18/04/2010
Afeccionados
Barro C.F 2 - 3 C.D Portas
Victoria no derbi para despepedir a axitada tempada.

Colorín colorado, a presente liga por fin acabou. O Portas despediuse cunha nova victoria no derdi local ante o Barro no que ó contrario que nos últimos partidos de liga estaba o aliciente da rivalidade local.

Xa dende o minuto un as sensacions denotaban que sería un partido loco, pois non había un dominador claro e o balón chegaba con perigo a ambalas dúas áreas por igual. Dous despistes defensivos dos visitantes neste toma e daca inicial propiciaban que ós 10 minutos os de San Breixo se puxesen con 2-0 de vantaxe nun resultado demasiado enganoso.Os granates non baixaban os brazos e con pouco que perder volcábanse ó ataque para recurtar distancias. Así o faría Felipe tras unha "catapulta" de Piru -¿A última coa camisola granate?- para acto seguido conseguir o empate ó transformar un penalti o propio Piru, que deste xeito se converte no 3º máximo goleador do equipo xogando de defensa central -dato curioso-

Tralo empate o partido perdeu a vistosidade inicial, e o partido convertiuse nun duelo descafeinado, sen apenas fútbol nin ocasións. Un encontro atípico -quizáis pola situación de ambos conxuntos- nun derbi local no que como non podía ser de outro modo esta tempada alguén tería que animar con música de vento....correxindo erros con máis erros, cambiando saques de banda por fóras de xogo coma se dun mercado medieval se tratase....decisións que exasperaban ó gradarío.

Xa nos minutos finais. o reaparecido Rodri mete un balón en porfundidade para que Felipe resolva o man a man con calidade dando a decimonovena victoria para os de Santos na presente tempada e conseguindo o de Baión a friolera de 21 tantos, tras unha segunda volta moi enchufado.

En canto ó resto da xornada, felicitar ó A.T Eiriña, pois xa é equipo de 2ª Autonómica tras vencer -golear- ó Cerponzóns que este ano non puido dar a sorpresa, mentres que o Figueirido que foi de máis a menos e que de durar un pouco máis a tempada seguramente pasaría apuros para lograr o ascenso xogará a fase de ascenso xunto con Zacande e Rapido de Bahía "B". Dende a C.D Portas desexámoslle sorte os de Figueirido para que poidan estrear o seu novo campo de céspede en 2ª Autonómica.

En canto o Portas, nos vindeiros días trataremos de analizar unha tempada....rara, convulsa... que finalmente de saldou dunha maneira ¿aceptable? nun 5º posto que empeora nunha posición o acontecido a tempada anterior.

10/04/2010
Afeccionados
C.D Portas 5 - 2 A.T Estación
Trámite con cousas positivas e negativas.

Último partido de liga da presente tempada en A Rapeira nun día magnífico no meteorolóxico e ante un equipo que quizáis foi quen apeou ó Portas de pelexar por algo máis aquela fría tarde de inverno en a Xunqueira cunha remontada nos últimos minutos.

Case sen tempo para que o público ocupase os seus asentos Javi xa se encargara de anotar o primeiro tras unha bonita xogada colectiva. Esta foi a tónica do encontro -algo inusual ata o momento- a intención dos granates de tocar o balón, elaborando xogadas colectivas de tres ou catro pases ¿quizáis a influencia dos xuvenís? ¿a debilidade do rival? os motivos escápanse a esta analise pero o resultado e benvido e desexamos... continuista.

