VII TORNEO SANTA RITA – VILAGARCÍA DE
AROUSA
Novo Torneo, Novo Éxito

O pasado Sábado 16 de Maio tivo lugar a VII Edición do torneo de semirrápidas Santa Rita, 2º torneo puntuable para a II Edición do Circuito Galego Escolar 2009. A nosa Escola enviaba a 12 xogadores, presentando esta vez como novidade o debut nun torneo destas características para DANIEL GONZÁLEZ MAGARIÑOS, de tan só 7 anos. Participaría como xogador de primeiro ano na Categoría de Promesas SUB-8. Non lle foi nada mal, obtendo a excelente puntuación, para seren os seus inicios, de 3.5 puntos dun total de 6 (3 victorias e unhas táboas).
Novamente mención aparte para BRAIS TORRES, quen non nos deixa de asombrar alá onde vai. Chegaba á derradeira rolda de xogo con 4 puntos de 5. Esta mesma puntuación era a sumada por 4 xogadores máis. Pois ben, no sistema de cruces ou emparellamentos tócalle a máis difícil das mesas, a Nº1 frente o grandísimo campión de 2º ano Sub-10 Alberto Portela, da Escola Xadrez de Pontevedra. Este xogador chegaba a dito enfrontamento ca totalidade das partidas gañadas (5). Concienciamos ó noso xogador para que lle plantase fronte, facéndolle esquecer aquela derradeira partida do Campionato Galego na que o xogador pontevedrés barrera literalmente a Brais do taboleiro de xogo. Comeza a partida e…moi boa defensa de apertura, consolidando as súas pezas dacordo ca Defensa Francesa na súa Variante de Avance. Entramos no medio xogo, e gran equilibrio por ambas partes; Alberto propón un intercamio de damas, facéndoas desaparecer do taboleiro, confiando na súa superioridade técnica nos finais. Alberto parecía non entender o que estaba ocorrendo, posto que esperaba atoparse cunha partida ben doada, non sendo así. O noso xogador mantiña elevada concentración coma un gran veterano, pero…… un pequeno despiste para tentar lanzar un ataque contra o adversario, faría que Brais perdera unha peza, e acto seguido outra máis pola gran destreza de xogo amosada polo xogador pontevedrés. A partires de ahí, a partida xa estaba rota. É decir, derrota pero gran victoria á vez !!!.
O resto de xogadores enviados conseguían alcanzar case todos eles o “ecuador” dos puntos xogados, superándoos bastantes deles. Estes foron os resultados:
| CATEGORÍA |
XOGADOR |
PUNTOS |
POSICIÓN TORNEO |
| PREBENXAMÍN |
DANIEL GLEZ |
3.5 |
16 de 53 |
| BENXAMÍN |
BRAIS TORRES INTI EDISON CHRISTIAN |
4 4 3.5 |
7 de 41 9 12 |
| ALEVIN |
HÉCTOR SANDRO JUAN R. DANIEL NIETO |
4 4 3 2 |
8 de 46 10 19 26 |
| INFANTIL |
BÁRBARA PABLO |
4 3.5 |
7 de 37 (1ªFem) 11 |
| CADETE |
CAROLINA
ALESSANDRO |
3
3 |
13 de 24 14 de 24 |
Bo balance, por tanto, para os representantes da nosa Escola !!


Preparémonos agora para a saída que terá lugar o vindeiro fin de semana en Mondariz, o ansiado Peón de Oro Individual. Xa vos contaremos !!