20/02/2010
Xadrez
C.P A Lama "A" 2.5 - 1.5 C.D Portas
Motín ante o líder.

Experiencia inolvidable no Centro Penitenciario da Lama.O sábado, día 20 de Febreiro, o noso equipo visitaba ó lider Centro Penitenciario A Lama “A”. Mantiña ata o momento dous puntos de diferencia de cara a nós, iso sí, cunha xornada de menos pola súa parte, xa que aínda teñen que descansar.

A expectación creada arredor deste enfrontamento era enorme; pola banda deles, os seus xogadores agardaban esta loita con moitas ganas, xa que se vían ante os taboleiros os dous primeiros da liga, rivais directos de cara ó ascenso á 2ª División. Gañaban ata entón a totalidade dos seus encontros, lembrando a victoria por 3 a 1 ante un duro rival como era CXF “Sold out”.

Pola nosa parte, entraban en xogo outros aspectos á marxe das dificultades propiamente deportivas; a incertidume para os nosos cativos tiña o seu peso. Sabiamos que os nosos rivais eran internos do centro, e aínda que se lles explicou ós rapaces con anterioridade que as cousas non son como pintan dende fóra,  influídos case sempre polos medios televisivos e do cine, era imposible pretender que os seus nervios non estivesen presentes.

Remataba a primeira das partidas na mesa nº4, defendida por ALESSANDRO. Foi dono absoluto en todo momento da partida, conseguindo en breve levarlle a dama ó rival tras unha bonita descuberta con xaque ó rei. A partires de entón, só restaba aminorar o material do taboleiro para conseguir o xaque mate. Portas adiantaba así, ós ollos do seu adestrador, o marcador con 0 a 1.

As tres primeiras mesas eran dun nivel moi superior á mesa 4 defendida na Lama por un rival italiano.

Tódolos rivais cifraban unha idade entre 40 e 50 anos, aproximadamente.

Pasaba tempo, e xurdían complicacións de posición para SANDRO  na mesa nº3. O seu rival non permitiu en ningún momento darlle máis comodidade de desenrolo ás pezas cabalgadas polo xogador de Portas.

Mentres tanto, HÉCTOR, na mesa nº2 de xogo, deixaba avanzar a partida con tranquilidade, sabendo cambiar no momento oportuno as pezas no medio xogo. O seu rival íase incomodando pouco a pouco, sabedor quen de que a partida comezaba a inclinarse do lado do pequeno. Unha vez se adentraron na fase do final, o de Portas, facendo uso da súa experiencia neste xogo, definiou con total superioridade a partida, facendo que o seu rival inclinara o seu rei sobre o taboleiro, recoñecendo a derrota e dándolle a naroboa a Héctor polo seu xogo despregado. O encontro, pois, marcaba 0 a 2 para os de Portas.

Volvendo á partida de Sandro, o interno da Lama sacáballe vantaxe de material e de ataque máis que evidente, dándolle a victoria ó xogador local.1 a 2 no marcador!!

E que ocorría no primeiro taboleiro?

Os de A Lama, espectantes ca partida de BÁRBARA, sabían que o resultado da mesma definiría o desenlace global do encontro. O xogador da Lama mandaba claramente no seu equipo, amosando unha tranquilidade aparente e unha análise máis que respirable en cada un dos movementos da partida.

Foi unha partida lenta e desputada, de gran colocación por ambos bandos. A iniciativa das brancas por xogar primeiro facía que Bárbara estivese á defensiva en case todo momento. Tivo unha oportunidade de cambiar este carácter nunha xogada mediada a partida entregando calidade por un cambio de torre por alfil, gañando a continuación dous peóns máís ataque continuado. Bárbara quixo ser prudente e non arriscou. Tras forzar un cambio de damas obrigado ó seu rival, a nosa xogadora conseguía respirar finalmente trala agobiante presión do da Lama pola disposición de ataque das súas torres dobradas na única columna aberta da partida.

Pasadas xa dúas horas de xogo, encamináronse ámbolos dous a un igualado final, rematando a partida en táboas tras dúas horas e 45 minutos.

Xesto final do seu rival de cara á nosa xogadora cun apretón de mans. PORTAS conseguía derrotar a un duro rival por 1.5 a 2.5 puntos.

XADREZ PORTAS sitúase pois a 1 punto da Lama, cunha xornada de menos, o que quere dicir que se os nosos puntuan favorablemente na xornada de descando deles, conseguiría colocarse de primeiro con tódolos encontros gañados ata o momento, dando un paso de xigante ó posible ascenso por primeira vez na historia de Portas á Liga Galega en 2ª División. Restan 3 encontros, todos eles contra equipos do Clube de Xadrez Fontecarmoa, así que haberá que estar atentos!!

