Excesiva derrota para un equipo que mereceu máis, que opuxo máis resistencia que a que amosa o marcador, pendo que sendo realistas nada tiña que facer ante un equipo moi superior ,tecnica,táctica e fisicamente, que ademáis se proclamou campión de liga e que xogará a fase final do campionato autonómico alevín ante o Calasancio.
A pesares de saír moi metidos no partido, os granates pouco aguantaron as acometidas rivais que querían sentenciar o partido canto antes. Nunha ocasión quizaís non das máis claras, un disparo dende a frontal sen excesiva potencia cólase entre as pernas se Simón para establecer o 1-0. O Portas seguíu metido no partido , pero non era quen de crear excesivo perigo os pequenos da capital que combinaban boas paredes que Simón ou a defensa conseguían desbaratar. A pesares das boas combinacións, o Salgueiriños so conseguía marcar con disparos lonxanos, donde a fortuna lles sonrría os campións, pois o disparo do segundo gol que dende o pico da área e case sen espazo limpa as teas de araña da escadra do segundo pau non sei cantas veces podería ser repetido nas mesmas condicións. Para o terceiro aliáronse de novo a fortuna e o despiste defensivo granate, no que Diego xogando de dianteiro se olvida de perseguir o defensor local que remata en velocidade dende a frontal un córner....zambombazo ante o que Simón so pode coller o balón do fondo da rede. Demasiado castigo para o Portas que vía como sen causar demasido perigo,os locais gañaban por catro a cero, distancia que recurtaría Fran nunha boa xogada antes do descanso.
No segundo tempo e tras uns retoques tácticos, o partido foi outro, cun equipo moito máis sólido en defensa, con Fran e Álex xunto á seguridade de Simón en portería o Portas podía construir as xogadas dende atrás. No mediocampo un nome propio: Adrián, sensacional o benxamín que para nada se amilanou ante a superioridade física dos locais os que trouxo de cabeza cos seus quiebros e regates. Con estas posicións fixas e permutando as bandas e a punta de ataque con todolos xogadores dispoñibles o Portas dominou 20 dos 30 minutos dos que consta un tempo.... ¿que faltou? o de sempre, op que esta tempada fixo que o equipo non pelexase máis arriba, que impediu non pasar da primeira ronda na Arosa F7.... o gol. Negados ante o obxectivo deste deporte os pequenos non conseguían acurtar distancias a pesares de dominar e impedir as chegadas dos locais. No minuto 20 entraba David o xoven porteiro Benxamín que debutada tamén na categoría inmediatamente superior. O Salgueiriños vista a altura do pequeno, botou man de novo dos disparos lonxanos. Nos dous primeiros o pequeno arqueiro, nervioso e frío á vez non puido maís que recoller o esférico do fondo das mallas, pero unha vez entrou no partido, deleitounos con 5 ou 6 intervencións sensacionais de todo un veterano da categoría.
Finalmente unha derrota xusta, pero excesiva, que deixa os de Pontevedra campións e o Portas na metade da clasificación sin posibilidade de mellorar nin empeorar a falta do partido aprazado ante o Arcade que cerrará a presente tempada ligueira.
Menos goles, porque a pesares de que a derrota foi merecida, quizáis demasiado abultada para o visto no campo. O Portas realizou uns primeiros 15 minutos moi bos se comparamos co descalabro visto a pasada semana en A Rapeira. Cabe dicir que o listón non estaba moi alto. Un despiste defensivo propiciou que o Portero 2000 se adiantase e o Portas deixara de crer un pouco na victoria.
Sen pólvora arriba, o Portas trataba de recuperar o fútbol de finais da tempada pasada e principios desta, do que nestes momentos está moi lonxe. A recuperación de Álex en defensa xunto a un soberbio Simón propiciaban que os locais non aumentaran a súa renda goleadora pero o Portas tampouco inquietaba ós locais. Cinco minutos nos que os xogadores granates perderon a concentración foron suficientes para que os de Urbano sentenciasen o encontro. Álex cun disparo lonxano recurtaba distancias. E co marcador de 4-1 chegábase ó descanso.
