varios despexes e rebotes, o balón cólase na portería defendida por Cristofer. Restaban 10 minutos para o remate do encontro e o Portas, lonxe de replegarse para lograr un punto, botou o resto para conseguir a victoria. Con máis corazón que cabeza os granates volcáronse ó ataque e terían ocasións de marcar, pero nin Toño nin Iván conseguirian marcar sendas oportunidades. Tería que ser o recén entrado Manuel, nun gol que de ser en primeira división se repetiria durante toda a semana ata a saciedade, o que sentenciase para os locais. Tremenda bolea a enganchada polo cadete que tras unha perfecta parábola limpa de telas de araña a escadra esquerda da portería visitante.
Moito máis deberá demostrar o Portas nos tres vindeiros encontros ante rivais da entidade do Vilanova ou o Noalla, para facer firme a súa candidatura a ocupar un segundo posto que se está a vender moi caro.
Partido moi serio do pupilos de Manuel e Fernando que colleitaron un punto no Manuel Jiménez ante o líder destacado da categoría ó que incluso o tivo contra as cordas en numerosas fases do encontro propiciando o nerviosismo local. Sen apenas tempo para coller o pulso ó encontro, o Portas daba o primeiro zarpazo e adiantábase no marcador por medio de Toño que recibe dentro da área e de lanzamiento cruzado adianta ós granates. Sería a única ocasión dun Portas que a pesares de non crear perigo mantivo a raia ós branquiamarelos que salvo un disparo á madeira, unicamente se achegaron con lanzamentos lonxanos e pouco perigosos para Cristofer.
No segundo tempo e ante a imposibilidade de marcar, o Vilagarcía comezou a inquietarse, protestando cada decisión arbitral e trabando o partido en demasía. A sorte estivo ó seu carón, e no minuto 18 atopábanse cun gol que fixo que o Portas deixase de especular co resultado e adiantase as liñas en busca dos tres puntos. Sen demasiado perigo, tería dúas o Portas ata o final do encontro que pudieron desfacer as táboas do marcador, pero finalmente reparto de puntos que satisface a ambos. O Vilagarcía suma un punto máis e non ve perigar o seu liderato que de seguro o levará a xogar a vindeira tempada en primeira. E o Portas toma forzas tras empatar nun dos campos máis difíciles da categoría e trala marcha de Cristian, demostrando que o equipo e un bloque e que individualmente non hai ninguén imprescindible.
Os próximos catro partidos serán claves para coñecer realmente as aspiracións deste equipo. Derbi ante o Barro en A Rapeira, Noalla, Vilanova y Bamio (Tres aspirantes ó ascenso).
Os goles eran a asignatura pendente de Cristian esta tempada nos xuvenís da C.D Portas con un so tanto anotado nesta categoría, non quería o dianterio despedirse dos seus compañeiros con tan pouca renda e na mañá de hoxe, ademáis de liderar a un Portas que na segunda parte vapuleou ó Amanecer, conseguíu un hack trick para o recordo.
Mal primeiro tempo dos locais que non conseguían a posesión do balón coa que tanto perigo crean nas porterias rivais. Un medio campo de circunstancias pola cesión de Santos ó equipo de afeccionados, obrigaba ós adestradores a reordenar a liña defensiva pasando ó todopoderoso central Casal á zona de creación, na que tamén se desenvolvería con soltura. Aínda sen xogar ben, o Portas tería a oportunidade de adiantarse por medio dun penalti que Cristian non conseguía transformar. Pouco despois, córner para o Amanecer que a defensa local non atina a despexar e 0-1. O Portas recuperábase pronto do mazazo e Gil poñía as táboas no marcador 5 minutos máis tarde.A loucura pola que estaba a transcorrer o xogo tamén se facía patente no resultado, pois xa sobre o tempo, o Amanecer nunha xogada similar á do primerio tanto volvía adiantarse para que Cristian no desconto empatase de novo o partido. Esta axitación necesitaba un descanso e así o sinalou o colexiado.