Un partido intranscendente para uns e outros era animado polos locais con bo fútbol e sobretodo goles que ó fin e ó cabo é o que importa. Así, tras un pase o espazo que aproveitou Felipe tirando de velocidade, este plantouse ante o porteiro e resolveu cun remate de calidade sublime o pau largo do arco do Estación. Se os dous primeiros foron tras boas xogadas colectivas o terceiro ten nome propio. José Manuel Casal, xuvenil de primeiro ano, e cunha madurez -futbolística e personal- impropia da súa idade. Tras un mal pase na frontal da súa propia área, pelexou por recuperar o balón, meteu o pé e Manolo aproveitou o rexeite para devolverlle unha parede, ahí comezou unha galopada de máis de 70 metros na que deixou atrás ata a catro rivais, finalmente tamén se desfixo de Toño que o molestaba na súa intención de lograr o gol da xornada, e xa ante o porteiro rematou por baixo conseguindo non un gol, un auténtico golazo que fixo poñerse de pé á grada e corear o seu nome. A progresión deste xogador que curiosamente é o segundo ano que practica fútbol federado é brutal e con actuacións coma as dos últimos partidos, non só a de onte, probablemente non nos quede moito tempo desfrutando do seu fútbol en A Rapeira.

Media hora de partido xogando ben e 3-0 para os locais......nin o máis vello do lugar. Antes do descanso Toño, que sin facer moito ruído se convertíu no referente do mediocampo deste equipo sentenciaba o encontro co cuarto.

As cousas cambiaron moito no segundo tempo, e ben se puido decidir este nunha partida de futbolín ou de dominó, pois todo o bo fútbol do primeiro tempo e os goles.....esfumáronse como por arte de maxia. Partido insufrible por momentos. A relaxación era tal que chegou a colmar a paciencia dos afeccionadados locais -acostumados a case todo- sobretodo ca consecución do gol visitante e tras varias accións de perigo que evitara Jonnhy. Brendan que entrara substituindo ó lesionado Gustavo, que recae unha e outra vez da lesión e quizáis debería evitar volver xogar ata estar totalmente recuperado conseguía un gol excepcional nun disparo dende a frontal axustado o pau esquerdo. Minutos máis trade o propio Brendan propiciaba que os visitantes lograsen o segundo tras un mal despexe na área pequena.

Finalmente cinco goles e unha primeira parte que fan soñar para despedir a presente liga como locais.

O resto de partidos de 3ª autonómica deixaron sorpresas e case todo decidido. Finalmente serán o Figueirido e o A.T Eiriña os únicos equipos que poderán militar a vindeira tempada en 2ª autonómica tralo empate do Gondar ante o Campañó A.D.X que o elimina da pelexa, ó quedar a 4 puntos do segundo clasificado. Os dous equipos anteriormente mencionados -quizáis os que mellor fútbol xogaron- polo menos ante o Portas e curiosamente ante os que se protagonizaron os maiores escándalos arbitrais dos últimos anos para os intereses granates serán os que se disputen na última xornada a praza de ascenso directo e a de promoción.O Figueirido visita Cesantes e o A.T Eiriña o dificil campo do Cerponzóns que xa exerceu como xuíz na última xornada da tempada pasada deixando fóra do ascenso ó Gondar. ¿Haberá nova sorpresa? Nunha semana todo decidido.

28/03/2010
Afeccionados
C.D Cesantes 2 - 4 C.D Portas
Hat Trick de Felipe.

Partido de trámite para ámbolos dous equipos no que unicamente se xogaban o rematar a tempada co papel máis digno posible. A pesares de que xa hai tempo que non é noticia o Portas viaxaba con 12 xogadores (5 xuvenís) máis un porteiro suplente. O Cesantes era un equipo moi diferente ó atopado na súa visita á Rapeira, así o Portas non tardou en adiantarse tras unha bonita xogada na que Javi coloca un balón medido na cabeza de Felipe que de cabeza establece o cero a un. Nesta primeira parte o Portas dominou a un Cesantes que en ningún momento inquietou ó reaparecido Rubén. As ocasións sucedianse para os granates que un pouco faltos de puntería non conseguían ampliar a renda. Aínda así, á media hora Felipe arrancaba cun balón en velocidade e batía por baixo o meta local. Antes do descanso, Víctor, moi mermado físicamente por unha farinxite pelexa un balón co porteiro cando a xogada parecía morta e consegue establecer un cero a tres que parecía definitivo, pero co Portas.....nunca se sabe. Xusto antes do descanso, penalti moi dubidoso na área do Portas que podía meter ó Cesantes no partido pero que o desatino do lanzador unido o acerto de Rubén conseguían que se chegase ó descanso co casilleiro baleiro para os locais.

