Os benxamíns desprazábanse o sábado ata Arcade para disputarse o segundo posto da clasificación ante o Arcade, equipo invicto ata o momento e cunha renda de goles superior á do Portas.
A pesares de que as condicións climatolóxicas distaban moito de ser as idóneas para dispurtar un partido, o campo estaba en moito mellores condicións que o atopado o domingo pasado en A Rapeira. Ámbolos
dous equipos, coñecedores da trascendencia do partido saltaron ó cespede moi enchufados. Ningún dos dous conxuntos conseguía dominar con claridade, e parece que sería a efectividade nas sucesivas contras a que decidiría o resultado final. Sería o Portas quen golpeaba primeiro, pero o colexiado anularía este gol por fóra de xogo do rematador. Decisión moi protestada polos afeccionados (pais) do equipo visitante pero totalmente acertada do trencilla ó haber un só xogador entre a liña de gol e o receptor do pase (aínda que non fose o porteiro).
Minutos máis tarde volvería a adoantarse o Portas e esta vez sí, subiría ó marcador o tanto conseguido por Brais. Pouco duraría a ledicia dos visitantes, xa que o Arcade conseguía poñer as táboas en poucos minutos, e se algo estaba claro e que ese non sería o resultado definitivo. Agora era o Arcade o que parecía intensificar a presión sobre a portería de David que estivo sensacional, con tres intervencións decisivas no que parecían goles cantados. Froito desta presión o Arcade conseguía un novo gol que o adiantaba no marcador e o Portas cun Torres desaparecido, non conseguía elaborar e esperaba unha individualidade de Adrián, Brais ou Raúl que volvesen equilibrar o marcador, mentres un duro Arcade mantiña a raia ós dianteiros granates..
No segundo tempo, moito menos fútbol e moito máis do que non é fútbol (e menos nestas categorías) do que falaremos máis tarde. O Portas seguía a esperar unha individualidade que o metese no partido, Brais que xa fallara unha das que non adoita marrar, non perdonou na segunda "de killer" e anotou o empate. O partido estaba para calquera e virouse duro. Entradas e xestos impropios destas categorías levaban a que o fútbol fose escaso e incluso se vise interrumpido por situacións inadmisibles. A pesar do trabado do xogo, serían os visitnates os que se adiantaban de novo mantendo este resultado (e incluso con opcións de ampliar a renda) ata o final do encontro.
A raíz do gol correctamente anulado á C.D Portas os pais dos xogadores granates entrarían nunha sinrazón cara o colexiado que non logrou outra cousa que desvirtuar un encontro entre rapaces de 8 anos, e que está moi lonxe do exemplo que pais, afeccionados en xeral, adestradores, delegados, árbitros e calquera que presencie un partido destas categorías debe dar a estes cativos. Ademáis fomentou a agresividade nas xogadas dos cativos tornando nun encontro moi duro, no que se viron entradas nas que se puideron causar lesións e xogadores que tiveron que ir "descansar" ó baquiño a petición arbitral. Se a isto sumamos actitudes de técnicos e delegados locais, o resultado é un esperpento que non debe repetirse ou polo menos a entidade da C.D Portas non debe fomentar.
Estamos quizais ante o mellor equipo de fútbol base que pasou xamáis por Portas, pero que entre outros moitos, ten un defecto que pode condicionar a progresión destes rapaces se non se corrixe xa. Non sabe perder. A ninguén lle gusta perder, e non adestran dous días á semana para ir a perder, pero deben aprender a perder.
Por outra banda, este equipo está dirixido por un adestrador, Lino, ó que os cativos, dentro do terreo de xogo deben obedecer aínda que este se equivoque, porque a disciplina tamén é parte deste deporte. E o adestrador que cada pai leva dentro debe quedar para os partidos televisados, ou para comentar na grada, pero non para dirixir ó seu retoño dende a mesma, pois unicamente logran causar nos rapaces unha confusión e un desconcerto que para nada axuda ó fin último deste deporte que é divertirse.Por moi bos que nos parezan, non podemos someter a estes rapaces á presión de ter que gañar cada partido por goleadas, pois unicamente conseguiremos que se aburran disto.
Primeiro no que os máis pequenos da C.D Portas non puideron sumar os tres puntos. Vento, choiva a baldes.....resultado: partido de waterpolo, no que un equipo que trata de xogar o fútbol, e que ese é o seu estilo se ve perxudicado.
Calquera excusa é valida, para xustificar un mal resultado, (un empate non é para nada un mal resultado) pero a sensación era que de estar o campo en condicións.....os granates poderían haber tido moitas máis oocións de levar o partido, e é que un equipo que xoga o fútbol se ve moito máis penalizado por un campo nas condicións que onte estaba A Rapeira que un equipo que xoga o patadón, máis nestas categorías.
