28/03/2009 Xadrez    Autobuses Pereira 3 - 5 C.D Portas
Noraboa Campións!!!!!


Rematou onte a Liga Galega en 4ª División- Grupo B, na súa décima xornada contra os vilagarcianos CXF Autobuses Pereira. A pesares de perder 3 partidas, Xadrez Portas non deixaría que ningún equipo en toda a tempada conseguira derrotalo. Defenderon as nosas cores Héctor no taboleiro 1 de xogo, Sandro no 2, Brais Torres no 3 e Daniel González no 4. O único xogador invicto neste día foi Sandro, xa que os xogadores Héctor e un despistado Brais no día de onte perdían por un erro de gran consideración na súa mesa, mentres que o pequeno Dani perdía na segunda ronda pola máis que xustificada falta de experiencia. Inda así, gañaba na ronda 1 de xogo na súa primeira saída como visitante, e xogando con bastante bo criterio a pesares do pouco tempo que leva neste xogo. Cinco a tres, por tanto, que suman a excelente cifra de 73 puntos na tempada, con 73 partidas gañadas, 0 empatadas e 7 perdidas en toda a tempada. Campións indiscutibles nesta liga!!

 

21/03/2009 Xadrez    Porto Vilagarcía 2 - 6 C.D Portas
Non hai relaxación pese a ser campións


Rematada unha nova xornada de liga, e Portas segue sen coñecer a derrota. Enfrentabámonos á CXF Porto de Vilagarcía, sacando un resultado local de 6 a 2. Xogaron pola nosa parte Miguel e Brais García no taboleiro 1, Inti no 2, Brais Torres no 3 e Christian no 4. Os dous puntos perdidos atopámolos neste último, onde novamente un Christian totalmente fora de xogo brindáballe con suma facilidade as partidas á súa contrincante. Non sabemos por qué, pero non está a demostrar para nada o seu xogo; tra-los enormes e incesantes erros da primeira partida, falamos co xogador para tranquilizalo se ése era o problema, dándolle unha nova oportunidade no segundo enfrentamento, pero os acontecementos pintaron máis do mesmo. O resto de compañeiros non tiveron ningún problema para derrocar ós seus adversarios, puidendo non obstante mellorar algúns aspectos do seu xogo. O equipo suma así 68 lonxanos puntos en solitario.

 

17/03/2009 Xadrez C.D Portas 7 - 1 Escola Karpov
CAMPIÓNS DE LIGA!!!!!!


Primeiro título da tempada para a C.D Portas, esta vez na liga escolar da categoría de Xadrez e á falta de dúas xornadas para rematar a competición.

Vencía con clara superioridade á Escola Karpov de Pontevedra por 7 a 1. Rotarían Sandro e Miguel no taboleiro 1 de xogo, Juan e Inti no 2 e Christian e Dani no 4, deixando a mesa 2 para Brais Torres, quen está a facelo xenial nesta competición. Clara superioridade  de xogo frente ós xogadores karpovianos, quenes tan só conseguían arrebatarlle 1 punto a PORTAS na mesa 2 de xogo defendida neste momento por un despistado Inti, anunciándolle mate nos comezos de xogo no séptimo movemento. Un excepcional Brais sumaba os dous puntos para o noso Clube sen ningún tipo de dificultade. Christian, pola súa parte, gañaba a súa partida e levantaba así o seu ánimo tralo pinchazo na xornada anterior en Vilagarcía. Pero a gran novidade do día estivo no debut de DANIEL GONZÁLEZ, xogando a súa primeira partida coa camiseta do PORTAS. Estrenaba neuronas na súa primeira partida en competición, tendo que atender ó xogo, reloxo, deportividade amosada nos inicio, desenrolo e final da partida, ... en fin, todos eses aspectos tan necesarios que deben estar presentes nunha partida de xadrez. Sairía victorioso neste enfrentamento fronte a unha rival inferior en xogo. Esperemos que ésta sexa a primeira de moitas partidas  brindadas ó noso Clube, nun xogador de 7 anos recién cumpridos e de enorme proxección que nin sequera suma 1 ano na Escola de Xadrez. XADREZ PORTAS avantaxa en 25.5 puntos ó segunda da táboa, FONTECARMOA CAIXAGALICIA, pero a pesares de xa ser campiós de liga, pelexaremos igualmente os 16 puntos que restan na mesma".