O colexiado empeñado en que o Cesantes marcara un penalti, sinalaba outro nada máis arrancar o segundo tempo, se o primeiro fora dubidoso, neste non houbo dúbida, tal e como recoñecía o xogador local, non foi penalti. Esta vez sí, o Cesantes non erraba e marcaba un gol que o facía meterse no partido ata o punto de acorralar ós visitantes. O Portas afectado polo baixón físico non era quen de alonxarse da súa área e as ocasións máis perigosas eran para os locais que sobretodo o intentaban con disparos lonxanos pero moi potentes e colocados, buscando as escadras de meta de Rubén. Unha vez pasado o vendabal, o Portas retomou o pulso do partido e Felipe lograba o Hat Trick con outro balón pelexado ó porteiro.A pesares da intrascendencia, o partido estaba emocionante e a tensión manifestábase nos xogadores ata o punto de que os locais remataban con 10. Aínda quedaría tempo para un novo gol do Cesantes que establecía do definitivo 2-4, gracias a un afortunadísimo Rubén que sacou dous balóns de gol moi claros.

A liga chega ó seu fin, pois so quedan dúas xornadas e as posicións empezan a estar cada vez máis claras. Se Portas e Estación se desenganchaban definitivamente do tren do ascenso hai xa varias xornadas esta xornada tocarialle ó Combarro que caía goleado en A Xunqueira ante o Gondar dicindo adeus a calquera opción de pelexar por segundo ano pola liguiña de ascenso. Dous postos que nas tres xornadas que restan se disputarán tres equipos: Figueirido, Gondar e Eiriña. ¿Quen o conseguirá? Fagan as súas apostas....

22/03/2010
Afeccionados
C.D Portas 2 - 2 S.C Libertad
Alerxia primaveral ó fútbol.

Un dos peores partidos da tempada en A Rapeira. Un Portas descoñecido, como afectado por algunha alerxia primaveral saía ó campo aletargado, sen intención de levar o partido. Sen noticias do Portas en ataque, o partido chegaba o tempo de descanso cos de Santos perdendo pola mínima ante un rival que compensaba a falta de calidade con gañas, e que de haber afinado un pouco máis, houbera sentenciado o encontro neste primeiro tempo cun marcador dos que hai tempo non se ven pola Rapeira. No minuto 23 do segundo tempo, que arrancou da mesma dinámica do primeiro, o Libertad anotaba o segundo para sentenciar a un Portas apático, desmotivado e que en ningún momento fixera ademán de querer remontar o partido. Feridos no orgullo, os locais reaccionaron, e a pesares de non mellorar no xogo, conseguían empatar o partido en dous córners que primeiro Manolo e despois Felipe remataban ó fondo da rede ca colaboración da zaga e porteiro visitantes. Premio quizáis excesivo para un Portas que volveu manifestar a súa efectividade transformando practicamente as únicas dúas ocasións das que dispuxo en todo o encontro. Co empate no marcador o Libertad dispuxo dunha magnífica ocasión que os visitantes enviaron ó pau no que puido ser a sentencia pero a sorte non estaba de cara dos aurinegros esta vez. Incriblemente o Portas tamén a tivo nas botas do reaparecido Gustavo (non todo son malas novas) pero o granate rematou desviado.

Tres xornadas restan para unha tempada que agora sí, empeza a facerse demasiado longa. Pois dende hai algunhas xornadas o Portas xa non se está a xogar nada e a actitude partido a partido empeora de xeito significativo, unicamente salvada polos xuvenís que están a cumplir cun papel que en principio non era asignado para eles.

Por contra, a liga na zona alta está emocionante, un novo cambio de líder nesta xornada e catro equipos que visto o visto manterán a pugna polos dous primeiros postos ata o derradeiro partido de liga. Como prato forte o Gondar-Combarro que esta semana pode arredar un destes dous equipos da pelexa.

15/03/2010
Afeccionados
S.P Portonovo 2 - 6 C.D Portas
"Pachanga" de colexio.