No segundo tempo o Portas foi outro .Nada máis comenzar, Casal amarraría unha bolea na frontal e o máis puro estilo Zidane conseguiría poñer terra de por medio. Tras fallar o penalti que houbera aberto o marcador para os locais, Cristian quería despedirse de A Rapeira cunha victoria e traballou para conseguila. Especialmente participativo, rompía a defensa visitante unha e outra vez asistindo ou definindo, pero sen demasiada sorte de cara o gol. Por fin no minuto 24 e tras unha excepcional xogada bate de novo ó porteiro visitante para sentenciar. Axudado do porteiro rival, regalaría un novo gol dous minutos máis tarde noutra bonita xogada, quizáis o último coa casaca granate.
Co partido maís que sentenciado e sen que o Amanecer chegase nin unha soa vez á portería defendida por Cristofer, comezou o recital de cambios do amplo plantel co que contan os xuvenís, incluído porteiro. Ovación de gala da afección para Cristian, que mañá mesmo se pon ás ordes do adestrador da S.C Arosa de categoría Nacional para empezar unha nova andaina na que lle desexamos moita sorte. Detalle dos seus compañeiros que lle regalaron o balón do encontro firmado por eles como recordo das dúas temporadas que militou na C.D Portas. Sorte Cristian e noraboa os xuvenís, que sen facer ruido estan na zona alta da táboa en disposición de pelexar por obxectivos máis ambiciosos.
Un dos mellores partidos da tempada o realizado no día de hoxe polo equipo xuvenil da C.D Portas no que os granates dominaron de principio a fin. A pesares da superioridade e de dispor de numerosas ocasións, ó descanso o resultado era de 0-0 posto que o tiro de Dani se atopaba co pau e un forte disparo de Santos batía na cruceta.
Nada máis reiniciarse o encontro o Portas abría a lata tras unha internada de Dani pola banda que finalizaba maxistralmente cruzando a pelota ó segundo pau. No minuto 20 sería Santos o que agora sí, conseguía traspasar a liña de gol cun lanzamento dende fóra da área tras un pase atrás de Dani e ca colaboración do defensor local que desviaba a traxectoria do balón. Os adestradores daban entrada a Iván e o xogador compensáballo anotando o terceiro tras unha das moitas entradas por banda esquerda que fixo. Plantábase diante do porteiro e finalizaba á perfección.
Bo partido do Portas que a pesares das baixas de Cristian, convocado de novo co equipo de afeccionados, Dario por sanción e Marcos dou á cara a un Deiro moi rácano e que abusaba unha e outra vez de pelotazos en longo na busca dalgún pescador que estivese ca caña preparada.
Unha moi boa primeir parte foi suficinete para apuntillar a un Moraña que non inquietou ós granates ata ben mediado o segundo tempo. O Portas ca totalidade dos seus efectivos dominou o encontro no primeiro tempo, no que conseguiu unha renda de tres a goles a cero e facendo un bo fútbol.
Ós dez minutos o Portas xa gañaba por un gol a cero e a ambición dos locais facía presaxiar unha contundente victoria. Cristian moi activo no primeiro tempo, pero desafortunado cara o gol ropmpía a defensa azul unha e outra vez. No segundo gol desborda por banda rompendo ata a tres xogadores contrarios, pisa liña de fondo e pon un balón cara atrás que Gil só ten que empurrar o fondo da rede. Cristofer apenas tiña traballlo e as escasas e inicentes chegadas do Moraña eran solventadas con calidade polo gardamallas granate. Un centro do campo moi ben compensado por Santos na labor "bregadora" e Toño para crear surtían de balóns os dianteiros. Cristian marraba un mana a man moi claro cando a grada xa presaxiaba o gol. Ó mérito do terceiro tamén corresponde en gran parte a Cristian quen non é quen de culminar pero cede para que na frontal e tras revolverse con calidade ?????? axuste ó pau donde o porteiro non pode chegar. Tres a cero ó descanso e ocasións para que a renda fose máis abultada.
