A CD PORTAS, RESPONDE
 

¿Canto costa a ficha de un xogador de cada sección do Club? ¿Que vai incluido no precio que se paga por cada unha delas (seguro médico, reconocimientos...)?
 
RESPOSTA:
A ficha dos xogadores constan de dous conceptos: Impreso e Mutualidade Deportiva.

1-Afeccionados: Impreso 3 €, Mutualidade 85,22 € . A Mutualidade cubre a atención médica, así como hospitalización e operacións. As mediciñas cando se é hospitalizado.

2-Xuvenis: Impreso 2 €, Mutualidade 35,28 € . A Mutualidade cubre a atención médica, así como hospitalización e operacións. As mediciñas cando se é hospitalizado.

3-Futbol-sala Feminino: Impreso 1 €, Mutualidade 50 € . A Mutualidade cubre a atención médica, así como hospitalización e operacións. As mediciñas cando se é hospitalizado.

4-Veteráns: Impreso 2 €, Non hai ningún tipo de Seguro médico.O futbol de veteráns está controlado por la asociación de futbolistas veteráns de Pontevedra, non é un organismo que pertenza a ningún organismo estatal como as  federacións nacionais ou autómicas.

5-Xadrez: Impreso 3 €, Mutualidade 1,50 € . A Mutualidade cubre a atención médica, así como hospitalización e operacións. As mediciñas cando se é hospitalizado.
 
Todas estas cuotas son aboadas polos clubes directamente a Mutualidade e sin comprobante do pago a FEGAFUT non tramita as Licencias Federativas Definitivas.

Dende fai varios anos non é necesario o recoñecemento médico, e cando era necesario facíano os médicos da Mutualidade.

 
 
¿Cales son os tres máximos goleadores da historia da CD Portas?
¿E cales son os tres xogadores que mais partidos xogaron ca camiseta do Portas?
RESPOSTA:
Contabilizados a 30-6-2006:
 
1- LINO MOURE 464 partidos de liga e 55 de Copa 519 partidos
2- MANOLO FRAGA 380 partidos de liga e 44 de Copa 424 partidos
3- JUAN CANCELA 368 partidos de liga e 40 de Copa 408 partidos
4- M. FUENTES 333 partidos de liga e 34 de Copa 367 partidos
5- PIRUCHO 325 partidos de liga e 27 de Copa 352 partidos

  En canto aos máximos goleadores os datos do club non están completos xa que en moitas actas os árbitros non marcaban os goles (sobre todo fai sete ou oito temporadas)
Contabilizados a 30-6-2006:

1- MANOLO FRAGA 223 goles en afeccionados
2- JUAN C. PARGA 115 goles en afeccionados
3- RUBEN FIGUEIRAS 103 goles en afeccionados
 

 
 
¿Cal foi a maior goleada que meteu o Portas en partido oficial?

 ¿Cal foi a maior goleada que recibiu tamén en partido oficial?

RESPOSTA:
Solo faltan por registrar los datos de los partidos de Aficionados de la Temporada 1964-1965, y algunos de las temporadas 1984-1985 y 1985-1986.

De los demás partidos oficiales del Club hay registros y de ellos resaltan las siguientes goleadas:

Temp/1961-1962 Portas(9)-Ribadumia(1) disputado en la Rapeira el 12 de Agosto de 1962
Temp/1962-1963 Portas(9)-Rianjo(1) disputado en la Rapeira el 16 de Junio de 1963
Temp/1996-1997 Portas(8)-Saiar(0) disputado en la Rapeira el 26 de Enero de 1997
Temp/1999-2000 Portas(9)-Arcade(0) disputado en la Rapeira el 19 de Marzo de 2000

De las goleadas destaca la recibida en Pontecaldelas en la Temporada 1993-1994 el día 12 de Junio de 1994 que finalizó con el resultado de:

 Pontecaldelas (7)-Portas (0)

 


 
¿Cobran primas os xogadores de 2ª autonomica da CD Portas?
¿Tuveron o ano pasado primas por gañar?
RESPOSTA:

Dende a temporada 2005-2006 (despois do descenso a 3ª Rexional) a C.D. PORTAS non gratifica aos seus xogadores e adestradores con primas por puntos ou adestramentos.

Solo os xogadores que non son de Portas ou dos Concellos limítrofes, gratificaos cunha axuda para desplazamentos a adestramentos e partidos.

Na temporada 2004-2005 e anteriores gratificábase aos xogadores con 6 euros por punto conquerido e con 3 euros por adestramento.