No segundo tempo as cousas non cambiaban demasiado e o Portas non conseguía xogar co criterio que se lle esperaba esta tempada. Pero o partido era bonito, pois quizáis o Portero 2000 é un dos únicos equipos que trata de xogar ó futbol ó igual que o Portas, non abusa do pelotazo e intenta salir co balón xogado dende atrás. Miguel permutaba os dianteiros cos dous únicos suplentes, pero os resultados non melloraban. Aínda así, e tras unha bonita xogada Diego volvía acercar o marcador ó conseguir o segundo para o Portas, pero o Portero non daba tregua e volvía marcar dous goles consecutivos que fundian finalmente ós visitantes.
Quizáis o parón de Nadal, quizáis as baixas....pero a realidade é que os alevíns non dan arrancado, nin rinden ó nivel que se esperaba na segunda tempada na categoría. Están consolidados na metade da clasificación, pero non conseguiron vencer a ningún dos rivais que o preceden na táboa. Esperemos que a continuidade de partidos de aquí a final de tempada propicien que o fútbol volva ás botas dos pequenos alevíns de Miguel.
Poderiamos falar das baixas, do terreo de xogo.... de moitas cousas pero sería aliarse en elementos externos que influen no resultado final en moito menor medida que intentar facer as cousas ben. Ademáis isto non debe ser excusa cando se conta nas filas do equipo cos máximos goleadores das categorías alevín e benxamín da C.D Portas con máis de 30 goles no seu haber. E é que hoxe non se fixeron ben as cousas. Partido malo, dos peores que vin no que vai de tempada. Nin un so achegamento á portería contraria a probar a un porteiro do que non sabemos a calidade pero sí a altura, e era baixo.
A realidade é que dos catro partidos nos que o Portas saíu derrotado esta tempada en tres o equipo non foi dirixido polo seu adestrador. ¿Casualidade? Podería ser en un, dous....pero en tres comeza a ser unha dinámica perigosa. No seu favor, que dous foron en campo de terra. Só unha victoria avala ó equipo en campo de terra, ante o Cotobade.
Xogadores apáticos, desordenados, xogando ó patadón, facendo cousas prohibidas no sistema habitual de xogo (sacar de portería en longo cara o medio) foron habituais do partido
No primeiro tempo só houbo un equipo sobre o campo e vestía de azul e branco. Intentouno de todalas maneiras posibles e finalmente acabou atopándose cun balón rexeitado por Simón que ningún xogador visitante vai a defender e o dianterio local envía ó fondo da rede. Do Portas poucas noticias neste primeiro tempo.
No segundo tempo as cousas non variaron demasiado, sí que o Portas o intentou un pouco máis, pero sen demasiada convicción nin sentido. O segundo tanto dos locais, tras un erro garrafal do conxunto granate que saca de portería cara o medio entregándolle o balón ó dianteiro branquiazul, fixo demasiado dano nun equipo que xa non cría demasiado na remontada e tirou a toalla totalmente. O único aproveitable foron os dez últimos minutos nos que o equipo recordou un pouco ó de xornadas pasadas, tocando o balón, xogando por banda e chegando con "certo" perigo, eso sí, a costa dun Monteporreiro xa fundido que non atacaba e únicamente trataba de aguantar o resultado ata o final do encontro.
O Portas deixou escapar unha oportunidade de engancharse ós equipos que pelexarán por copar as posicións altas da táboa, e o que é peor, deixou unha imaxe moi distante da dos últimos encontros que debe ser olvidada canto antes. E que mellor oportunidade que o domingo en A Rapeira ante o Salgueiriños, que visita Portas como líder invicto da categoría.