Contaxiados pola escasa intensidade do encontro do equipo de 3ª Autonómica disputado ante o Sporting Portonovo tiveron que pasar dous días para contar o sucedido nun encontro que non tería demasiada historia.

Na primeira que tivo o Portas, Felipe transformaba logrando o 0-1 para os visitantes que acudían cun plantel de 12 xogadores máis un porteiro suplente. A pouca intensidade imprimida polos locais contaxiaba tamén ós granates convertindo o partido en insufrible por momentos. A favor, oito goles, que promediando saen a un case cada dez minutos, único aliciente para manter certa atención.

Axudado das facilidades concedidas polo rival o Portas conseguíu dous goles máis, de bonita factura e moi parecidos entre sí. Dous pases en profundidade de Toño que busca a carreira de Felipe para que o pichichi granate trasnforme o primeiro e ceda o segundo a Javi que entra sen marca para empurrar no segundo pau. Se a tensión era mínima co empate inicial, estes tres goles so servirían para que acadase valores negativos. Aínda así o Portas conseguiría un gol máis antes do descanso.

Tralo descanso e ca consigna de que era un día propicio para tratar de xogar ó futbol, os de Portas tentábano, pero sen demasiado éxito. O 60% do tempo o balón sobrevoaba as cabezas dos xogadores e case nunha competición de a ver quen o botaba máis alto, tardaba en acadar de novo terra firme. Aínda así, nunha mala saída do meta local, Víctor aproveitaba para rematar de cabeza por enrriba do arqueiro logrando o cuarto. Santos daba entrada a Rodri e Piñeiro en portería. Tralo quinto, a relaxación facía que o Sporting recurtara distancias en dúas ocasións con sendos goles. De aquí ó final, salientar o cartón (buscado) de Felipe que se perderá o próximo encontro e o gol do propio Felipe que firmaba un Hat Trick e un set para os visitantes. En favor dos de Portonovo, decir que non houbo unha patada fea, nin unha acción polémica.

07/03/2010
Afeccionados
C.D Portas 3 - 3 C.D Gondar
As inxustizas do fútbol.

Moito que analizar en tan intenso partido que finalizou hai apenas unha hora. Pola cercanía no tempo dos feitos, periga a obxectividade pero trataremos de analizar o sucedido.

Parafraseando ó amigo Jack, imos por partes..... e por non ser clásicos empecemos polo final. O Portas rematou cun rapaz no hospital por rotura de pómulo, o dianteiro cunha brecha na cabeza por un cobadazo, o outro dianteiro cun moretón na cara por un puñetazo.....e curiosamente foi a víctima da única vermella do encontro así como 5 amarelas máis. Pode parecer pretencioso, pero non deixa de ser un dato, cando menos curioso.

As cousas empezaron fenomenal para os intereses granates, ós 20 minutos os de Santos gañaban por dous a cero tras dúas xogadas embarulladas na área visitante que primeiro Piru e despois Manolo conseguiron empurrar ó fondo da rede. Estaba claro que nestes instantes a deusa fortuna estaba de cara para os locais, pois sen apenas ocasións de perigo nadaban a favor de corriente ca tranquilidade no marcador....enganosa por outra parte, pois o Gondar non tardou en tratar de xogar o fútbol, en combinar con certo perigo, pero ca presión que supón un dous a cero en contra, xogándose o que se xoga. Quizáis víctima desta ansiedade non foi quen de batir a un acertadísimo Jonnhy no primeiro tempo, e o Portas incluso puido sacar algo máis. Pero o partido estaba a parecerse cada vez máis a un de primeira división desputado non hai tantas horas....cun equipo moi superior e outro cunha efectividade do cen por cen.

Toda a sorte da que dispuxo o Portas ata o momento esvaeceuse de repente, primeiro na desafortunada xogada na que Sergio salta para despexar e o dianteiro azulón impacta bruscamente contra a súa cara, o son do choque fixo pensar no peor, pero Sergio estaba consciente e tralo resultado das probas confírmase a rotura de pómulo. Non dubidamos da non intencionalidade do xogador gondariano, pero dende fora era claro que o visitante non tiña unha mínima opción de chegar a ese balón. Santos comeza a facer malabares e retrasa a Figo dando entrada a Javi que xogará en banda esquerda.