 


 
 
¿Cuanto cobran los arbitros y los linieres por arbitrar a todos los equipos del Portas?
RESPOSTA:
A tarifa arbitral da C.D. Portas por xornada (as arbitraxes nesta categorías páganse cando se xoga como local) está do seguinte xeito:
 
2ª Autonómica de Afeccionados (varía si é solo árbitro ou si trae linieres) 58,00x17=  986,00 €
1ª Autonómica de Xuvenis 41,80x15=  627,00 €
2ª División de Veteráns 45,00x19=  855,00 €
Liga Local de Futbol-sala Femenino. Liga e Copa 22,00x18=  396,00 €
Na sección de Xadrez non se pagan arbitraxes, fan os delegados                 =      0,00 €
Nas seccións de 2ª Autonómica e 1ª Provincial de xuvenis falta a Copa

Aproximadamente a C.D. Portas paga de arbitraxes por temporada a friolera de 3.000 €

 


 
 

 

¿Cáles foron os xojadores que disputaron mais partidos coa camiseta do Portas nas  categorías de Xuvenis, Cadetes, Infantis, Alevíns, Veterans, Futbol-sala Feminino e Xadrez?
RESPOSTA:

 
Na categoria de veteranos ata o 30-6-2006 foi Constante Ojea Blanco "Tino" 129 partidos
Na categoria de xuvenis ata o 30-6-2006 foi Brendan Villar Magariños 102 partidos
Na categoría de cadetes ata o 30-6-2006 foi Alberto Caamaño 66 partidos
Na categoria de infantis ata o 30-6-2006 foron Alberto Caamaño e Tito Alfonsin Rios 47 partidos
Na categoria de Alevins F-7 ata o 30-6-2006 foi Rubén Candal Ramos 50 partidos
Na categoria de Futbol sala Feminino ata 30-6-2006 foi Chus Landín Esperon 170 partidos
Na categoria de xadrez o calculo e mais dificil xa que se compite en liga e individual  
 

 


 
¿Por qué juegan siempre en casa los juveniles a las 10,30 de la mañana del domingo?
RESPOSTA:
O horario oficial dos partidos de xuvenis (sempre ten que ser o sábado  ou o domingo pola mañan, e nunca despois das 10,30 horas si hai un solo partido ou das 12 horas, si hai dous partidos nese campo, por mandato federativo) establecenos os clubes o comenzo da temporada no calendario oficial de partidos e  teñen a obligación de remitilo a FEGAFUT. Este horario solo pode ser modificado por causa maior e debe ser comunicado ao club rival con cinco días de antelación ao partido, e a FEGAFUT , o venres anterior a este plazo, e dicir, cun mínimo de 8 días. Por outra banda, a explicación de que se xogue o domingo pola mañán é que o campo de A Rapeira está ocupado os sábados polos veteráns do Portas ou por un equipo de Pontevedra ao que lle aluga o terreo de xogo nese horario para conquerir uns ingresos extra para o equipo que axudan a financiar as seccións inferiores. A asociación de veterans solo autoriza a xogar partidos o sábado, do contrario non se pode participar.  
 

Penso que casos de pais e fillos que xogaran na C.D. Portas hai varios, pero de avos e netos ¿hai algún?
¿Cántos casos hai de varios irmáns que xogaran no Portas? ¿e de xemelgos?
RESPOSTA:
1- En canto a casos de pais e fillos hai varios:

    Joaquín Vila (1961-1962)   e o seu fillo Rafa Vila (1983-1984)
    David Docampo(1961-62) e o seu fillo David Docampo(2003-2004)
    Manuel Martinez  "Barreira" (1961-1962) e o seu fillo Miguel Martinez Casal (1994-95)
    Elias Fontan Magariños (1983-84 e 2003-2004) e o seu fillo Alberto Fontán (2002-03)
    Manuel Villar(1983-1984)  e o seu fillo Brendan Villar (2003-2004)
    Fernando Villar(1983-84) e o seu fillo Dito Villar (2005-2006)
    José A. Villar(1983-84) e o seu fillo Jacobo Villar (2000-2001)
 
    Posiblemente quede algún caso mais por ahí
 
2- De casos avó e neto:

   Ata de agora solo está detectado o de Ricardo Melio "Zamora" (1963-1964) e o do seu neto
   Oscar Vazquez Melio(2006-2007
)
 
3- De casos de varios irmáns:
 
    Os irmáns Caldas Mosquera: Francisco, José Luis, Andrés e Joaquín
    Os irmáns Villar Barrán: José Antonio, Fernando Manuel e Miguel
 
4- Casos de xemelgos non hai ningún contabilizado no club.
 