Once a un, rematu o primeiro encontro xogado a tempada pasada ante a o Figueirido. Por cero a tres perderon os pupilos de Miguel na volta en a Rapeira. Nada máis ca un empate nos puideron rescatar no partido de copa disputado en Figueirido e por fin o Figueirdo sucumbíu ante un Portas que pelexou ata que non puido máis baixo o diluvio caído no municipal de A Rapeira. Está claro que o Figueirido deste ano non é o da tempada pasada e así o amosa a clasificación, pero non podemos perder de vista que este equipo envía a dous dos seus xogadores á selección de Pontevedra alevín.
Media hora antes do inicio do partido o campo (piscina) estaba impracticable, a vontade de membros da C.D Portas que achicaron auga nas zonas máis complicadas e a recesión da choiva fixo que finalmente se puidese disputar o encontro. O Portas na liña dos últimos partidos comezou moi enchufado, buscando o gol o antes posible. Moi serio atrás con Alberto e Álex seguros en cada corte e arrancando ca pelota xogada, sin un pelotazo a pesares do difícil do terreo de xogo. Unha bonita combinación dos granates remata cunha falta ó borde da área que bota Alberto para que Gabri remate soberbio de cabeza no segundo pau. Nada máis sacar de centro o Figueirido os dianteiros do Portas xa estaban tratando de recuperar a pelota, sen ceder un metro, sen deixar respirar ós visitantes, anticipando todolos balóns en mediocampo e gañando a maioría. Tras unha destas recuperacións de Fran, que volveu mover o equipo en ataque ás mil marabillas foi obxecto de falta. De novo bota Alberto, e Roi, no papel do máis listo da clase, aproveita o rexeite do porteiro para enviar de novo ó fondo da rede. O Portas seguía desbordando unha e outra vez por banda pero os centros non atopaban rematador e cando o facían non se dirixían á meta rival. O Figueirido nunha das escasas ocasións das que dispuxo e tras unha bonita xogada plantouse ante Simón que dubidou na saída, provocando un barullo na área aproveitado polo xogador do Figueirido para disoparar e que Manuel detén ca man baixo paus. Penalti sen discusión e cartón amarelo para para o pequeno. O Figueirido tranforma e con este resulñtado chégase ó descanso.
No segundo tempo a choiva non sería tan benevolente coma na primeira parte e descargaría con forza sobre o céspede que pouco a pouco se ía encharcando e facendo cada vez máis pesado. O Portas fiel ó seu estilo trataba de xogar igualmente o esférico, pero o campo xa estaba imposible para este fútbol. Diego tería unha gran ocasión que el mesmo fabricaba e culminaba cun forte disparo que se marchaba desviado por moi pouco. Máis clara sería a de Fran que unha vez regateado ó porteiro e ca meta baleira non é quen de marcar o quedar o balón parado nun charco. Nos últimos dez minutos o fútbol desapareceu, pois era imposible mover o balón por baixo e ambolos dous equipos se adicaron a enviar a pelota o máis lonxe posible da súa portería, un buscando unha xogada perigosa que lles dese o empate e outro tratando de alonxar este perigo.
Os alevíns da C.D Portas volverán a xogar o martes pola mañá no horario habitual 11'45h ante o Pontevedra C.F o partido correspondente á xornada 16 (primeiro da segunda volta) que se adianta a este martes.
A pesares do pinchazo da semana pasada ante o segundo clasificado da liga, pero facendo moi bo papel, a traxectoria dos alevíns viña en ascenso, e non podía ser no fortín de A Rapeira no que só perderon un partido donde esa traxectoria se truncase.
O fútbol so o poñería un equipo, a C.D Portas, pero esta superioridade futbolística non se traducíu en resultados e os locais pasaron apuros ata o tramo final do encontro. No primeiro tempo o Portas que contaba ca baixa por lesión de Álex (que disputara ata o momento todolos minutos de liga) dominaba na zona de mediocampo. De novo Fran encargábase de manexar o equipo, pero os dianteiros, lentos e apáticos apenas crearon ocasións de perigo. Serían unicamente disparos lonxanos os que inquietaban a portería visitante. Cando parecía que se chegaría ó descanso co resultado inicial, un córner a favor do Salcedo era aproveitado polo Portas para montar unha contra de libro levada a cabo por Fran e executada con maestría por Roi sobre o pitido final que sinalaba o tempo de recuperación.