FELICIDADES PARA TODOS ELES !!

En breve realizaremos unha reportaxe para dar a coñecer a todos estes campións que realizan a súa aportación ó palmarés da C.D Portas

 

03/03/2009 Xadrez Caixagalicia 1 - 7  C.D Portas
Primeira derrota dun dos debutantes.   


Novo encontro de Liga, nova victoria. Esta vez XADREZ PORTAS viaxaba ata Vilagarcía para enfrentarse ó equipo de Fontecarmoa CAIXAGALICIA. Os pequenos, Brais Torres e Christian Duarte, defenderían a metade dos puntos nos taboleiros 3 e 4 de xogo. Un Christian desconcentrado faría que o equipo vilagarciano arrancara a primeira derrota na presente tempada para os de Portas; a pesares de gañar a  segunda, o noso xogador amosou, debido á súa falta de experiencia, unha falta de globalidade no xogo, centrándose por momentos en ideas parciais sobre algún punto no taboleiro, pero descoidando outros puntos non menos importantes. O seu compañeiro Brais, amosaría unha vez máis as súas excepcionais dotes, rematando as súas partidas con total superioridade de cara ó seu rival. Sandro e Héctor defenderían o primeiro taboleiro sen ningún tipo de problema, o mesmo que Brais García no segundo. O resultado final sería, por tanto, de 1 a 7".

 

28/02/2009 Xadrez     C.D Portas 8 - 0 Breogán B
Volta á liga volta á victoria


Oito novos puntos os conseguidos na primeira das xornadas da segunda volta. O equipo de BREOGÁN viaxaba ata Portas coa imcomparecencia dun xogador, polo que defenderon as nosas cores 6 xogadores alternando partida entre os 3 taboleiros de xogo: Héctor, Sandro, Miguel, Dani, Inti e Brais Torres. Superioridade novamente evidente, inda que a partida de Dani na mesa 2 de xogo puido rematar negativamente para o noso Clube, posto que o seu rival tivo nas súas mans a posibilidade de gañarlle a dama mediante unha previa combinación con "jaque" iniciada con salto de cabalo. XADREZ PORTAS segue, polo tanto, sen coñecer a derrota, puntuando como líder en solitario con 48 puntos das 48 partidas xogadas ata o momento

 

16/02/2009 Xadrez    C.D Portas 8-0 Autobuses Pereira Xadrez     
Rematamos a primeira volta tal como comezamos, aplastando os rivais

Chegábamos á 5ª xornada de liga, última da primeira volta. Visitáronnos os xogadores de Vilagarcía de Arousa CXF Autobuses Pereira, e para a ocasión estreabamos equipación

… e 8 foron os xogadores de Portas convocados. Debutaban como xogadores máis xoves Christian Duarte e Brais Torres


A superioridade dos de Portas era máis que evidente e cada un dos 8 xogadores do noso equipo, remataba cos respectivos adversarios en tan só media hora de xogo.

Deste xeito o equipo remata a primeira volta con tódolos puntos xogados gañados, 40 en total, existindo unha gran diferenza de nivel co resto dos equipos na categoría. Mantense, pois, como líder en solitario.

Pero hai máis cousas…  o ambente respirado é magnífico !!

Cada un dos xogadores sempre pendente do que fai o compañeiro…


E por si fora pouco, destacamos a un novo valor con proxección moi alta neste deporte, BRAIS TORRES que non conforme con liderar a remontada do equipo de Alevíns pola mañá, debutaba con vistoria na liga de Xadrez pola tarde. Un dia moi completo que esperamos que repita habitualmente.

