23/04/2009   Fútbol Sala Cadete    C.D Portas 1 - 1 Breogán F.S.F
Partidazo. Empate con sabor a victoria.


O sábado disputouse no Pavillón dos Deportes de Portas o penúltimo partido, UN PARTIDAZO,  de Liga Provincial de Futbol sala femenino na categoría de cadetes, entre os clubes BREOGAN de Vigo  e C.D. PORTAS,  correspondente a 21ª  xornada do campionato.  Presentabanse      as xogadoras do Portas con dez victorias e dous empates que  para esta primeira participación en competición  federada non está nada mal, situadas sexto lugar da taboa clasificatoria, con trinta e dous  puntos. O partido nun principio  esperabase mais dificil do que ao final resultou, xa que o rival era nin mais nin menos que o quinto clasificado da competición.

O Portas aliñaba a Andrea en portería, Jeni de peche, Bárbara e Sara nas alas e Nerea de punta.  Comenza o partido co Portas moi tranquilo e moi ben colocado,  e  saíndo ao contragolpe. O Portas chegaba con bastante facilidade ó area do Breogan pero non era quen de rematar as xogadas con claridade, aínda así gozaba dalgunas oportunidades desaproveitadas por  Nerea, Bábara e Rita. En defensa, unha Jenny sempre ben colocada non cedía espazos ás rivais. As locais estaban a pelexar moi ben  ante unas rivas que as dobraban en envergadura física e forza. Bregaron durante todo o partido, chocando, disputando e correndo no que posiblemente fose o mellor partido da tempada. Na recta final do primeiro tempo, nun saque de esquina a favor do Breogan, Andrea non anda moi rápida e no segundo pao marcanlle de cabeza. Este gol da tranquilidade ao  Breogan e fai  mais fácil a chegada das xogadas das rivais  á portería do Portas durante uns minutos, pero despois dun tempo solicitado por Pablo e realizados uns cambios tácticos (xoga na punta Rita por Nerea) , as xogadoras do Portas chegan , con bonitas combinacións á portería do Breogan  , sobre todo de Bárbara e de Rita (que viña de sustiuir a Nerea no ataque) .  Nunha destas combinacións a porteira fai falta sobre Bárbara  fora da area, a falta en lanzada por Jeny, que de bonito  tiro marca pola a escadra o gol do empate. Remata a primeira parte con este resultado de UN a UN . Na segunda parte, sae o Portas moi concentrado e con ganas facer boas combinacións que  levan ao equipo a demostrar a gran melloría que estaba a amosar nos  últimos partidos e o que é máis importante, empeza  adaptarse a esta categoría, tanto física como tácticamente,  e perde o medo aos equipos rivais.  Nos minutos finais entra o partido nun pequeño correrúas,  con ocasións para o Portas e algunhas para o Breogan,  que sempre foron desbaratadas por Jeny (excepcional partido)   e por Sara –que realizou un partido moi completo- unas veces e  pola porteira  Andrea noutras.   En resumo, bo partido das rapazas do Portas, conquerindo o terceiro empate nesta liga, colocando ó Portas na sexta posición da taboa. O próximo sábado o Portas desplazase a Vigo para xogar co FJ. LORENZO de Candeán, nun principio o partido está sinalado para ás doce da mañá.

 

14/02/2009 Feminino Cadete   C.D Portas 3 - 2 C.D A Paz 03       
Moi pacíficas non eran.....

Con máis traballo do que en principio se esperaba, e ca plantilla totalmente axustada polas lesións o Portas conseguía doblegar ás rapazas de Vigo, acompañadas por unha serie de energúmenos que se facían chamar afeccionados.