Os internos da Lama, así coma o seu delegado e o seu adestrador, felicitaban ós de Portas polo éxito acadado, recoñecendo a enorme calidade de xogo nunha excelente canteira de xogadores como son os nosos.

Favorable pois esta experiencia, que estamos seguros nunca esquecerán os xogadores de XADREZ PORTAS de cara ó futuro.

NORABOA A TODOS ELES!!

10/02/2010
Xadrez
E.M A Estrada 1 - 3 C.D Portas Xadrez
Nova Xornada, nova victoria.

"C.D.PORTAS XADREZ suma unha nova victoria de equipo ante a ESCOLA MUNICIPAL DA ESTRADA (3 a 1). O equipo visitante non presentaría a un dos seus xogadores no 4º taboleiro de xogo. As nosas cores eran defendidas por Bárbara, Juan e Brais, quen debutaba onte sábado en Liga Galega en 3ª División; un mal cálculo na xogada 19 dáballe calidade de vantaxe ao seu rival, que sumado a un erro importante na derradeira fase do xogo concedíalle a partida á Estrada. Polo demáis, Brais levaba a partida moi favorablemente, posto que levaba peza de vantaxe tras unha correcta apertura. Bárbara remataba co xogador da mesa 1 en tan só 15 movementos, dándolle por tanto á partida a consideración xadrecística de "miniatura". Juan conseguía recuperar unha partida que levaba perdida por tamén un mal cálculo nos cambios propios do medio xogo. Unha xogada táctica de picardía cambiaría o carácter da mesma, facéndose ó final coa victoria. O equipo mantense na zona alta da táboa por debaixo do líder, o Centro Penitenciario da Lama, con quen nos enfrentamos na próxima xornada dentro de dúas semanas, dado o parón de xogo debido á celebración dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 do 13 ó 16 de Febreiro."

23/01/2010
Xadrez
Academia Copérnico 0 - 4 C.D Portas Xadrez
Terceira victoria consecutiva.

Terceira victoria consecutiva dende os comezos da Liga Galega en 3ª División, esta vez por un contundente 0-4 fronte a un equipo dos de maior dificultade no grupo ata o momento, "Academia Copérnico", pertencente á prestixiosa Escola de Xadrez KARPOV, de Pontevedra. A súa posición na táboa clasificatoria non é representativa, posto que na primeira xornada de liga non presentou a dous dos seus xogadores, e na dúas descansou. Xogaron pola nosa parte HÉCTOR na mesa 1, SANDRO na 2, ALESSANDRO na 3 e PABLO na 4. As victorias foron chegando cada 30 minutos, xa que Alessandro remataba en tan só media hora de xogo, e o seu compañeiro Pablo en 1 hora, ámbolos dous cunha enorme superioridade no xogo plantexado. Os que máiss tiñan que "cocer" as súas partidas serían Sandro e Héctor, rematando en hora e media e dúas horas, respectivamente. Os seus rivais abandonaban a partida cun noble xesto de man entregado ós nosos xogadores, recoñecéndolles así o seu mellor xogo. Tarde triunfal, polo tanto, onte sábado en Pontevedra, e onde quedou de manifesto unha vez máis, que a idade no xadrez non é nada determinante. Os nosos souberon estar en todo momento, amosando unha calidade de xogo moito máis que respetable."

09/01/2010
Xadrez
EXP "C" Pontevedra 1 - 3C.D Portas Xadrez
Victoria na primeira xornada.

O equipo de xadrez debutou este sábado en 3ª División. Desprazouse ata Pontevedra para xogar contra EXP "C", equipo pertencente ó Clube Xadrez Pontevedra. Xadrez Portas venceu por 1 a 3, con Bárbara no taboleiro 1 de xogo, Héctor no 2, Alessandro no 3 e Pablo no 4. A superioridade de xogo foi evidente nos 3 primeiros, non así no último defendido por Pablo Gonzálvez. Tras unha correcta apertura, o noso xogador non foi quen de aproveitar a vantaxe inicial da súa posición, gañando terreo ó seu contrincante a medida que avanzaba a partida. De estar algo máis fino, pois Pablo non amosou para nada o seu nivel de xogo, a partida inclinaríase para Portas, posto que o seu rival, de bastante máis idade ca el, non tiña experiencia de xogo nos finais de partida."