No segundo tempo, o Portas non comezou tan enchufado, a pesar diso poñería terra de por medio ó conseguir Fran un gol de garra. Arranca de mediocampo en velocidade, é derrubado na frontal nunha clamorosa falta, pero en vez de quedarse tirado, aproveita a inercia para levántarse rápidamente e batir ó porteiro por baixo. Parecía que o partido estaba resolto, o Portas botouse a durmir e nun abrir e pechar de ollos, en dúas xogadas moi parecidas (dous saques de banda a favor dos locais ) vía como o marcador se situaba nun 2-2 que non facía xustiza ó visto no campo. Tras uns momentos de incertidumbre e precipitación o Portas volveu tomar o pulso do partido. O balón volvía a saír xogado dende a defensa e as ocasións sucedíanse ata que chegaba o gol da "relativa" tranquilidade. A partires de ahí o Portas tería máis ocasións de adiantarse e conseguiríao por dúas veces. Puideron recurtar os visitantes, pero coma sempre un atento Simón que mesmo se mancou nun brazo evitaron o que houbera sido inxusto.
Practicamente todo o equipo rendíu a un gran nivel, pero cabe destacar Alberto, que pouco a pouco se foi facendo un oco entre os sete de inicio progresando en cada partido, e que neste en concreto rendíu a un gran nivel. Resolveu con eficacia totalas xogadas complicadas en defensa e mesmo envíou un libre directo ó pau que a posteriori remataba en gol de Roi. Esperamos que esta progresión continúe ata o final de liga.
A pesares dos últimos resultados positivos, facía xa varias xornadas que os de Miguel non xogaban un bo partido practicamente de principio a fin. Parecía que hoxe tampouco sería o día, pois ós dez minutos o resultado era de 0-2 para os de Arcade e cun Portas que estaba a dar todalas facilidades para que os azuis ampliasen a vantaxe. Nese momento, os pequenos cambiaban o chip e empezaban a xogar o fútbol como
se lles trata de ensinar, tratando ben a pelota e movendo con moito criterio. Fran botouse o equipo ás espaldas e foi secundado por todolos compañeiros que puxeron unha marcha máis impedindo toda saída de balón dos de Arcade. Froito desta presión, os locais conseguían o empate en cinco minutos tras dous roubos na saída de balón dos visitantes. Sería Gabriel o único que non entraba aínda no partido e sería substituido por Iván, pasando Roi a ocupar a punta de ataque. Co empate chegábase ó descanso, recibindo como única consigna a necesidade de tocar e tocar....Os goles chegarán sos.
Entraban Álexander e Diego, que se acoplaban perfectamente ó bloque. O pequeno deixaba todolos medos no banquiño e desbordaba con calidade poñendo centros moi perigosos na área visitante. Tras dous ensaios, o terceiro atopaba a Diego, moi ben colocado, que bate o porteiro por baixo. Especialmente activa estaba a liña de mediocampo: Alberto, Fran e Manuel entendíanse á perfección. Con pases diagonais en profundidade, paredes e desborde por banda os granates acosaban ó Arcade que unicamente buscaba en longo ó seu rapidísimo dianteiro. Alberto, que hoxe realizaba moi bo partido tanto en defensa coma en ataque, conseguía o cuarto. A pesares da superioridade, o Portas segue a pecar de encaixar moitos goles. Demasiado preocupados por golear, faltaron axudas en defensa e Iván era superado polo velocísimo dianteiro visitante en dúas ocasións que remataban en gol neutralizando sendos goles do dos locais.
Nos minutos finais, entraba de novo Gabri, que a pesares de estar moi lonxe do dianteiro que a tempada pasada goleaba por doquier, marcou dous goles dos que nos tiña acostumados. Un de excelsa calidade, culminando unha contra perfecta cunha vistosa vaselina. Outro de pillo, roubando na saída de balón e encarando portería con decisión. Esperamos que sexa o rexurdir dun xogador que atesoura moita calidade.