Ó igual que ocorrera no partido de ida, as de Vigo estarían por diante no marcador durante case todo ó partido, pero un sensacional gol de Sara por toda a escadra e dous mís de Nerea deixarian de novo ca mel nos beizos ás de Vigo, que parece ser que teñen mal perder e que non lles gusta moito vir xogar á aldea

 

07/02/2009 Feminino Cadete   C.D Portas 0-0 F.J Lorenzo     
Igualados en datos, igualados no marcador

Visitaba as rapazas do fútbol Sala Feminino o equipo co que comparte maior igualdade o Portas. Non só teñen os mesmos puntos senón tamén os mesmos partidos gañados, perdidos e goles en contra. Únicamente o Portas ten un gol a favor máis que lle permite estar un posto por encima. Vistos estes datos podía preverse un partido moi igualado como a posteriori ocorreu, non puidendo por tanto desfacer as táboas entre estes dous equipos..

O Portas presentaba a súa aliñación habitual: Andrea na portería, Jeni de peche, Bárbara e Sara nas alas e Nerea de punta.  De inicio ningún dos dous equipos quería tomar a iniciativa, máis pendentes de non encaixar goles que de facelos. O Portas non chegaba con  claridade a área do rival  e nas poucas ocasións qie o facía non era  quen de rematar as xogadas, aínda así gozou de algunhas oportunidades que finalmente non deron rematado en gol. Ben colocado en defensa, non concedía oportunidades ás rivais. Despois de varias xogadas do Portas levadas por Bárbara e Sara, que Lúa non é quen de materializarpor dúas ocasións chegábase ó descanso co reslutado de 0-0.

No segundo tempo un Portas máis ambicioso vaise cara arriba, xerando máis ocasións pero tamén concedendo oportunidades ó contrario, pero o gol non cae de ningún dos dous lados.Deste ir e vir de ocasións tiñan boa conta para o Portas Jeny (excepcional),  e  Andrea que interviu en dúas ocasións clave.

Ademáis de defender con contundencia Jeny tamén creaba perigo en ataque e no  minuto 20 estrelaba un fantástico disparo de falta contra o poste da portería rival.Un erro no despexe da defensa do Portas obriga de novo a intervir a Andrea que salva na mesma línea de gol un rexeite.

A tenor das ocasións de ámbolos dous equipos, e do partido xogado, resultado xusto que permite o Portas sumar un punto máis tras colleitar o primeiro empate da tempada colocandose con dezanove  puntos na quinta posición da taboa. O próximo sábado o Portas xogará  de novo no pavillón de Portas,  o partido está sinalado para ás doce da mañan, e será contra A PAZ, dando inicio a segunda volta do campionato.

 

24/01/2009 Feminino Cadete   C.D Portas 8-0 Martín Códax       
Mellorando Victoria a Victoria

Hoxe sábado día 24 de xaneiro, ás 12 da mañan,  disputouse no Pavillón dos Deportes de Portas o partido de Liga Provincial de Futbol sala femenino na categoría de cadetes, entre os clubes MARTIN CODAX e C.D. PORTAS,  correspondente a 9ª  xornada do campionato.  Para o Portas, cinco victorias e tres derrotas que  para esta primeira participación en competición  federada non está nada mal, situadas na mitade da taboa clasificatoria, con quince puntos.

Dados os datos os datos do rival,o encontro semellaba máis facil do que resultou, xa que visitaba o pavillón o pechacancelas da competición, con un solo gol a favor e 63 en contra.


O Portas formaba cas habituais: Andrea en portería, Jeni de peche, Bárbara e Sara nas alas e Nerea de punta.  Comenza o partido co Portas moi tranquilo e moi ben colocado,  e  saindo ao contragolpe. O Portas chegaba con bastante facilidade á area do rival pero non era quen de rematar as xogadas con claridade, ainda que gozando de algunas oportunidades. En defensa estaba ben colocado e concentrado non concedendo oportunidades.Tras varias xogadas do Portas levadas por Bárbara e Sara, Nerea non é que de materializar as ocasións, pero  no minuto 11  producese unha boa xogada de Nerea que antea a saida da porteira remata moi ben cun tiro raso  ao pao contrario, e conquire o primeiro gol. Este gol da tranquilidade ao Portas e permite as de Pablo empezar a realizar o fútbol bonito que saben facer, aumentando ademáis a diferencia no marcador con dous novos goles de Bárbara e de Lua (que viña de sustiuir a Nerea no ataque) .

