13/05/2009 Xadrez Campionato Provincial Competición en Idade Escolar
De novo a C.D Portas no máis alto


Tarde de grandes logros a vivida o pasado mércores 13 de Maio pola Escola de Xadrez C.D.Portas en Vilagarcía de Arousa. Transcorría o Campionato Provincial en Idade Escolar, sendo 13 os xogadores enviados a tal evento. O torneo disputaríase a Sistema Suízo para as categorías benxamín e alevín, e por equipos en infantil e cadete. Brais Torres, Christian e Inti xogarían en Benxamín; Sandro, Miguel, Juan, Brais García, Daniel Nieto e Héctor en alevín; e Bárbara, Pablo, Alessandro e Carolina formando equipo en cadete (sinalar que tanto Bárbara como Pablo foron ascendidos a esta última categoría, posto que en realidade son infantís de primeiro ano). A C.D Portas conquería o posto de Subcampión Provincial nas 3 categorías as que se presentou: benxamín (dun total de 8 equipos da provincia), alevín (6 equipos) e cadete (2 equipos). Pero o máis salientable da tarde foi o sucedido nos peques, xa que a nosa escola conseguía a primeira posición do Campionato Benxamín en mans de Brais Torres, gañando a totalidade das partidas; ademáis, por se fora pouco, a terceira posición do podium caería tamén do lado de Portas, conseguíndoa Inti; o terceiro representante benxamín, Christian Duarte, pechaba o éxito clasificatorio coa 9º posición. Démonos conta que participaron nesta categoría unha notable cifra de 56 participantes da provincia.
Ahí queda iso, Portas pode presumir novamente dun gran logro: contamos co Campión da Provincia en Competición Deportiva en Idade Escolar nas nosas filas, un exitazo máis que merecido nun xogador que xa vimos anunciando ó longo da tempada da súa excepcional proxección: BRAIS TORRES ALFONSÍN !!
Noraboa a todos eles !!