XXI ABERTO ESCOLAR PEÓN DE ORO
Hai Canteira!!

A pasada fin de semana 23 a 24 de Maio tivo lugar o tan ansiado Aberto Internacional Peón de Oro Individual, na súa XXI Edición. XADREZ PORTAS enviaba un total de 8 xogadores, cubrindo dende a categoría prebenxamín ata cadete. O feito máis marcado foi a deslumbrante actuación do noso pequeno Daniel González Magariños, do cal falaremos máis adiante, pero destacaremos o bo balance xeral conseguido por parte do noso equipo. Todos eles, agás Miguel, chegaban á metade dos puntos totais, se ben 6 deles superaban a fronteira dos 5.

Estes foron os resultados:

CATEGORÍA XOGADOR PUNTOS POSICIÓN
TORNEO
PREBENXAMÍN DANIEL GLEZ 6.5 11 de 50
BENXAMÍN BRAIS TORRES
CHRISTIAN
5.5
5.5
24 de 78
28
ALEVIN HÉCTOR
SANDRO
MIGUEL
5.5
6
4.5
32 de 87
26
53
INFANTIL BÁRBARA
5.5
22 de 53 (2ªFem)
CADETE ALESSANDRO 5 22 de 44

Coñecemos da dificultade desta competición, onde non sabemos ben qué pesa máis, se a resistencia física, a intelectual ou a psicolóxica. Quizáis, no caso de Brais Torres, o esgotamento na tarde do domingo foi o que frenou a excepcional traxectoria de xogo e actitude levada ata o momento polo noso xogador. Practicaba un xogo bastante máis elevado do que lle correspondería en proporción polo pouco tempo levado na Escola de Xadrez; era como se xa dispuxera dunha ampla experiencia en torneos deste nivel; sóamente era parado polos cabezas de serie, desputando case todo o Campionato nas 10 primeiras mesas. Un erro de apertura na primeira das partidas da tarde, confundindo desgraciadamente a columna do peón de rei, máis dos claros erros por despiste na segunda, farían que Brais baixara claramente na táboa clasificatoria. Agora ben, os 5.5 puntos do torneo non amosan nin de lonxe o elevado nivel de xogo que amosou durante o fin de semana.

Christian pola súa parte, levantaría no domingo os nada favorables inicios de campionato durante as rondas do sábado.Os alevíns, a pesares da súa boa puntuación conseguida, non estiveron plenamente concentrados, tirando da súa experiencia para mellorar os resultados clasificatorios. Se afinasen algo máis, alcanzarían postos bastante respetables. Sandro superou ós seus compañeiros de club con 6 puntazos. Bárbara mantívose, se ben puido mellorar tamén a súa puntuación se amosara mayor determinación nos momentos claves de xogo. Un exemplo atopámolo na partida xogada con Andrés Varela, veterano de 2º ano infantil do Clube Fontecarmoa; cando chegaba a un final con vantaxe, puidendo gañar por primeira vez a este xogador na súa carreira xadrecística, un erro infantil de táctica cazaba á nosa xogadora, dándolle a partida ó seu rival. Inda así, quedaba clasificada como 2ª xogadora feminina, por enriba da actual Campiona Galega María Alonso (posición 25 con 5 puntos).

Alessandro sorprendía amplamente cos seus 5 puntos alcanzados como xogador de 1º ano na dificilísima categoría cadete. Todo un éxito!!

E chegamos agora á guinda do pastel …

Era o seu segundo torneo ó que se presentaba , falto de experiencia en tódolos sentidos. O Campionato, con orredor de 350 xogadores compartindo techo baixo unha mesma carpa, podía desestabilizar ó pequeno Dani. Comezan as partidas, e perde rapidísimamente, facéndonos pensar que ó mellor non ía ser tan boa idea traer a Dani a este grandísimo torneo, quizáis era demasiado cedo para elo, pero… Van pasando as partidas, son analizadas polo adestrador, comentamos os erros e corrixímolos, aplaudimos tamén aquelo ben feito…, empurramos pouco a pouco ó xogador para darlle ánimos e superación… Pouco a pouco vaise atopando cada vez máis cómodo, facéndose coa situación… E ahí o está, alcadando ó final a posición Nº11 do torneo, posición soamente acadada ata a data pola nosa xogadora Bárbara hai dous anos no Peón de Oro. Obtén a brillante cifra de 6.5 puntos, empatado coas posicións Nº10, 9 e 8. En fin, un verdadeiro triunfo nun pequeno de tan só 1 ano de Escola e que partiu de cero!!