O primeiro tempo remata con este resultado de Tres a Cero. Na segunda parte, o Portas, a pesar do resultado no perde un ápice de concetración que leva as locais a aummentar a diferencia con novos goles.Neste caso sería Bárbara que de pena máxima logra o cuarto.  Neste punto o partido convírtese nun correrúas,  con ocasións para o Portas e algunhas para o Martín Codax, que Jenny ou Andrea solventaban sen maiores complicacións.Esta última fixo un bo partido con dúas paradas de moito mérito.  No minuto 15 Nerea anotaba o quinto, despois dunha boa xogada do Portas pola banda que cede Bárbara. No  minuto 20 Jeny, que se sumaba á festa de goles, golpea forte dende atrás á saída  dun saque de banda dende atrás  acadando o sexto .

O séptimo e o oitavo  marcaronos  LúaNerea. En resumo bo partido das rapazas do Portas, conquerindo a  sexta victoria nesta liga, colocando ao Portas con dezaoito puntos e na sexta posición da taboa. O próximo sábado o Portas desplazase a Vigo para xogar co Breogán, nun principio o partido está sinalado para ás doce da mañá.

 

17/01/2008 F. Sala Fem. Cadete   Arealonga F.S 1-6 C.D Portas       
Set e partido para as de Portas

O pasado sábado día 17 de xaneiro, ás 13 da mañan,  disputouse na Pista do C.E.I.P. LAREDO de Chapela  o partido de Liga Provincial de Futbol sala femenino na categoría de cadetes, entre os clubes AREALONGA  e  C.D. PORTAS,  correspondente a 8ª  xornada do campionato.  Presentabanse      as xogadoras do Portas con toda a  ilusión de facer un bo partido e atoparonse cunha pista de asfalto pintada, descuberta e moi pequeña, na que se resbalaba moito . Chegaban aquí  con catro victorias e tres derrotas, situadas na mitade da taboa clasificatoria, con doce puntos. O partido nun principio  esperabase mais difícil do que ao final resultou, xa que o rival , pese a que se atopa na clasificación por debaixo, é un  equipo que  compite en  varias categorías de  futbol sala , ten unha gran estructura neste deporte , moi superior á C.D. Portas, como case todolos participantes.


O Portas presentábase con Andrea na portería, Jeni de peche, con Bárbara e Sara nas alas e Nerea de punta (tanto Sara como Lua tiveron problemas físicos durante toda a semana)   Dende o inicio o Portas chegaba con bastante facilidade ó area do Arealonga e conseguía rematar con facilidade  as xogadas. No minuto cinco xa gañaba por DOUS a CERO con  dous goles de NEREA. Seguirían  gozando de algunas oportunidades mais . En defensa estaban ben colocadas e concentradas non concedendo oportunidades as rivais. Despois de duas boas xogadas do Portas levadas por Bárbara e Sara, Nerea non é que de materializar. Xa no minuto 15, producese unha xogada desgraciada de Andrea que nun balón fácil de saque de banda non é que de recoller un balón alto que lle cae das mans deixandoa aos pes dunha xogadora rival que fai o DOUS a UN.  Este gol pon un pouco nervioso  ao Portas e fai que o Arealonga se estire ( facilitando a chegada das xogadoras do Portas a portería rival ) , e rápidamente , mediante dous roubos de balón por parte de LUA ,que viña de sustituir a Nerea,  consigue marcar dous goles e asi aumentar a diferencia no marcador  a CATRO a UN.  Remata a primeira parte con este resultado.

