31/10/2009
Infantís
C.D Sobradelo 1 - 1 C.D Portas
Andando cara atrás...

Visto o partido dos infantís do sábado, teño que botar man da crónica da semana pasada, reafirmarme no alí citado, e ser máis crítico se cabe. Penosa, é a forma máis suave que atopo para calificar a actitude dalgúns xogadores que contaxian perigosamente ó grupo, tendo entón que falar dun equipo que nalgún momento me chegou a dar vergoña allea como afeccionado á C.D Portas. Estou falando de antes de empezar o partido, e dado que tal como se quenta (ou se adestra pola semana) se xoga, pois o resultado foi o patético partido realizado polos visitantes no "Mundialito" en Vilagarcía, ante un equipo mediocre en canto a calidade e organización no campo e que únicamente conseguira tres goles nas seis xornadas de liga desputadas, pero once rapaces que sí parecían un equipo antes de empezar o partido.

O partido...insufrible nin un intento de xogar o balón, nin un pase con sentido, conduccións excesivas dos "figuras" que remataban cunha perda de balón en zona de mediocampo para que corresen os seus compañeiros. Así unha e outra vez ata o final do encontro. Se a isto sumamos unha desaparecida Bárbara e unha defensa que no gol do Sobradelo so lle faltou animar ó xogador visitante a que rematase e aplaudir o gol, o resultado é o mellor dos posibles.

Estaba claro que con este panorama o Portas non conseguiría meter un gol nin xogando dous días seguidos. No segundo tempo entraban os alevíns Fran e Alberto que aportaron ó equipo algo de mobilidade, desmarques e certo criterio á hora de dar os pases, algunhas veces protestados polos habituais que entenden o fútbol como: "dalle parriba". Con este panorama estaba claro que o Portas non conseguiría marcar un gol nin xogando dous días seguidos, asique tería que ser o Sobradelo o encargado de empatarlle o partido ó Portas ó rematar dende a frontal o seu propio defensa un balón de falta colgado a área.

Manteño o dito a semana pasada. Hai moito que mellorar, xa non no aspecto futbolístico, no que se pode ser melllor ou peor pero si na imaxe de equipo. É hora de que sexamos un equipo e de que os afeccionados que viaxen co equipo poidan dicir con orgullo aínda que levemos unha ducia . Eu son do Portas!!

25/10/2009
Infantís
C.D Portas 1 - 0 San Martín C.F
Pero....Moito que traballar.

Por fin os infantís, pese a non realizar un gran partido e con moita fortuna volveron conseguir os tres puntos nun partido que se vivíu con emoción ata os minutos finais.

No primeiro tempo o Portas fixo un bo partido, tratando de xogar o balón, e movendo con criterio. O perigo chagaba sobretodo polas bandas, nas que Adrián desbordada con facilidade poñendo balóns moi pergiosos na frontas que ninguñen acertaba a rematar. Tres serían as ocasións claras para os granates que non acertaron a materializar chegándose ó descanso co resultado inicial de 0-0.

No segundo tempo, o fútbol esfumouse do campo nos dous equipos e o perigo chegou en xogadas illadas, das que o San Martín tivo bastantes máis que entre os paus e un soberbio Lyon, que mellorou moito nos últimos partidos conseguiron desbaratar. A do Portas sería para Bárbara que, para variar consegue un golazo voleando un balón que deixou en botes tras regatear ó defensa arousano. A pesares da ausencia de fútbol neste segundo tempo houbo numerosas ocasións para un e outro equipo. O Portas gozaría de polo menos tres novas ocasións moi claras que non conseguíu materializar e que puideron pasarlle factura nos últimos minutos.