 


 
¿Poderiase coñecer cantos foron os directivos do Portas na sua historia? ¿Cal foi o directivo que mais anos estivo na directiva do Portas? ¿Por qué non se abre unha votación para facerlle unha homenaxe a aquela persoa ou persoas que mais se destacaron pola defensa, promocion, continuidade, tanto como xogador como por directivo ou colaborador?
RESPOSTA:
Desde a  sua fundación, alá pola temporada 1961-1962 ata a actual temporada 2006-2007, a C.D. Portas tivo 85 directivos -segundo os boletíns remitidos a FEGAFUT e os libros de actas do club- que estiveron repartidos en  29 temporadas e presididas por 7 presidentes distintos. O listado de persoas que foron mais temporadas directivos é o seguinte:
 
1- Victor Estevez Casal 17 Temporadas
2- Olimpio Dafonte Fontán 17 Temporadas
3- Pablo Vázquez Muinelo 16 Temporadas
4- Saladino Quintela Garcia 16 Temporadas
5- Manuel Varela Blanco 16 Temporadas

Nota: As persoas que mais anos estiveron ligados ao Portas foron:
1- José Arturo Baños  con 19 temporadas ( xuvenil, afeccionado, veteráns, adestrador e directivo)
2- Pablo Vázquez con 18 temporadas (7 como presidente, 9 como coordenador xeral e 2 adestrador)

 

 


 
¿CANTOS XOGADORES DA CD.PORTAS RECIBIRON OFERTAS DE CLUBES IMPORTANTES, DE CATEGORIAS SUPERIORES? ¿QUENES FORON ESES XOGADORES? ¿OS CLUBES?
¿ALGUN DOS XOGADORES ACEPTOU A OFERTA?
¿ALGUN CHEGOU A TRIUNFAR OU VIVIR DO FÚTBOL?
RESPOSTA:

Polos datos que manexa o club, xogaron en categoria Nacional os seguintes xogadores:

JUANIN porteiro da temporada 1962/63 que xogou no Marin, Pontevedres e S.D. Compostela (neste equipo foi profesional varias temporadas)

CAEIRO e MEDAL que xogaron no Alondras e Bueu en Terceira Division.

Tamen VILA foi fichado polo Arosa na temporada 1963/1964. 

Nos ultimos anos, xogaron MARCOS BALDOMERO no Celtiga, CAMACHO no Flavia, LINO no BOIRO e VISTA ALEGRE  e foi pretendido polo Lalin pero non quixo ir por considerar a compensacion económica insuficiente e quedouse no Portas.  

MANOLO FRAGA que foi pretendido por varios equipos de Preferennte e Terceira Division e que foi traspasado ao CELTIGA  pero non quixo aceptar por motivos persoais.

De todos eles o club solo recibeu unha pequena cantidade polo traspaso de CAMACHO ao ULLA S.D. ala pola temporada 1990/1991.


 
 

Sr. Coordinador del Club, podría vd. confirmar si en esta foto de la temporada 1962-62 lo que están viendo nuestros ojos, es a nuestro equipo vestido con una equipación que podría ser  la del Barça, una muy parecida, o es, simplemente, que la calidad de la foto hace que parece lo que no es.

Mire vd. bien la respuesta, porque se puede dar el caso de que si confirma que la CD Portas vistió los colores del Barcelona en algún momento, una parte significativa de nuestra afición, se pase al Romai... Hay cosas que la gente no podría soportar...

Y ya que estamos, ¿podría decirnos cuales son los colores oficiales de la CD Portas?


RESPOSTA:
En canto ao tema da foto a explicación é a seguinte:

Esta fotografía foi aportada ao club polo xogador Juanín (Porteiro, posiblemente o único xogador do Portas que foi profesional, xogou no Pontevedrés, Marín e moitos anos na S.D. Compostela, xogou na C.D. Portas na temporada 1962-1963) no ano 2004, no xantar de fin de temporada, ao que asistiron convidados tódolos xogadores da temporada 62-63, e esta foto foi realizada polo fotógrafo Ferrazo de Vilagarcía. Parece se que as cores orixinais da foto son azul e blanco, segundo as manifestacións dos xogadores desa época, a fotografía esra en blanco e negro, xa que nesa época non existián as fotos en color - o que se facía era como un tinte que permitía unha vez feita a fotografía trocar algunhas cores e parece ser que esto foi o que ocurriu, xa que tamén pasou coa camiseta do porteiro que na foto aparece amarela e non era desa cor- non obstante como o comercio de fotografía Ferrazo en Vilagarcía ainda existe, se o interés é moito poderíase atopar alí mais información. Tamén daquela a C.D. Portas vestía xeralmente de azul e blanco a listas verticais ou camiseta  vermella.
 