Na segunda parte, sae o Portas bastante centrado, colocado e tranquilo,  e con ganas de aumentar a diferencia e asi o demostra que  a penas pasados cinco minutos, Barbara consigue o  quinto gol nunha bonita xogada persoal pola banda, desfacendose cantas contrarias lle saian ao paso e marcando polo pau da porteira que nada pode facer.  Entra o partido nun tira e afroxa con ocasións para o Portas e algunhas para o Arealonga  que sempre foron desbaratadas pola defensa, sobre todo Jeny,  ou pola porteira  -Andrea- que  completou  un bo partido con duas paradas de moito mérito (pese ao erro que tivo e lle custou o gol) pero é de xustiza resaltar a gran progresión que está a amosar. No minuto 18  producese o sexto  gol,  nun moi bo lanzamento de falta de Jeny, que cada día mellora mais e mais. No partido de hoxe  xa xogou varios minutos Cristina, que pon toda a ilusión do mundo e vai millorando.  En resume,  bo partido das rapazas do Portas, ainda que un pouco embarullado polas dimensións da pista, a claridade do marcador e a  falla de presión nos minutos finais. Conqueriuse a quinta victoria nesta liga, colocando ao equipo con quince puntos  na sexta posición da taboa.  O maior problema é  ter unha plantilla tan curta. O próximo sábado o Portas  xogará  co  colista da competición , MARTIN CODAX de Vigo, no pavillón dos deportes de Portas e que nun  principio o partido está sinalado para ás doce da mañá

 

10/01/2008 F. Sala Fem. Cadete   C.D Portas 4-0 Coruxo       
A seguir sumando

O pasado sábado día 10 de xaneiro, ás 12 da mañá disputouse no Pavillón dos Deportes de Portas o partido de Liga Provincial de Futbol sala femenino na categoría de cadetes, entre os clubes CORUXO e C.D. PORTAS,  correspondente a 7ª  xornada do campionato. 

As xogadoras do Portas presentábanse cuns números moi interesantes para esta primeira participación en competición  federada, e por enriba, nunha categoría provincial dun altísimo nivel, chegando aquí con tres victorias e tres derrotas, situadas na metade da táboa clasificatoria, con nove puntos. O partido nun principio  esperabase mais difícil do que ao final resultou, xa que o rival era nin máis nin menos que o Coruxo C.F., equipo que na sua sección de fútbol presenta equipo en 3ª División, en Division Nacional de xuvenís, cadetes e infantís, e no fútbol sala tamen ten unha gran estructura, con equipos  na 1ª División de futbol sala, etc..


A C.D Portas aliñaba ás cinco habituais dende a baixa de Rita. Andrea en portería, Jeni de peche, Bárbara e Sara nas alas e Nerea en punta.  Comenza o partido co dous equipos  moi  ben colocados e  saíndo ó contragolpe. O Portas chegaba con bastante facilidade á área do Coruxo pero non era quen de rematar as xogadas con claridade. En defensa estaba ben colocado e concentrado non concedendo oportunidades ás rivais. Despóis de dúas boas xogadas do Portas levadas por Bárbara e Sara, Nerea non é quen de materializar, xa no minuto 18 prodúcese de novo unha boa xogada de Nerea que ante a saída da porteira cede para Sara que remacha o gol. Este gol da tranquilidade ó Portas e fai que o Coruxo se estire un pouco o que posibilital a chegada das xogadas do Portas á portería rival pero  non conseguen  aumentar a diferencia no marcador.  Remata a primeira parte co resultado de un a cero. Na segunda parte, o Portas sae máis centrado e con ganas de aumentar a diferencia e así,  a penas pasados cinco minutos, Barbara consigue o segundo gol nunha bonita xogada persoal.  Entra o partido nun tira e afrouxa con ocasións para o Portas e algunhas para o Coruxo que sempre foron desbaratadas pola defensa ou pola porteira  Andrea que fixo un bo partido con dúas paradas de moito mérito. No minuto 19 producese o terceiro gol, tamén de Bárbara despois dunha boa xogada do Portas e xa para rematar no  minuto 22  un gol de Jeni nunha  boa saída dende atrás que fixo o cuarto para o Portas.  En resumo, bo partido das rapazas do Portas, conquerindo a cuarta victoria nesta liga, colocase así con doce puntos e na sexta posición da táboa.

