"PEÓN DE ORO" POR EQUIPOS 2008

Recén finalizado o prestixioso campionato VII Edición Peón de Oro por Equipos,
celebrado en Mondariz durante a fin de semana do 29 e 30 de Novembro, os resultados
foron aceptables pero non sobresaíntes.

XADREZ PORTAS mandou dous equipos á competición, un benxamín e outro alevín.
Xogarían en tres taboleiros como equipo, rotando en alevíns a un xogador tras haber
enviado 4 integrantes nesta categoría.

Ambos equipos quedaron na metade da taboa, contando a categoría benxamín cun
total de 20 equipos e 12 na categoría alevín.


Coma sempre, o nivel foi altísimo, contando ademais ca dificultade de determinados
equipos mixtos constituidos por diferentes representantes de diferentes clubes, en
ocasións polos mellores xogadores. O evento contou á súa vez ca participación de
diferentes equipos de Valladolid.

O equipo benxamín estivo frouxo no primeiro e no terceiro taboleiro, representados por Inti Edison Padilla e Christian Duarte, respectivamente. Nada que ver cos seus compañeiros de equipo, Brais Torres que gañou 4 partidas, firmou táboas nunha e perdeu 2, dun total de 7, quedando clasificado ó final do torneo en 5ª posición. Convertíase deste xeito no segundo mellor taboleiro do campionato, con tan só 8 años de idade e 1 ano de preparación na Escola.

O equipo alevín cumpríu relativamente. Bárbara Sierra, demostrando o seu talento para este deporte, defendía con valentía o primeiro taboleiro. Héctor, Sandro e Miguel disputaron alternadamente o segundo e terceiro, creando grandes partidas unhas veces e descuidando certos detalles técnicos outras non propios do seu nivel.