A última vez que os alevíns realizaron un encontro parecido foi no primeiro partido da tempada. Oito partidos houbo que esperar para ver un conxunto parecido a aquel. Quizais a relaxación dun equipo que pensou que o camiño sería fácil tivo moito que ver. Esperamos non ter que esperar outros tantos e que todo o mundo siga a esforzarse en cada adestramento. Só con pensar nos goles encaixados, ou na execución dos córners....compróbase que aínda hai moito que traballar
O Portas encadenou a súa segunda victoria consecutiva tras un inicio de tempada dubitativo. A pesares da victoria, os locais non xogaron para nada un bo partido, que de rendir a un mínimo nivel e sempre sen mesnopreciar ó rival debería haber acabado cunha goleada local.
O Portas, segue sen atopar o nivel de xogo co que enamoraba no final da tempada pasada e acusa a falta de pólvora arriba que trala marcha dos Benxamíns para o seu equipo, o baixo rendemento que está a ter Gabriel neste inicio de tempada e a falta de forma do recén incorporado Roi, propician que unicamente 7 goles dos 19 conseguidos no que vai de tempada fosen de xogadores Alevíns. O sábado tería que ser Fran que unicamente lograba batir a portería rival de falta directa. O Soutomaior a pesares de non acosar a portería de Simón, que sería o mellor do partido con tres ou catro accións determinantes, tería ocasións para levar o partido sobretodo nos minutos finais nos que os locais daban por bo o resultado.
Esperamos que estas dúas victorias animaran o equipo e se liberen da presión que xera a necesidade de gañar para que comecen a xogar o fútbol, fútbol que o ano pasado no tramo final da liga plantou cara ós equipos máis fortes da categoría.
Mal partido dos Alevíns que tralo espellismo do primeiro partido en Pontevedra, están a rendir a un nivel moi por debaixo do esperado para estes rapaces, case todos de último ano desta categoría. O partido de onte, ante o colista da categoría, foi quizais o peor da tempda a pesares de haber conseguido os tres puntos. O Portas con todolos seus efectivos e os reforzos dos Alevíns Brais e Adrián que a posteriori serían os que sacarían o partido adiante non era quen de doblegar a un rival que tiña como único recurso a fortaleza física (en ocasións excesiva para as categorías nas que estamos), que nin sequera trataban de mover o balón, e que sacaban o balón dende a defensa cun desprazamento longo de punteira a donde caise. A pesares do antifútbol plantexado polos de Marcón , o Portas que debería haber chegado ó descanso cunha renda de polos menos tres goles, non so non gañaba senón que caía pola mínima.
Miguel probou varias configuracións para o equipo, pero ningunha delas facía variar o ridículo que por momentos se estaba a ver no campo, con xogadores desganados, despistados e totalmente faltos da actitude gañadora que para este equipo se espera.
No segundo tempo as cousas non variaban significativamente, e cada xogada, cada córner, cada falta... parecía unha improvisación impropia duns rapaces que están a adestrar tres días á semana e que teñen a sorte de que alguén lles ensine como sacar o balón xogado, como se da un pase co interior ou que a punteira é un recurso de xogadores moi mediocres....todo isto parecía caer en saco roto para deseperación dos seus adestradores ante o visto no terreo de xogo.
Nos últimos minutos, tras un último intento de Miguelito por reconducir a situación e probando a derradeira configuración con artillería pesada: Álex en defensa e toda a pólvora arriba (Fran, Roi, Adrián, Brais e Gabriel) un halo dese equipo que hai un mes deslumbraba en A Xunqueira a propios e alleos parecía merodear por Marcón e o Portas comezaba a xogar algo ó fútbol. Sería nestes intres (a falta de 15 minutos) cando o equipo conseguía os goles que lle daban a volta o marcador colleitando os tres puntos, que a pesares do mal partido dos granates non cabe duda de que era o resultado máis xusto a tenor do visto no terreo de xogo.