No segundo tempo e ante a comodidade do marcador os adestradores do conxunto local dabn entrada os xogadores que menos minutos están a disputar. O partido igualouse quizáis pola descompensación do mediocampo e o Moraña empezou a inquietar a portería do recén incorporado Abel que solventou practicamente todalas ocasións de perigo dos de Moraña. O Portas xa non tiña tanta chegada e o partido volveuse trabado alentado por un colexiado que nun recital de silbato sinalaba calquera contacto físico. Aínda así o Portas tería dúas ocasións similares ou máis claras que a do segundo gol, no que dous balóns cedidos dende a liña de fondo a área pequena e unha vez superado o porteiro, primeiro Adrián e despois Manuel enviaban fora incomprensiblemente. A presión do Moraña aumentaba e conseguía o gol da honra nun disparo soberbio dende a frontal.
A 20 minutos do final o Portas volvía quedar con 10 pola nova autoexpulsión de Dario (creo que xa son catro no que vai de liga) unha nova expulsión por protestar que non aporta nada ó equipo e que o deixa de novo cun home menos co que contar para o próximo encontro. Comentar sobre este tema e incidir no mencionado en crónicas anteriores.
Quizáis pola comodidade do marcador e pola actitude dos xogadores de ámbolos dous conxuntos o partido non tivo maior complicación, pero a actitude mostrada polo colexiado non é a propia dunha persoa que está a facer o que lle gusta senón de alguén que só ven a por un soldo. Debería saber este home que o círculo central non delimita a zona de actividade dun colexiado que debe correr por todo o campo para estar o máis cerca posible das zonas nas que pode haber complicacións. Do mesmo xeito debe saber que no fútbol non todolos contactos se teñen que sancionar con faltas e que existe algo chamado lei da vantaxe. Finalmente quíxose dar un protagonismo ca expulsión de Dario que non tiña porque ámbolos dous equipos lle impediron ter. Para mostra un botón
Onte martes desputáse o encontro correspondente á xornada 1 de liga que enfrontaba ó Unión Dena C.F contra a C.D Portas. Non sei si por tratarse dun día festivo, ámbolos dous conxuntos sairon totalmente desconcentrados. O primeiro en pagalo era o Portas
que vía como ós tres minutos, nunha xogada enbarullada na que Cristofer despexa, o balón tropeza en Dario e o rexeite introdúcese da meta do porteiro granate. Gol en propia porta mais ben infantil. O Portas espabilaba (ou o Dena seguía durmido) e dous minutos máis tarde Toño igualaba o encontro co primeiro dos tres goles que conseguiría o de Lantaño. Tralo segundo gol de Toño, parecía que o Portas comezaba a controlar o xogo pero sería novamente o Dena o que se atopara co gol, tras unha indecisión da defensa visitante na que Dario non acerta a despexar e o dianteiro local moi hábil, lle rouba a carteira para poñer de novo as táboas no marcador. Antes do descanso o propio Dario puido haber desempatado o encontro cun disparo lonxano de falta que bate na cruceta do meta local.
A charla do descanso surtíu efecto no conxunto granate e no segundo tempo un portas moito máis enchufado asediou a portería local, pero o balón negábase a entrar. Cristian que voltaba ó equipo xuvenil tralas sucesivas convocatorias cos afeccionados desperdiciaba ata catro ocasións moi claras das que non adoita marrar. No minuto 30 o colexiado expulsa a un xogador do Dena, un colexiado que cargou de cartóns a ámbolos conxuntos nun partido sen apenas entradas feas. Trala expulsión, o Dena encerrábase aínda máis tratando de aguantar os ataques granates. O infortunio da dianteira do Portas rompíase nunha xogada na que un moi batallador Eloy arranca por banda e tras varios regates e rexeites chega ata a liña de fondo donde cede atrás perfecto para que novamente Toño e por terceira vez rompa o partido a favor dos visitantes.