O próximo sábado o Portas desprázase a Vigo para xogar co Arealonga, nun principio o partido está sinalado para ás doce da mañá.

 

24/12/2008 Fútbol Sala Cadete Feminino   Nosas Rúas 7 - 2 C.D Portas 2

Nosas Ruas -Portas  : ás 18 horas no pavillón de Teis. O portas presentaba a baixa de Rita. Moi bo primer cuarto do partido, ata o minuto 19 gañaba o Portas por un a cero, gol de Nerea nun contrataque. bastante seguras atras e saindo ao contragolpe moi ben, xa que dispuxeron de duas ocasións moi clara de aumentar a ventaxa a pes de Nerea, que parou a porteira en extremis un e a outra atopouna despois de unha boa asistencia de sara. no minuto 20 producese unha falta no medio da pista e nun lanzamento moi lonxano, cantada de Andrea e empate. sacamos de centro, erro clamoroso de Jeni e dous a un. voltamos a sacar de centro e novo erro de Jeni e tres a un. dispuxemos dunha nova ocasión e non consiguiu marcar sara. logo tiradas para diante tres ocacións moi claras do Nosas Ruas, unhas por que as votaron fora e outras por que parou moi ben Andrea. na ultima xogada do primer tempo contra moi ben levada polo nosas ruas e catro a un. Na segunda parte mais do mesmo, bos dez minutoas iniciais con ocasión s de nerea e bárbara desaproveitadas e duas contras do nosas ruas puxo o resultado en seis a un, xa imposible, mantivemos o tipo bastante ben ata os minutos finais en que nerea roubou un balon e marcou o seis a dous. a falta dun minito nun erro defensivo noso marcaron o definitivo sete a dous. en resumen, para xogar ao contraataque non notamos moito a falta de rita pero para desbordar e chegar dominando o balón quedamos totalmente mermados, e a sua falta vaise notar nos partidos contra os catro ou cunco primeros no resto podemos defendernos.

13/12/2008 Fútbol Sala Cadete Feminino   C.D Portas 3 - 0 San Martiño
.

Bonito partido e con bastante público, pois case a totalidade de xogadores da categoría de alevíns, adestradores e pais se achegaron a ver as rapazas da menor das categorías Femininas.Moi igualado nos primeiros intres, pero que finalizou co equipo contrario esperando que soase a campá.Durante os primeiros 10 minutos ambos equipos xogaban en demasía no medio campo e non lograban chegar con perigo ante ningunha das dúas porterías.Pouco a pouco o Portas comezou a desplegar a súa superioridade técnica cunhas formidables Rita, Bárbara e Nerea que creaban perigo en cada balón que tocaban e convertían en gol todo o que cazaban preto da meta rival. Moi ben defendidas na parte de atrás cunha sensacional e agresiva (futbolísticamente falando) Jenny ante a que se desesperaban as rivais, pois eran moi poucos os balóns que pasaban dela creando perigo para Andrea.

Pitababa o árbitro o descanso cun marcador favorable para as locais de 1-0, gol conseguido por Nerea.No segundo tempo o Portas íase máis hacia arriba e as visitantes non conseguían crear perigo sobre a portería de Andrea, houbo momentos de futbol realmente vistoso neste segundo tempo no que un novo gol de Nerea e outro de Bárbara establecerían o definitivo 3-0.Aínda habería un gol máis que non subiría o marcador por unha falta previamente sinalada polo árbitro que ninguén viu nin protestou (xogadoras rivales incluidas). A ocasión máis clara do San Martiño foi un dobre penalti que tiraría moi desviado da meta que defendía Andrea.

Haberá que mandar un escrito o concello pedindo a insonorización do pavillón porque había moito eco e os decibelios por momento creo que estaban fóra do límite legal..........

Para quen non puidese desfrutar deste partido,mañá haberá máis e si podemos mellor...