En canto a pregunta de ¿cáles son as cores oficiais da C. D. Portas?

Na actualidade as cores oficiais da C.D. Portas son : camiseta granate, pantalón azul marino e medias granates con listas azules, para as seccións de Afeccionados, xuvenis e futbol sala. Na sección de Veteráns, as cores son camiseta azul celeste, pantalón azul marino e medias  azul marino, este troco é por razóns comerciais. As cores oficiais do club podense trocar tódalas temporadas a inicio da mesma.
 

 

 

Unha de reglamento. Dado que podería darse o caso, ¿qué pasaría si un xogador lograse un gol directo de saque de banda sin que tocase o balón nadie? ¿sería válido ese gol? ¿A qué distancia debe estar o contrario mais cercano que intente obstaculizar ese saque de banda?
RESPOSTA:

Atendonos á pregunta, a contestación regulamentaria é que cando un xogador introduce o balón nunha das duas porterías de saque directo de banda (non é tocado o balón por ningún xogador, xa sexa atacante ou defensor) o árbitro decretará saque de portería si se introduce na contraria e saque de esquina si se introduce na propia. En canto ás anecdotas, é certo que nun partido na Rapeira se produxo unha xogada de Piru, que nun potente saque de banda introduxo o balón na portería contraria e o árbitro aplicando perfectamente o regulamento concedeu saque de portería. Noutro partido de 2ª Rexional, creo que co Chispa no ano 1994, Milo Aldrey (xogador dos Veteranos na actualidade), dende mais lonxe, introduxo o balón na portería contraria e o árbitro nun claro erro concedeu o gol, pero na sua disculpa está que o árbitro interpretou que o balón fora tocado por un defensor, ainda que ao remate do partido os xogadores atacantes do Portas recoñeceron que o balón non foi tocado por nadie.

En canto a segunda pregunta, o regulamento non manifesta ningún tipo de distancia, o mesmo que ocurre nos libres directos e indirectos, o que si manifesta claramente é que non se pode é interrumpir o saque rápido destas faltas, así como nos saques de esquina, centro e banda. Nos saques de esquina, centro e penalti, as zonas xa están delimitadas por unhas lineas marcadas no campo como son os semicirculos das areas, o círculo central e unhas pequenas lineas que hai fora do campo nas lineas de fondo a 9,15 m. da linea de saque de esquina. No saque de banda e nos saques de faltas, non existen estas lineas e polo tanto queda a interpretación do árbitro, que pode interpretar que o equipo infractor interrumpe antirregulamentariamente o saque e deberá sancionar coa repetición e unha tarxeta amarela.

Unha recomendación que o Colexio de árbitros da aos seus colexiados é que o xogador contrario se situe a dous ou tres metros como mínimo para evitar que o equipo que saca a falta poida empregar a picaresca de golpear o balón contra o contrario e así conquerir a repetición e o que é mais importante a sanción disciplinaria dunha tarxeta amarela.

En canto a anecdota de Piru nun partido co Cuntis, na que nun saque de banda, foi un claro erro do colexiado, que interpretou como unha agresión o saque de Piru, confundindo a aplicación do regulamento, pois no acta redactou literalmente como se efectou  a xogada. O Recurso foi moi fácil, e ainda que nun  principio o Subcomité de Competición - nun erro clamoroso- sancionou a Piru con CATRO partidos por agresión, 7 días despois o Comité de Apelación, aceptou o recurso do club e suspendeu a sanción. Como ocurre nestos casos, no futbol rexional os comités de apelación xuntanse sete días despois e non existe a suspensión cautelar das sancións, si existe a suspensión cautelar de xogadores (que é o contrario, é dicir, un xogador pode ser suspendido cautelarmente polo Comité de Competición sin que esté cerrado o Expediente disciplinario aberto, é quere dicir, que non pode xogar namentres o Comite non estableza a sanción). O mesmo ocurreu este ano con Dani no partido do Caldas, foi expulsado polo Colexiado, nun erro de aplicación do regulamento, cando interpretou a palabra "gilipollas" COMO UN INSULTO GRAVE, cando o Regulamento a interpreta como mofa, desconsideración, etc, e a sua sanción disciplinaria no campo é de tarxeta amarela non vermella.