Outros tres puntos para Portas que para o Domingo recibe o Moraña en A Rapeira
Demasiada castigo ó visto sobre o céspede de A Bouza, donde un Portas que se está a ver moi penalizado polo axustado do plantel de afeccionados acudía con baixas importantes sobretodo en zona de creación e na punta de ataque (Cristian e Marcos convocados cos afeccionados e Toño e Vázquez lesionados), circunstancias que marcarían o suceder do encontro á hora de chegar con perigo á meta rival
O Umia atopábase moi pronto cun gol a balón parado ante o que Cristofer pouco podía facer polo axustado á escadra dereita moi preto do pau. Ós vintecinco minutos, de novo (e por terceira xornada consecutiva) un dudoso penalti cometido por Dario ó derrubar ó dianteiro dentro da área era aproveitado polos de Barrantes para poñer terra de por medio no marcador. Esta vez o meta visitante non era quen de deter a pena máxima coma nas dúas anteriores ocasións.
No segundo tempo o Portas tería un par de ocasiones claras que poderían haber recurtado distancias e haber metido ós de Manuel e Fernando no partido. Un lanzamento de Santos que desviaba o porteiro en semifallo e outra que Dani non consegue rematar en boca de gol, A cinco minutos do final chegaba o terceiro do Umia para sentenciar definitivamente. Xogada elaborada na que o dianteiro do Umia se planta diante de Cristofer para resolver sen problemas.
A próxima cita, o Martes ás once da mañá en Dena donde de disputará o partido correspondente á primeira xornada de liga na que o Portas tivo que facer un viaxe en balde a Dena ó non presentarse o árbitro que debía dirixir ese encontro.
Resultado que reflexa o visto no campo o domingo pola mañá, un partido moi igualado e traballado que finalmente se decantou a favor dos granates por unha mínima vantaxe.
No primeiro tempo as ocasións máis claras foron para os visitantes que puideron chegar por diante ó descanso, pois ademáis do gol que conseguían, Cristobal tería que sacar baixo paus un mal rexeite de Cristofer cando os afeccionados xa cantaban o gol. O mesmo Cristobal cometería un penalti tras unha man dentro da área que de novo, e por segunda xornada consecutiva detería o gardameta local Cristofer. O Bamio non aproeveitou, e o Portas da man de toño e Santos, conseguían dar a volta ó marcador para chegar ó tempo de descanso.
Xa no segundo tempo, Cristian conseguía ampliar a renda dos locais para dar certa tranquilidade no marcador, renda que perigou nos últimos minutos despois do gol conseguido polos visitantes ó rematar de cabeza unha falta.
Finalmente tres puntos que sirven para seguir sumando e escalando ademáis de confirmar a melloría do equipo granate tras un inicio de liga algo irregular.
Partido moi disputado en Monte da Vila entre un claro candidato ó ascenso e un equipo en progresión que pode dar algunha sorpresa coma xa fixo en xornadas anteriores ante os equipos fortes da clasificación. Ca baixa de Marcos pola convocatoria co equipo de afeccionados chegaban os granates para enfrontarse ó U.S.D Grove. De inicio, moito respeto por parte de ambos equipos que propiciaron poucas ocasións de gol ó desenrolarse a maior parte do xogo en zona de creación. Puido cambiar o partido ó fío do descanso, cando Cristofer comete penalti ó derrubar a un contrario. Sería o mesmo Cristofer o que detería o lanzamento da pena máxima rematando a primeira metade cas táboas iniciais.
No segundo tempo animábanse un pouco máis ambolos dous combinados, para o Portas podería haber marcado Toño de non ser polo longueiro que se encargaba de desviar, tamén probaba fortuna Dario cun disparo lonxano que saía lixeiramente alto causando un efecto óptico que mesmo confundía ó colexiado que sinalaba gol, rectifincando rápidamente a súa decisión ó ver o esférico fóra da rede.
A partires do minuto 60, a C.D Portas tivo que remar contracorriente tras quedar con 10 xogadores pola enésima expulsión de Dario que volve ver o cartón vermello directo nunha xogada que non aporta nada ó equipo (derruba ó xogador local en campo contrario) máis todo o contrario, pois volve a ser egoísta cos seus compañeiros obrigando ó equipo a facer un sobreesforzo para, polo menos manter o resultado. Deberá correxir esta actitude o central granate deixando as valentonerías para outras situacións e poñendo todo o empeño en xogar o fútbol remando todos na mesma dirección, que é como se gañan os partidos.