Os números non enganan, dos 18 goles a favor do Portas, 12 fóron conseguidos por xogadores benxamíns que a partir desta xornada non volverán xogar co equipo alevín posto que comezan a súa liga. Non cabe dubida de que o equipo perderá calidade e gol, pero esperamos unha reacción dos alevíns que quizais estivesen asentados nunha actitude de.....non pasa nada agora salen Brais e Adrián e resolven isto. Veremos como evoluciona o equipo sen os dous pequenos cracks. Tamén seguiremos a evolución destes xogadores no seu equipo.
Partido trepidante dos Alevíns, con moitos goles e alternativas para un e outro equipo que finalmente lle deron a victoria os de Urbano e situan ó Portas nunha posición quen para nada fai xustiza ó xogo desplegado polos de Miguel neste inicio de tempada.
Os locais comezaron moi enchufados no partido e non tardaron en conseguir o primeiro gol de bonita factura que Alberto resolva nun man a man co porteiro de Pontevedra axustándolla ó pau esquerdo. O Portas seguía a presionar e o Portero2000 de momento non inquietaba a Simón, noutra xogada elaborada dos granates, Manuel, moi listo coma sempre, espera no segundo pau un centro dende a banda esquerda, que libre de marca envía ó fondo da rede. A partir do segundo gol o equipo relaxouse e deixou de xogar o fútbol de toque que marea os rivais e os deixa sen opcións, a consecuencia é que os visitantes empezaron a acosar a Simón que tivo as primeiras xogadas de perigo en accións dos propios compañeiros. O empate dos celestes chegou en 5 minutos, un erro defensivo e un fallo na salida de balón de Simón penalizaban (excesivamente se cabe) os locais cun empate que se transformaría no 2-3 co que se chegaba ó descanso minutos máis tarde.
Na segunda parte, loucura absoluta cun partido de ida e volta que non aseguraba a victoria para ningún dos dous equipos. Ata 2-5 chegaron a estar os de Pontevedra nun resultado que parecía definitivo, pero que no que en termos televisivos se chamaría o minuto de ouro neutralizarían os locais con dous goles do Benxamín Brais Sabarís de "Total Killer" poñendo un 4-5 que inquietaba ós de Urbano. Do posible empate que Brais fallou non man a man co porteiro chegaba o 6-4 que volvía parecer definitivo, pero que o Portas volvería recurtar nunha xogada de tiki-taka iniciada por Fran que mete o pase interior para Brais. este deixa pasar o segundo pau no que Raúl (outro benxamín) fusila ó porteiro visitante. O 5-7 definitivo sería xa conecuencia dun equipo totalmente volcado ó ataque no que a xa de por si feble defensa deixou de existir.
Deste inicio ligueiro xa se poden ir extraendo conclusións, e é que o equipo local, sendo un dos máis goleadores da categoría é tamén un dos máis goelados recibindo unha media de 3 goles por partido. E é que a defensa granate de momento está moi insegura sobre toda nas xogadas de contraataque.No seu favor, que a saída de balón, un dos cabalos de batalla da tempada pasada comeza a ser máis fluída e con menos erros (no partido de onte, so un dos sete goles encaixados se debeu a unha mala saída de balón)
Quedan moitos aspectos a mellorar, pero a miña opinión é que o camiño é o correcto, sendo quizais demasiado inxustos os resultados que están a colleitar os Alevíns, desplegando un fútbol que merece máis. Non pasamos por alto a sobrasainte actuación a que xa nos empezan a ter mal acostumados dos Benxamíns adrián Brais e Raúl.
Probabelmente nin a semana pasada ante o Pontevedra C.F os cativos da C.D Portas eran tan bos, nin hoxe trala goleada recibida ante a A.C.D A Seca eran tan malos, simplemente as cousas na súa xusta medida. Quero comezar a crítica deste encontro pola autocrítica, asumindo parte da culpa das expectativas creadas a propios e alleos dende estas liñas na crónica da pasada fin de semana e contribuíndo a que os pequenos "se subisen á parra" durante toda a semana.
