14/02/2010
Veteranos
Merendero Marín 5 - 3 C.D Portas
Un paso atrás.

Se a semana pasada a victoria ante o A.C.D Moraña supoñía un halo de esperanza para manter a máxima categoría de veteranos a derrota en Marín desta semana unida ó empate do Chorigal supón un paso atrás. Máxime tendo en conta que o Portas puido gañar o partido.

Adiantáronse os visitantes nos minutos iniciais dun bonito gol de Perico. Situación extraña para os de A Rapeira que sempre adoitan empezar por detrás no marcador. O gol espertou ós locais que empezaron a crear máis perigo sobre a portería de Lino. Aínda así o Portas tería opcións de ampliar a vantaxe por medio de Manolo que erra no man a man. Mediado o primeiro tempo comezou un recital do terceiro participante do encontro que si ben probablente non influiu directamente no resultado si o fixo de maniera indirecta ó minar a moral dos outros 22 participantes. Sinala penal a favor do Marín por mans na área de Perico nun balón que lle rebota no pé e posteriormente e de xeito involuntario na man ó de Portas e que se dirixía fóra. Os de Marín marcan e igualan o partido. O Portas serio en defensa aguantou os envites celestes mantendo as táboas ó descanso.

Tralo reinicio era o Marín o que estaba a causar máis perigo e na primeira chegada á meta defendida por Javi volteaba o marcador tras un gol en posición totalmente antiregulamentaria ó estar o rematador polo menos dous metros en fóra de xogo. Este gol exasperou ós granates que tiveron que realizar varios cambios por temor a que as reiteradas protestas ante tal inxustiza os deixase con 10. Esta falta de concentración dos de Portas que seguían tendo máis presente o recente gol ilegal que a necesidade de empatar propiciou o terceiro dos de Marín no que parecía a sentencia do partido. Pero este Portas é impredecible e Dani en dous minutos volvía poñer as táboas no marcador tras marcar dous goles, un deles de penalti que lle facían a él mesmo e o segundo nunha xogada de tiraliñas iniciada por Miguelito e secundada por Manolo e o propio Dani. Case sen darse conta o Portas estaba de novo metido no partido e contoda a intención de gañalo, pero dous erros defensivos unido á indecisión do meta visitante propiciaban que agora sí o Marín sentenciara un encontro no que quizáis o resultado usto houbera sido o empate.

14/01/2010
Veteranos
Durísimo castigo ó equipo de Veteranos
A can fraco...........

Os peores presaxios que saltaban nesta semana o ver á C.D Portas de Veteranos con seis puntos menos nas clasificacións dos xornais cumprironse hoxe.

O Portas de Veteranos perde 6 puntos,120 € de multa, sanción ó delegado Luis Pablo Vazquez Muinelo de 10 partidos, 3 partidos ó xogador David Santos Novo e descalificación ao Trofeo a Deportividade. Un grave erro da secretería do club ó non comprobar a data da circular (non se sabe por que non se recibíu a de Nadal) e non comprobar se se tiña algún xogador sancionado, leva a esta severa sanción.

Se a empresa de salvar o equipo parecía difícil, as cousas puxeronse realmente complicadas tras este varapau. Veremos como reacciona o equipo o sábado ante o Netos da Coca, rival (agora xa non tanto) pola permanencia.

28/11/2009
Veteranos
C.D Portas 3 - 0 San Pedro Lezama
Victoria importantísima.

Paso de xigante dos Veteranos da C.D Portas en aras de conseguir a salvación. Visitaba a Rapeira o San Pedro Lezama, penúltimo clasificado e rival directo do Portas nesta loita pola permanencia. De novo e para variar tarde totalmente desapacible: frío, choiva,vento......