Esperamos non equivocarnos e que a súa proxección siga en ascenso como ata agora.

Un saudo e…

   …MOITO ÁNIMO COA SEGUNDA VOLTA, RAPACES!!

 

31/02/2009 Xadrez   E.X Karpov 0 - 8 C.D Portas     
Xadrez apisonadora Portas

"XADREZ PORTAS  tuvo como contrincante á Escuela KARPOV de Pontevedra. Defenderon as cores do noso clube: Héctor, Sandro, Miguel e Juan, ordenados desta maneira por nivel de forza nos diferentes taboleiros. A novidade esta vez era o debut de Miguel por primeira vez na liga. O resultado final foi de 0-8. As mesas de xogo Nº 2, 3 y 4 non presentaron problema algún, finalizando las partidas en pouco tempo. Non foi así o acontecido na mesa 1, na que se necesitaron ó redor de 70 minutos para que o enfrontamento entre Héctor e o seu rival rematase. A partida estivo enormemente disputada ó principio; o medio xogo foi para o de Pontevedra, quen inclinou a balanza moi ó seu favor. Moi típico de Héctor, saber remontar unha partida perdida, e cando o seu contrincante o amenzaba mate nunha, Héctor muy brillantemente colocou a súa dama nunha casiña vital, tan vital que ademais de escapar da terrible ameaza, permitiulle matar ó rei contrario en dúas xogadas. Esta resolución da partida descolocou ó xogador karpoviano, de tal xeito que o segundo enfrontamento foi en todo momento capitaneado por Héctor.

Tres xornadas de xogo as que xa se disputaron, 24 partidas en total, 24 victorias, 0 derrotas e ningunhas táboas para os de Portas. Números probablemente  nada fácil de manter no futuro...

 

24/01/2009 Xadrez   C.D Portas 8-0 Fontecarmoa Caixa Galicia      
Dúas xornadas, dúas implacables victorias

Segunda xornada de Liga, e 8 novos puntos para a C.D.PORTAS XADREZ. Representaron ó noso equipo Héctor, Sandro, Juan, Brais García e como novidade Inti, quen compartiu a mesa 4 de xogo co seu compañeiro Brais. O rival caído neste caso foi Fontecarmoa CaixaGalicia. Enorme superioridade de xogo por parte dos nosos. Será necesario coidar o perigoso exceso de confianza que poida xurdir nos rapaces pola excesiva diferencia de nivel atopada ata o momento na Liga. De feito, Héctor puido levar un pequeno susto na segunda das partidas, sorte daquel que o seu rival non estivo nada fino. Dezaseis partidas, dezaseis victorias!! A seguir traballando."

 

18/01/2008 Xadrez    Breogán "B" 0-8 C.D Portas     
Formidable Estreo na liga


A C.D Portas Xadrez volvía pousalas súas neuronas nos taboleiros, en mans de Héctor (mesa 1 de xogo), Sandro (mesa2), Juan (mesa 3) e Brais (mesa 4).

Estrenábanse este ano en liga-4ª División ante o Club Xadrez Breogán B (O Grove). Había nervios nos taboleiros fundamentalmente na Ronda 1, na que os nosos representantes Juan e Brais debutaban en O Grove narrando simultáneamente, segundo o sistema alxebraico de escritura xadrecístico, a batalla entre soldados brancos e negros que tiña lugar dentro do taboleiro

A pesares de certas irregularidades nas súas partidas, a superioridade de xogo por parte dos de Portas era máis que evidente, quizais a mesa nº 1 de xogo foi a máis disputada, mestura de xéneros entre Héctor e a súa rival feminina, quen pelexou moi dignamente as súas partidas ata que o verdugo do "Xaque Mate" chegaba os seus oídos

A C.D Portas Xadrez saca así os seus primeiros 8 puntos directos sen coñecela derrota nin as táboas. Bo comezo e.........adiante!!!!!

...