En canto ó encontro, non veu a ser máis que o fiel reflexo do traballo dos adestramentos da semana, alto grao de pasotismo e autocomplacencia polo gran papel feito a pasada fin de semana (ó que non queremos restar ningún mérito, pero que xa é historia) A pesares da charla previa na que os adestradores trataron de baixar á realidade ós cativos, serían os goles encaixados os que se encargarían de transformar estas palabras en feitos. Oito nada máis e nada menos. Tras unha primeira parte na que os locais a pesares de non realizar nin a metade do xogo que saben facer, chegaron ó descanso perdendo pola mínima, tralo gol de Adrián que recurtaba distancias anotando o 1-2. O ridículo espantoso chegaría no segundo tempo. Despois duns minutos iniciais nos que ningún dos dous equipos conseguía o dominio do esférico, pasando o encontro por unha fase fea, sen elaboración e "ó patadón" pero nos que o rival conseguía anotar dous goles.
Nos 10 últimos minutos, debacle total, como se da primeira vez que xogaban xuntos se tratase, sen posesión de balón, nin unha soa xogada elaborada, pases en horizontal en defensa (todos rematando en gol), xogo ó patadón....Resultado 8 goles encaixados que a pesares da envergadura dos rivais, que para nada é excusa, estableceron a dose de humildade que os cativos e técnicos necesitaban despois da euforia desatada hai 7 días. Mañá adestramento para tratar de encauzar o que esperemos que sexa unha anécdota para recordar a final de tempada.
Tralos ensaios previos,era a hora da verdade. Para comezar, un rival da entidade do Pontevedra C.F. As voces máis pesimistas apuntaban a que sería a dose de humildade que precisaban estes rapaces tralas goleadas da pretempada. Nada máis lonxe da realidade. As dúbidas despexáronse unha vez que o balón comezou a rodar.
Aproveitando que o inicio ligueiro da categoría de benxamíns está previsto para outubro, Miguel botou man de Adrián e Raúl que non defraudaron conseguindo 3 dos cinco goles visitantes.
Tralo desconcerto inicial, típico da falta de rodaxe, comezou a funcionar a maquinaria, e os de Portas comezaban a acariciar o balón, tocando e tocando,movendo dun lado a outro. Nin un so pelotazo, nin un pase sen criterio. Os locais non a vían e os de Portas íanse arriba pero sen descoidar a defensa. Coa entrada de Fran, que non entraba na aliñación inicial por unhas molestias, o equipo gañaba en movilidade no centro do campo e os espazos creados eran aproveitados por Gabri, que chegaba con perigo. Finalmente sería o propio Fran o que conseguía abrir a lata granate e establecer o cero a un. Miguel daba entrada ó primeiro Benxamín, Adrián, 9 anos..... que maneira de xogar!!. Non se fixo esperar, na primeira que tivo, driblou ata a tres contrarios plantándose diante do porteiro pero moi desequilibrado por unha falta previa e non puido definir. Falta a favor do Portas que Fran non soubo aproveitar. A segunda, tras outra gran xogada foi ó pau, e na terceira, combinación fraternal dos irmáns Patiño que o benxamín da familia por fin transformaba en gol.
Miguel daba descanso a Adrián para que entrse Raúl, outro benxamín, que saíu moi activo, pedindo cada balón e encarando con decisión. Tras dúas ocasións claras, tamén conseguía marcar o cero a tres co que se chegaba ó descanso.
No descanso, a mentalización de que o partido non estaba para nada rematado e que era necesario iniciar o segundo tempo do mesmo xeito calou nos pupilos de Miguel que seguían a mover o balón con moitísimo criterio. O cuarto de Fran non se fixo esperar. Os de Pontevedra tiveron un par de ocasións que entre Simón e o pau conseguiron desbaratar. Redondearía a conta de novo Adrián, noutra sensacional xogada que culmina cunha clase excepcional.
Pitido final, felicitacións de propios e alleos e a sensación de que algo se está facendo ben.
"The show must go on "