O Portas fiel ó seu estilo arrancaba co balón xogado dende atrás, Torres, sublime coma sempre trataba regateba para buscar a diagonal que habilitase a Rául,Brais ou Adrián, pero o pase quedaba sempre navengando nas diversas pozas que se fixeron no campo. Pedirlle a estes cativos ( de 8 anos ) que non xogasen a pelota por abaixo nesas condicións sería demasiado. Adrián tampouco podía desbordar con claridade pois, tras romper a cintura ó primeiro defensa, non podía arrancar en velocidade ó quedar a pelota frenada ca auga. Misma penalización para Brais que para nada podía explotar a súa velocidade. A pesar disto o Portas adinatouse no marcador, e mesmo puido levar o partido de non ser por dous balóns que quedaron parados na mesma liña de gol. Está claro que un equipo que aspira a ser campión debe saber xogar en todalas condicións e adaptarse ó medio, que por sorte ou por desgracia, en Galicia será moitas veces parecido a este. Pero personalmente prefiro un equipo fiel a un estilo que en condicións óptimas e salvo un descalabro será moi difícil de batir.
Partido atípico para os Benxamíns da C.D Portas que non puideron dominar de principio a fin como nos teñen (mal) acostumados. Diante, un rival da entidade do Rápido de Bahía facía presaxiar que non sería un partido fácil para os de Lino, pois ámbolos dous equipos compartían liderato xunto a outro histórico coma o Cruceiro C.F.
Un Portas moi enchufado e cunha efectividade do 100% no primeiro tempo poñíase cunha vantaxe de dous goles ós dez minutos ó transformar as dúas ocasións das que dispuxo. O equipo granate non era quen de dominar e cedeu a posesión do balón ós de Aldán para matar nas rapidísimas contras. Tamén o balón parado favoreceu ós de Lino, e Raúl transformaba dous libres directos dende fóra da área con sendos fogonazos ó máis puro estilo "folha seca" . Cero a catro para os de Portas, que materializaban as catro chegadas á portería rival das que dispuxeran ata o momento. Aínda así, a incomodidade do partido facíase patente tanto en xogadores coma en adestrador que para nada vía claro o resultado e é que os de Aldán estaban a bombardear a portería de David pero sen demasiada puntería. Ó borde do descanso, un despiste defensivo facía recurtar distancias ós branquiazuis.
No segundo tempo, Lino, a pesares da vantaxe, seguía ca súa arriscada aposta de xogar con so un defensa para tratar de sorprender nas contras cos rapidísimos Raúl, Brais e Adrián. Os dianteiros do Rápido aproveitaron esta situación e fóron os primeiros en adiantarse tras un despite colectivo (2-4). Na seguinte xogada, unhas mans de Torres "dubidosas cando menos" dentro da área, eran sinaladas como penalti. Tiñan os locais a posibilidade de recurtar distancias no marcador, e poñerse a un só gol do empate, pero o seu dianteiro enviaría fóra. Esta xogada sería clave, pois a sensación era que o Rápido non estaba tan lonxe de gañar o partido como amosaba o electrónico en Aldán.
De aquí ó final, sucederíanse ós goles dun e outro lado. A cada gol dos de Lino respondían os locais con outro (tres de falta directa) pero o Portas mantería sempre unha distancia de dous goles que lles permitía ós granates certa tranquilidade. Nos últimos instantes o Portas gozaría de dúas ocasións moi claras para sentenciar que nin Adrián nin Brais conseguiron marcar. Xa sobre o pitido final, bonita xogada de Adrián, que coma sempre cede para Brais que resolve con picardía batendo por baixo ó porteiro local.
Afianzan o liderato os benxamíns tras doblegar quizais a un dos rivais máis difíciles da categoría e superan unha nova proba demostrando que tamén son capaces de gañar practicando un fútbol diferente.
As expectativas postas nos benxamíns eran grandes tralas goleadas de pretempada, nas que pasaron a apisonadora sobre cada un dos seus rivais cedendo únicamente unhe derrota ante o Portero2000. E os
pequenos non decepcionaron, tras un dubitativo inicio de partido no que a pesares de chegar con claridade non conseguían materializar as súas ocasións, chegou o primeiro conseguido por Brais Torres cun forte disparo dende a frontal, o Alondras non baixou os brazos e non tardou en empatar nunha xogada desafortunada para o pequeno porteiro do Portas David. Aquí acabouse o partido para os de Cangas que vían como o espectacular tridente formado por Brais Sabarís, Adrián e Raúl rompían a súa defensa por todolos sitios. Se a isto sumamos as efectivas chegadas de Torres dende segunda liña (conseguiría tres goles) a goleada estaba asegurada. A pesares de o pequeno "killer" da área, Brais Sabarís non tiña un dos seus mellores días fallando máis do habitual, conseguía tres tantos. Completaban a conta goleadora Adrián, que mete menos goles porque asiste o 90% das xogadas que él mesmo podería transformar e Conde.
Un comentario final autocrítico. Ninguén e gustoso de perder e a todo o mundo gusta golear, pero unha vantaxe de máis de oito goles suponse suficiente como para entrar en polémicas absurdas tanto con árbitros coma cos rivais (sexan adestradores, afeccionados, delegados....) e menos nestas categorías, nas que adestradores e acompañantes dos pequenos, son ademáis disto, referentes para eles.