Normalmente o fútbol non adoita ser xusto, pero sí o sería co Portas o sábado premiando o esforzo de todo o equipo para manter o empate con 10 sobre o campo, seguindo así o equipo unha liña ascendente en canto a xogo e resultados.
Non era empresa difícil mellorar o rexistro do último enfrontamento destes dous equipos que se saldaba cunha ampla victoria para os branquiazuis (14-0) Pero algo cambiou no último ano cando o líder da categoría de xuvenís, imbatido ata o momento, remata pedindo a hora ante un equipo que lle plantou cara e que tivo as ocasións máis claras para levar o partido.
Os visitantes saltaron con timidez ó céspede do Terrón, amosando demasiado respeto ante o Vilanova, quizais pensando aínda naquela goleada. Os encargados de movelo equipo no centro do campo, Toño e Gil desaparecidos... demasiado precipitados á hora de soltar un balón que parecía que a todo o mundo lles queimaba nos pés. O Vilanova, moi limpo no seu xogo, daba facilidades para que os granates puideran baixar o esférico e xogar como están a demostrar nos últimos partidos, pero ninguén se atrevía a baixar o balón, abusando de deplazamentos en longo imposibles ante os dous eficaces centrais branquiazuis. O Vilanova tamén entrou ó xogo dos misiles antiaéreos e houbo momentos de verdadeiro antifútbol de ámbolos dous equipos que competían por envíar o balón o máis alto posible.
No segundo tempo un Portas moito máis tranquilo tomoulle o pulso ó partido e puxo en verdadeiros apuros ó meta local. Toño comezou a baixar o balón, Gil desbordaba con facilidade cedendo para Cristian que non atinou a transformar ningún dos dous man a man os que dispuxo. O balón saía xogado dende a liña defensiva donde un inmenso Casal evitaba a toda costa saír ó patadón. Para o Portas, volvería a tela Marcos que se moveu moi ben entre liñas plantándose só ante o porteiro que detiña o súbito disparo. O Vilanova so inquietou a Cristofer de forte disparo dende a frontal que obrigou ó meta a empregarse a fondo para desviar. Cando todo o mundo esperaba o gol dos granates, a inxustiza do fútbol. Balón colgado polo Vilanova dende a dereita, franco para Cristian que dubida na saída e se esconde baixo o longueiro mentres o balón vai recorrendo a área pequena de dereita a esquerda. Ata dous dianteiros erran no remate para que sexa finalmente un defensa do Portas o que toca o balón que entra morrendo na portería visitante. Demasiado castigo para un Portas que estaba a facer méritos suficientes para levarse os tres puntos. De aquí ó final aínda terían os de Manuel ocasión de conseguilo empate, pero non estaría a sorte de cara no día de onte para un Portas que obrigou ós técnicos locais a rematar pedindo a hora.
Segue a liña ascendente deste grupo, que traballando durante o que resta de tempada como ata o momento dará máis dunha sorpresa. Destacar a limpeza no xogo dos branquiazuis que daban facilidades para poder xogar con fluidez e sen trabar o partido con excesivas faltas. Como bloque, sen dúbida o mellor equipo do visto ata o de agora
Nota: O encontro Bamio - Umia C.F previsto para esta fin de semana foi aprazado a petición do equipo visitante por posible brote de Gripe A en 17 dos seus integrantes. Dende a C..D Portas desexamos a pronta recuperación dos xogadores do Umia C.F .
Moi bo parttido dos xuvenís na mañá de onte, que empezaron a demostrar que este si é o equipo que todos esperambamos ver nesta tempada.