Tamén foi aceptado o recurso do club e solo lle foi imposta unha tarxeta amarela (como Dani xa tiña catro tarxetas amarelas por acumulación de tarxetas foi sancionado cun partido e por eso non puido estar diaponible para xogar en Faxilde).

 


 
¿Cántos xogadores xuvenis pode ter fichados un equipo que solo compite na categoría de afeccionados 1ª, 2ª ou 3ª Autonómica?
RESPOSTA:
Depende das Federacións Territoriais (de cada Autonomía). Na FEGAFUT (Federación Galega de Futbol) a norma é a seguinte:


Un equipo de 1ª, 2ª ou 3ª Autonómica que solo compita na categoría de Afeccionados (que non teña Xuvenis competindo) solo poderá ter  DUAS licencias de XUVENIS, cando o Concello ao que pertenece o equipo ten un censo superior a 10.000 habitantes, e poderá ter CATRO Xuvenis cando o censo sexa inferior a 10.000 habitantes (é necesario remitir a federación unha certificación oficial do censo municipal do Concello no que este asentado o equipo).

Por outra banda, e esto é moi importante, a FEGAFUT non admite que un xogador en edade Xuvenil poida ter licencia de Afeccionado ainda que teña os 18 anos cumpridos. Dende fai varios anos, as categorías determinanse por ano natural, dende 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, non é como era antiguamente, que eran ainda xuvenis os que cumprian os dezaoito anos a partires do día un de agosto. Tampouco a FEGAFUT tramita as licencias dos xogadores que sendo dunha categoría dilixencian  licencia por outra categoría. Si eres xuvenil solo podes dilixenciar licencia de xuvenil, e se o fas mal a culpa é tua ainda que che remita a FEGAFUT a licencia provisional.

No obstante hai que reseñar, que nas Federacións Territoriais de Castela-A Mancha e Valencia, o número de xogadores  xuvenis permitidos é de seis, pero non poden estar mais de cinco nun partido de afeccionados xa que a norma da competición de afeccionados esixe que alomenos esten disputando o encontro de afeccionados seis xogadores desa categoría.

 


¿Pode un afeccionado pitar un partido de futbol ante a ausencia do árbitro?
RESPOSTA:

O Regulamento da Real F.E.F. contempla que un afeccionado poida arbitrar un encontro sempre que o árbitro fose designado e que por causas alleas aos contendentes non se presentase a dirixir o encontro transcurridos 30 minutos do horario oficial marcada para dito encontro si en ese campo solo se disputaba  o citado encontro e de 10 minutos si no mesmo campo estaba nomeado outro partido a continuación. Por outra banda, o regulamento establece que para poder levarse a cabo esta situación de que un afeccionado dirixise un encontro deberán cumplirse as seguintes condicións:

1- Que os delegados dos dous equipos esten de acordo no afeccionado designado.

2- Que se confeccione unha acta parecida á arbitral na que se relacionarán os xogadores inscritos dos dous equipos para a disputa do encontro, se refrexen os trocos así como todas aquelas incidencias que se considere oportuno.

3- Terá que ser asinada polos dous Delegados, o afeccionado-árbitro e polos dous capitáns.

4- Será remitida ao Subcomite de Competición da Delagación da FEGAFUT na que se disputou o encontro.


 
En segunda autonómica ¿cuántos jugadores pueden figurar en el acta y sentarse en el banquillo? ¿cuántos cambios se pueden hacer en un partido? ¿qué personas, aparte de los jugadores, pueden estar en el banquillo? 

¿Y en el caso de los juveniles?

RESPOSTA:

Nas categorías rexionais, agora denominadas Autonómicas, tanto nas categorías de Afeccionados, xuvenis, cadetes, infantis, alevíns e benxamins, podense efectuar 5 trocos durante o partido, é dicir, todolos xogadores que aparecen no acta (16) poden xogar. No banquiño de suplentes podense sentar varias persoas, adestrador, auxiliares, masaxistas, médico e delegado, pero a condición indispensabel  é que todas elas esten debidamente identificados, xa sexa pola correspondente licencia federativa (ficha) ou polo D.N.I