Fóra do apartado futbolístico e de novo por tratarse de categorías base, no que o fundamental é aprender e non só de fútbol, debo reprochar e animar a que se corrixan certas actitudes que non benefician para nada imaxe dun clube coma o Portas nin dos seus membros. Un partido de fútbol federado non é o patio do colexio, e baixo ningún concepto un xogador se pode sentar no campo aínda que o xogo estea parado, nin medio equipo pode ir a beber durante o xogo creándose unha situación absurda nun saque de portería que podería haber costado un gol (e iso é o menos importante neste caso) Conductas coma as vistas no final do encontro por algúns xogadores do Portas nestas idades non son asumibles. Que o árbitro era malo, sí, pero a iso no Portas xa estamos acostumados. E con 11 anos é moi pronto para laver a cabo esas protestas desproporcionadas de gallitos de curral.Todo este tipo de conductas hai que erradicalas á voz de XA!!! ou pasarán factura ó longo da tempada.

10/10/2009
Infantís
C.D Portas 1 - 2 C.D Mosteiro
Escápase a victoria nos minutos finais.

Errores garrafales na zona defensiva penalizaron en exceso ó equipo de Víctor e Pablo que volveu caer derrotado cando os tres puntos parecian quedarse na Rapeira. A pesares de non xogar un bonito encontro os locais atoparonse cun gol en propia meta do Mosteiro que lles daba unha renda que trataron de explotar durante todo o partido e que case levan a bo fin. Sería nos minutos finais cando o Mosteiro apretou un pouco máis o acelerador e se cerrou sobre a meta defendida por Lucas, o Portas, con moitisimos problemas para salir co balón dende a portería cometía dous erros de patio de recreo que lle daban a volta ó marcador. Aínda Bárbara tería tempo para armar unha gran xogada ela soa, que remata dende o pico da área grande buscando a escadra dereita e que sae deviada por moi pouco. Pero os tres puntos e a ilusión dunha nova victoria iban camiño do Mosteiro.

Moito lles queda que traballar o adestradores desta sección na zona defensiva e sobretodo na saída de balón. No aspecto de confección do bloque tamén hai traballo, pois certas actitudes deberían ser cortadas antes de que vaian a máis e poñan en perigo o colectivo.

04/10/2009
Infantís
Moraña C.F 6 - 2 C.D Portas
Atascados no barrizal de Moraña.

Atascaronse no barrizal de Santa Lucía os de Pablo e Víctor, que creron ter o partido gañado antes de saír de Portas, pero como para gañar hai que correr viñeron con media ducia.

De inicio, un mediocampo apático e unha defensa máis inimiga que amiga, propiciaron dous regalos que os rápidos dianteitos vermellos souberon aproveitar moi ben. O Portas non so non conseguía elaborar unha soa xogada senón que ademáis era perigoso para si mesmo con pases en horizontal en defensa e descoordinacións varias que xunto a pasividade e desatino do porteiro fixeron aumentar a renda local ata 4-0 ó descanso.

No segundo tempo Pablo e Víctor daban entrada a dous alevíns: Álex e Fran, que aproveitando a semana de descanso da súa categoría entraron na convocatoria, e estes revolucionaron o equipo. Unha gran xogada de Fran habilita a Adrián que só ante o porteiro logra recurtar distancias. Minutos máis tarde o propio Fran sacaría da chisteira unha gran xogada, para batir, cunha clase excepcional picando o balón por arriba ó porteiro local. O Portas metíase no partido e chegou a ver o empate máis cerca do que realmente estivo. Unha, hoxe apagada Bárbara, tería tres ocasións claras nas que por falta de convicción non conseguíu marcar a así acercarse realmente a igualar o marcador. Tras un impas, no que ningún dos dous equipos se facía co balón, serían os vermellos os que conseguín sentenciar cun novo gol que botaba definitivamente fóra do partido ós granates que vían como a conta aumentaba ata o seis goles.

Moi lonxe do partido visto a semana pasada en A Rapeira ante o Umia estiveron hoxe os rapaces de Portas, que neste inicio de tempada están a amosar moi pouca continuidade en canto a rendemento tanto individual como colectivo.