CAMPEONATO ZONAL PONTEVEDRA NORTE 2008

A pasada fin de semana, ( días 20 e 21 de Novembro) o CLUB DE XADREZ
C.D.PORTAS desprazouse ata Vilagarcía de Arousa para disputar a antesala do
campionato galego, o Campeonato Zonal Pontevedra Norte. Como xa sabedes, a asistencia a este
torneo é necesaria para poderse presentar ó Campionato de Galicia, polo que é imprescindible estar federado.
O noso clube enviou un total de 11 xogadores agrupados en categorías do seguinte modo:
| CATEGORÍA |
XOGADORES |
Nº |
| Benxamín |
Brais Torres e Cristian Duarte |
2 |
| Alevín |
Héctor, Sandro, Juan, Dani e Brais G |
5 |
| Infantil |
Bárbara e Pablo |
2 |
| Cadete |
Alexandro e Carolina |
2 |
Diferentes clubes asistentes ó torneo foron: FONTECARMOA, KARPOV,
XADREZ PONTEVEDRA, XADREZ MARÍN, XADREZ PORTAS e CONCELLO DE
VALGA., escolas cunha gran traxectoria e experiencia neste deporte dende fai anos.
En canto ó número de participantes por categoría:
- BENXAMÍNS: 19
- ALEVíNS: 22
- INFANTÍS: 26
- CADETES: 16
Varios dos nosos xogadores ascendían de categoría este ano: Christian Duarte e
Brais Torres como benxamíns, Bárbara e Pablo como infantís, e Alexandro e
Carolina como cadetes de primeiro ano, polo que tenrían un grao adicional de
dificultade.
En canto os resultados conseguidos.....EXCELENTES!!!!!!!
-10 dos nosos xogadores chegaron ó “ecuador” dos seus puntos xogados
- 5 deles superárono
- Conseguimos bos resultados contra xogadores de gran nivel
- Juan Ramón recobrou a confianza en sí mesmo e soubo afrontar as partidas
con serenidade e concentración
- A Pablo viuse un xogador con maior grao de madurez no seu xogo, paciente e
analítico sempre que fixo falla.
Pero quizáis o que debemos resaltar , foi a exhibición de xogo
levada a cabo nos alevíns, capitaneados por Sandro, Héctor y Juan Ramón
ata o final. Ocuparon as primeiras mesas durante casi a totalidade do campionato. Juan Ramón venceu a Juan Andrés, xogador deo CX Fontecarmoa que remataría en segunda posición con 6.5 ptos e unha única derrota (precisamente na partida contra Juan) e unhas tablas. A súa posición na táboa é enganosa, pois ocupou a decimoprimeira posicición con 4 ptos, perdendo a última partida contra un dos nosos, Daniel Nieto (4.5 ptos). Brais García conseguiría a mesma puntuación que este último, 4.5 ptos, acadando a posición nº8 do torneo.
Agora ben, os magnates da fin de semana foron Sandro e Héctor, (Clasificados 3º e 5º respectivamente) A progresión en canto a xogo por parte de Sandro foi extraordinaria: tras haber perdido 2 partidas o primeiro día, contra Juan Ramón, ( do seu propio equipo) e contra Juan Andrés (CX Fontecarmoa), gañou todalas partidas do día seguinte y entablou outra, destacando as dúas últimas, nas que acadou a victoria. Venceu na penúltima a todo un Subcampeón de España Sub-10, Lucas Abal, uno dos exponentes principais do CX Fontecarmoa,
convertíndose así no primeiro xogador da nosa Escola que o derrota.
Moi motivado tras esta victoria, enfrontouse na última partida na mesa nº1 de xogo contra outro “peixe gordo” deste deporte, José Ramón Pardo, un lucense recentemente fichado por Fontecarmoa. O sucedido nesta partida foi contra pronóstico, pois non sólo conseguíu táboas, senón que a partida
estaba xa ganada en su final; sólo restaban uns movementos máis para dar Xaque Mate ó Rey inimigo, pero a astucia do rival ó ofrecerlle as táboas, e a pouca pillería de Sandro por aceptalas sen haber analizado previamente a conveniencia da decisión, fixo que noso xogador conseguira unha meritoria terceira posición (5.5 ptos) do
Ránking en lugar da mereceida segunda..
E o que son as cousas, un dos xogadores da nosa Escola máis creativos,
Héctor, chegaba á última partida con grandes aspiracións, pois conseguira xa un total de 5 puntazos. Bastaba gañar na última a Guillermo Garnelo, da Escola Karpov de Pontevedra, para sumar 6 puntos e
entrar no pódium; pero cando parecía que a partida se decantaría a favor do de Portas este descoidouse quizais víctima do cansancio e da emoción de acariciar o podium e perdeu a partida fronte a un xogador a priori de inferior nivel, pero non tanto como para subestimalo deste xeito.
Se Héctor houbera gañado esta última partida, Sandro quedaría relegado á cuarta
posición. O que son las cousas…!!
¿E qué decir de Bárbara? Coma casi sempre, estivo a un bo nivel. Chegaba á súa
última partida con 3.5 puntos dun total de 5, con opcións de trofeo de bronce.
Atoparíase de novo ca súa máxima rival feminina, María Alonso Macías (Club
Karpov). Cando a partida estaba absolutamente equilibrada, un erro final de cálculo
por parte da nosa xogadora inclinou a balanza en favor da vilagarciana, conseguindo esta un total de 4 ptos no campionato e a 7ª posición do
torneo. A victoria houbera recompensado a Bárbara ca 3ª posición, pero tivo que conformarse ca 9ª. O que cambia 1 pto ó final!!O seu compañeiro de equipo, Pablo Gonzálvez, conseguiría 3 puntos totais.
Na categoría Cadete, Alexandro e Carolina, consiguirían un total de 3 y 2 ptos,
respectivamente, dun total de 6.
En canto ós máis pequenos, Brais Torres sigue a súa impecable traxectoria neste deporte, disputando as partidas cunha tranquilidade e madurez impropia da súa idade, cualidades que lle faltan ó seu compañeiro Christian. Ámbolos dous acadaron a suma de 4 puntos dun total de 8, sendo a posición nº6 do torneo para Brais, e a nº11 para Christian.