O Portas buscaba resolver o partido canto antes para non pasar apuros no segundo tempo. No primeiro tempo gozaría de numerosas oportunidades que puideron deixar o partido resolto. Torres envíaba ó pau e posteriormente atrapaba o porteiro, Seso estrelaba o balón no longueiro non que podía haber sido o gol sa xornada. O San Pedro apenas facía notar a súa presencia, tanto futbolística coma físicamente, pois foron numerosos os xogadores verdiamarelos que abandonaron o terreo de xogo lesionados, e é que as condicións non eran para menos. Finalmente sería Seso quen adiantara ós locais ó transformar un claro penalti por mans na área do defensor visitante. Aínda habería tempo para unha máis que invalidaba o colexiado por fóra de xogo "cando menos dubidoso" de Roberto. Con unhas e con outras chegouse ó descanso ca renda mínima dun gol que presaxiaba un segundo tempo sufrido.

No segundo tempo a meteoroloxía concedeu unha tregua, e a pesares do frío e o encharcado do campo as condicións melloraron sustancialmente. O Portas empezou ca mesma tónica do primeiro tempo, intentando sentenciar canto antes, no primeiro minuto marrou unha excepcional ocasión de poñer terra de por medio no electrónico. Tanto Arturo pola dereita coma Manuel en banda esquerda chegaban con profundidade sen atopar rematador os seus centros. O tempo pasaba e a pesares de que os visitantes non inquietaban a Lino a escasa vantaxa non permitía relaxación. O Portas foi cesando nos seus ataques e o San Pedro, sen nada que perder botuse arriba. Ahí chegarían as súas ocasión máis claras e ata un gol correctamente anulado por posición antiregulamentaria do rematador.

Esta subida ó ataque do San Pedro foi aproveitada polo conxunto granate para lograr o gol da tranquilidade que conseguía Kike o marcar un rexeite dun disparo anterior del mesmo. Anteriormente fallara Alberto unha clarisima ocasión que constrúe con calidade pero que non acerta a culminar. Xa sobre o pitido final golazo de Juan Carlos que rouba un balón case en medio campo dribla con calidade e culmina cunha excelsa vaselina dende moi lonxe.

Catro partidos consecutivos gañados, que non serven para saír da zona perigosa pero que aportan unha dose de moral importante de cara ós difíciles encontros do final desta primeira volta contra os equipos punteiros da categoría

21/11/2009
Veteranos
S.D Villagarcía 1 - 2 C.D Portas
Pensando na salvación.

Está claro que na máxima categoría de veteranos se xogan dúas ligas. O Portas está na segunda e tralas derrotas ante o Cillero e ante o Campelo, rivais directos na liga do Portas, alzáronse as primeiras voces que cuestionaban o benefioso do ascenso da pasada tempada, pois o Portas colocábase no último posto dos equipos que volverán a xogar a vindeira tempada na segunda categoría de veteranos.

Tras estas dúas derrotas (partidos nos uqe o Portas gañaba con claridade) a mentalidade do equipo cambiou, e a pesares das importantes baixas (Dani, Manolo, Baños....) colleitou tres victoiras consecutivas que o fan deixar de mirar cara abaixo para pensar en mirar cara arriba, pois escápase a cinco puntos da zona de descenso colocándose a tan so tres da décima plaza ocupada polo Poio trala sanción da federación.

No partido desta fin de semana xogábanse máis ca tres puntos, pois o Vilagarcía tamén busca asegurarse a permanencia canto antes. Serían os arousanos os que se adiantaban no marcador ata ben entrado o segundo tempo cando unha xogada na área local e rematada finalmente por Roberto que lograba o empate. O Portas víñase arriba e non daba por boas as táboas, pois estaba a facer mérito para máis. A falta de dez minutos, Miguelito recibe na banda e nunha xogada ó máis puro estilo Messi, dribla a dous rivais para batir por arriba ó lixeiramente adiantado porteiro local que so pode ver como o esférico vai para a caixa, golazo do pichichi do equipo que suma xa sete tantos na presente tempada.

A vindeira semana a C.D Portas recibe a visita do colista. Esperemos que os sustos dados polos equipos da parte baixa da táboa este ano servisen de lección para os granates que deben seguir ca mesma mentalidade se queren seguir un ano máis na máxima categoría de fútbol de veteranos da provincia.

04/10/2009
Veteranos
C.D Portas 1 - 5 Merendero Marín
Derrota ante un equipo doutra liga.