Adiantábanse os locais por medio de Gil que conseguía o seu primeiro gol na liga, cun Portas xogando ben o fútbol a pesar do difícil do terreo de xogo. Neste primeiro tempo o encontro estaría moi disputado, pero a expulsión de Dario tras unha man dentro da área parecía desequilibrar a balanza en favor dos de a Lanzada. Transformaba o Noalla para poñer o empate que desfacía minutos máis tarde tras marcar unha falta moi lonxana, nunha intervención desafortunada de Piñeiro en portería que se ve perxudicado pola velocidade do bote co campo mollado.
No segundo tempo, unicamente habería un equipo sobre o municipal de A Rapeira e sería o que vestía a casaca granate, o Portas dominaba o encontro e creaba ocasións con perigo, tamén o Noalla tiña as súas opcións pero serían os locais os que golpeaban primeiro. Toño o encargariase de poñer as táboas no marcador. Manuel realizaba os cambios e entraba Cristobal por Manuel, además un Cristian moi activo arriba que voltaba ós xuvenís despois de cinco xornadas xogando no equipo de terceira autonómica facía presaxiar que este resultado non sería definitivo e así foi. Penalti a favor do Portas que transformaba o pichichi do equipo Santos, que suma xa 5 goles, para que os tres puntos se quedasen por vez primeira estea tempada na Rapeira.
Moi boas sensacións as que deixou o equipo, que no segundo tempo dominou o encontro, ademáis de remontar un partido con dez xogadores. Un equipo que en espera do que dictamine a federación tralo recurso presentado a pasada semana contra o Barro e cun partido aínda sen xogar pode dar un salto cuantitativo na clasificación colocándose nos postos de mediatabla onde se esperaba que puidese estar este ano.
Mal partido dos xuvenís que como se o tepo se detivese volveron cometer os mesmos erros que atempada pasada lles impediron optar a outra zona da clasificación.
De novo volveron sobrar os segundos 45 minutos nun partido no que os locais se puxeron por diante no marcador con un soberbio gol de Santos de falta dende fóra da área. Pouco duraba a alegría no bando local posto que o Vilagarcía lograba rápidamente a igualada e posteriormente a vantaxe no marcador por dous goles a un.
No segundo tempo, o Portas rendiu a un nivel moi lonxe do que viña facendo nos últimos partidos e moito máis do que se espera para estes rapaces nesta tempada. Como resultado, o aumento na renda goleadora dos de Vilagarcía que conseguían 4 goles a balón parado establecendo o resultado final de 1-6.
Partido para olvidar ante un equipo, que a pesares das facilidades concedidas polos de Manuel e Fernando sempre estivo moi ben colocado no terreo de xogo e está chamado a ocupar as posicións altas da táboa.
Aproveitando que estou quente de escribir o anterior artigo podo continuar con este.
¿Pero isto que é? Se en calquera empresa ocorre o que ocorre na federación de fútbol, os responsables non duran nin ata o día seguinte no seu cargo.
Levan 50 anos organizando isto das compecticións e estafando ós equipos e seguen a facelo igual de mal que o primeiro (cando era comprensible)
Do tema dos calendarios xa non vou a falar, porque sendo pares nos grupos, por non reformular o calendario descansen dous equipos por xornada xa ten tela. Pero agora resulta que o equipo de xuvenís tras viaxar ata Dena un DOMINGO ás 9`00h DA MAÑÁ atópase con que non hai árbitro e non pode disputar o encontro.
¿Que pasa cando un equipo non se presenta a un partido? ¿Póñenllo para outro día sen que pase nada?...Nooooooonn dáselle por perdido por tres a cero e sanciónase ó equipo.
¿Qué pasa cando un árbitro non se presenta a un partido?, NADA, absolutamente nada, xa se xogará un festivo, senón se xoga, se non é trascendente tampouco pasa nada.
¿Quen corre cos gastos dun dobre desprazamento visitante? ¿Os gastos dun dobre uso das instalacións deportivas locais? Se o próximo será pagarlle tamén unha dobre arbitraxe. Habería que ter árbitros de reserva, ou alguén se imaxina que un día chegase o Barça ó Bernabeu e non se xogase o partido porque o árbitro non veu.
POR FAVOR!!!!!!!