24/02/2009 Xadrez - Xornada 4/4
Non puido ser....


Desafortunado desenlace o que tivo lugar no día de hoxe no Campionato Galego de Xadrez. A nosa xogadora non foi capaz de puntuar en ningunha das dúas partidas xogadas. Cando abría en brancas pola mañán contra Álex Arias, representante do Club Círculo de las Artes, chegaba a un final de partida favorable a Bárbara, pero un erro cometido no avance indebido dun peón, propiciaría un final que deixaría a victoria da man do contrincante. Nese momento María Alonso gañaba o seu encontro, igualando a puntuación da nosa representante, con 3.5 puntos sumados. Laura Formoso, con 4 puntos, perdía, polo que se xogaban o Título as tres na derradeira ronda de xogo.
 
En calqueira caso, era Laura quen dependía de sí mesma; gañando a partida gañaba o torneo, pero antes tería que desfacerse do gran xogador Jorge Iglesias, do Club Lucena de Vigo. En caso de empate a puntos entre Bárbara, María e Laura, o sistema de desempate (progresivo) favorecía a Bárbara, polo que gañando a súa partida e perdendo ou empatando  Laura, o título feminino revalidaríase para Portas.
 
Comeza a derradeira partida con clara superioridade de nivel  de cara ó seu contrincante, Manuel Carballo (Escola Karpov), vello coñecido de Bárbara que nunca conseguira superala... Remata a partida de Laura, con clara derrota...Bastaba entón con cumplir co pronóstico esperado... Pero os caprichos do destino farían que a única derrota contra Manuel fora hoxe, neste importante momento; Bárbara caía na máis vella das trampas, a descuberta con jaque levando dama.Inda así, loitaría a partida ata o final, disminuindo a vantaxe conseguida a partires do erro inicial.
 
María Alonso conseguiría gañar a súa partida, sendo necesarios 3 anos para arrebatarlle o título de Campioa Galega a Bárbara, o mesmo que fixera para entón a nosa xogadora.
 
A pesares do inesperado desenlace, todos os puntos acadados no campionato foron contra xogadores con clasificación ELO.
 
FELICIDADES, ... e o próximo ano volveremos a estar ahí para recuperar o Título !!
 
Grazas por estar connosco ata o final.

 

23/02/2009 Xadrez - Xornada 3/4
Terceira Xornada e mantemos todalas opcións.


Tres puntos e medio os conseguidos ata agora por Bárbara dun total de 6 posibles. Unha pena a partida disputada pola tarde, posto que un erro importante de apertura, tendo sempre en conta o elevado nivel dos rivais,facilitoulle enormemente o desenlace da partida a Manuel Lorenzo. Pola contra, o éxito acadado no encontro da mañán foi máis que eloxiable, posto que foi capaz de derrocar ó xogador de 2º ano Javier Rodríguez, rival de enorme complicación. Cando a partida pintaba cara a unhas táboas, Bárbara sacou unha xogada de astucia coa que obtiña vantaxe material de torre, abandonando poucas xogadas despóis Javier Rodriguez ante o excelente dominio despregado sobre o taboleiro por parte da nosa representante.
 
Nestes momentos, todo queda por decidirse na derradeira xornada de campionato, se ben Laura Formoso depende de sí mesma para conseguir o desexado título de Campioa Galega, sumando 4 puntos ata agora. Tampouco podemos esquecernos da excelente xogadora da Karpov María Alonso, quen a pesares dos seus 2 puntos e medio, mantén todavía as súas posibilildades.
 
            .............INCERTIDUME....................., QUÉ PASARÁ ??.........................??

 

22/02/2009 Xadrez - Xornada 2/4
Segunda Xornada e medio punto.


Segundo día de competición, esta vez con maiores  complicaciónspara a nosa xogadora, quen tan só puido puntuar medio punto dos dous encontros xogados no día de hoxe, derrota pola mañá e táboas pola tarde. O tempo empregado nas partidas foi de dúas horas e 1 e 45 minutos, respectivamente. Na primeira delas, tras unha boa resposta contra o "Gambito Vienés" plantexado polo contrincante, unha inoportuna saída de dama propiciou un posterior ataque que lle levaría a Bárbara a perder calidade na partida, cun centro de peóns resultante no adversario superior ó das pezas negras dirixidas por Bárbara. A partida da tarde conduciría ós dous xogadores a unha posición pechada de gran equilibrio, polo que acordarían táboas. A nosa xogadora suma 2 puntos e medio dun total de 4 posibles, resultado bastante bo polo momento tendo en conta o enorme nivel da categoría. Por citar un exemplo, xogadores da calidade como Iago Barral,  Rodrigo González, María Alonso, Fco Javier Toba, ..., etc, manteñen a mesma puntuación que Bárbara. Moito queda inda por pelexar...e moitas cousas que pasar!!

 

21/02/2009 Xadrez - Xornada 1/4
Arranca o campionato Galego Sub 14.


Onte (Sábado 21 de Febreiro) arrancaba o Campionato Galego de Xadrez sub-14 en Mondariz que se prolongará ata o vindeiro martes 24 e do que informaremos sobre as evolucións da nosa campionísima "Bárbara Sierra" que tratará de revalidar o seu título de campiona, este ano por primeira vez na categoría infantil.

As cousas non puideron empezar mellor as dúas partidas disputadas onte antes "vellos coñecidos de Bárbara", unha de mañá e unha de tarde saldáronse con victoria para a de Portas, a primeira ante Juan Carlos Pardo (Club Xadrez FONTECARMOA, Vilagarcía de Arousa) para o que precisaría 2 horas e cuarto para rematar a partida. Pola tarde vencía por primeira vez na súa carreira xadrecística á sempre difícil xogadora María Alonso, quen milita este ano en Liga Galega en 2ª División, case nada!!.

Moi ben Bárbara quen amosou en todo momento calma, análise e bo cálculo, non precipitándose en case ningún momento. Seguiremos informando...