O equipo de Veteranos recibiu ó Merendero, lider da categoría o sábado en A Rapeira. O resultado ven a ser unha mostra do visto no terreo de xogo, un equipo moi superior que mareou e cansou ós locais que en ningún momento inquietaron ós de Marín. Se á calidade dos visitantes, con ex-xogadores de terceira división e preferente sumamos un plantexamento desafortunado por parte dos granates, as facilidades múltiplícanse. Ante un equipo da entidade do Merendero non se poden facer concesións e hai que salir a con toda a artillería para poñer as cousas o máis difícil posible e tratar de xogarlle de ti a ti dende o minuto un. Como a can fraco todo son pulgas, tras dous disparos perigosos o Portas encaixaba o primeiro ós cinco minutos. Na seguinte xogada, tras unha falta de entendemento de Batoco e Pipi, este último remataba un saque de esquina botado polo Marín marcando en propia meta o 0-2. Os de Marín seguían a tocar e tocar, con balóns o pé e sen apenas correr, mentres que os de Portas corrían por todo o campo tralo esférico. O terceiro non tardou en chegar, e un Portas rendido so esperaba a piedade dun rival moi superior para non recibir unha goleada.

Ca entrada de Manolo, o equipo tiña un referente en ataque e Miguelito atopaba un aliado ó que poder surtir de balóns. Estes foron os mellores minutos do cadro local, que inquietou por primeira vez ó meta celeste. Da conexión Miguelito Manolo nacería o único gol local, establecendo o 1-3 co que se chegaba ó descanso ca sensación de que a goleada xa non ameazaba ós locais e pensando nun segundo gol que inquietase os de Marín. Nada máis lonxe da realidade. A pesar de que no segundo tempo o Portas conseguíu encerrar durante uns minutos ó Merendero, cando este volveu a pisar o acelerador conseguíu dous goles que volvían poñer de manifesto a superioridade dun equipo que gañou varios campeonatos da primeira categoría de veteranos nos úlrimos anos.

O resultado e que o Portas segue sen gañar trala xornada inicial e sen collerlle o pulso á que visto o visto, parece unha categoría que lles queda grande ós de A Rapeira, máxime se non pon toda a carne no asador no inicio dos partidos.

12/09/2009
Veteranos
C.D Portas 1 - 2 Cambados Veteranos
Debut local con derrota

Os Veteranos non puideron colleitar a victoria no seu primeiro partido como local na máxima categoría de veteranos e caeron derrotados por 1-2 ante o Cambados de Veteranos. Os visitantes foron moi superiores en case todalas fases do partido creando moito perigo ante a meta defendida por Lino sobretodo no tramo final do segundo tempo. Aínda así o Portas dispuxo das súas ocasións, que de seren transformadas, levarían o encontro por outro camiño.

Tras un primeiro tempo sen goles, no que cabe resaltar a gran ocasión da que dispuxo David Torres que foi derrubado ó borde da área cando encaraba so ó porteiro, no que debeu ser a explusión do xogador visitante. No segundo tempo chegaría un revulsivo Miguelito, que trala magnífica victoria conseguida cos seus pupilos en Pontevedra viña para imprimir unha velocidade máis ó equipo, que comezou a mover máis o balón e a chegar con moito perigo. Sería primeiro Santos o que fallaba unha ocasión clamorosa para poñerse por diante no marcador. Posteriormente un gran despiste defensivo propiciaba o primeiro gol dos de Cambados que se adiantaban no electrónico. Un Miguelito moi activo, seguía a romper a defensa amarela, ata que por fin nunha gran combinación, facía o empate definindo cunha clase propia doutras categorías. O Portas volvía meterse nun partido que estaban xa a dominar os visitantes. Miguelito de novo encontra espazo para habilitar a un Dani que só ante o porteiro envía rozando o pau pola cara exterior. Ahí rematou o partido para o Portas que víu como os visitantes se ían arriba asediando a meta de Lino ata que conseguían establecer o definitivo un a dous de penalti, que a falta de coñecer o resultado do Poio deixa ós de Portas na sexta posición con tres puntos e boas sensacións, aínda que a marxe de mellora é moita, e así o deberá facer nos vindeiros partidos para non pasar apuros ó final da liga.

Resultados Veteranos