Xa no segundo tempo e seguindo os cánones do partido citado anteriormente o Gondar recurta distancias nunha desafortunada xogada de Jonnhy que non consegue atallar un balón relativamente fácil. Tal como estaba o encontro a remontada presaxiábase e iso era o que respiraba o gradarío. Pero cousas do fútbol, con este gol, o Portas que ata o momento non xogara a nada empezou a baixar o balón a tratar de movela por abaixo, sensacionales de novo os xuvenís Casal e Toño, este último con sendos pases dos que solo él pode ver, primeiro ó recén incorporado (trala lesión de Brendan) Víctor e despois a Felipe, que ningún dos dous atina a marcar, no que probablemente houbera sido a sentencia do encontro. O Portas estaba a crear máis perigo, e o Gondar crecido tralo gol, apelaba á heroica. Cando o Portas mellor o estaba a facer os visitantes empatan o encontro, nuha xogada na que sorte e desacerto tomaron as cores azul e granante por esta orde. Dous a dous, sen cambios, e con media hora por diante, os alicientes non eran suficientes para un clásico de terceira rexional en A Rapeira, faltaba o factor sorpresa (bueno tras trescentas arbitraxes así, xa non é tanta sorpresa).

O colexiado que ata o momento estivera impecable, manexando o partido con criterio, pasando despercibido, como deben facer os encargados de impartir xustiza cortocircuitou as redes neuronais e entrou en escena. Penalti de libro sobre Víctor, no que o porteiro, xa sen balón de por medio sae cos puños impactando na cara do canteirán, tendo este que ser atendido, mentres escoita as desculpas do arquero, (que se se disculpa é porque algo fixo). Na seguinte xogada, Piru vai con todo a un balón na zona de mediocampo e arrolla ó do Gondar, falta clara do de Portas e cartón, o colexiado non sinala nada deixa seguir a xogada sendo a posesión do balón para os de Portas e o rematar a mesma ensina o cartón ó central.......SURREALISTA!!!!

O remordemento da conciencia debía ser tal, que na seguinte xogada nas proximidades da área local que non dentro da mesma, cando os de Xeve xa deran a xogada por finalizada sen un atisbo de protesta deles nin dos seus afeccionados, atópanse co regalo do penalti, as caras de asombro dos visitantes case eran maiores que as dos propios xogadores locais. O Gondar transforma. Pero a función non estaba completa, case sen tempo para que o Gondar celebrase o seu gol, falta de Alberto ó dianteiro gondariano no borde da área e vermella directa para o defensor do Portas cando este non era o último home (estab Mario) e a falta non é violenta.

Os peores presaxios cumprianse. O Gondar remontara o encontro, o Portas con 10 e en cuadro para o próximo partido. Pero se algo teñan estes rapaces e orgullo, e ás veces demóstrano, e pola historia recente, o Gondar e quizáis un dos que se merece que os rapaces de Portas tiren deste orgullo, pois co vento a favor do resultado volteado, dende a grada volveuse desenterrar a hacha de guerra con comentarios hacia a C.D Portas e hacia os de Portas en xeral improcedentes cando menos. Asique nun balón perdido, Mario zapateou sen moita precisión pero co amor propio que supón vestir a casaca granate. O balón colleu portería e o graderío local estalou de xúbilo así como o propio xogador que correu toda a banda para celebralo vendo o cartón amarelo por quitar a camiseta. ¿Alguén dos presentes viu que quitara a camiseta? Pois por este feito que non ocorreu, Mario perderase o vindeiro encontro xunto a Gustavo, Piru, Sergio, Brendan etc....

O Gondar volveu cometer os mesmos erros da ultima visita a A Rapeira na que marcharon celebrando un ascenso que finalmente non chegou. Naquel día falamos de vender a pel do oso antes de cazalo e hoxe temos que recurrir á mesma expresión, dando por cerrado o encontro no minuto 40. Pero o Portas non morre nunca e si algún día morre, morrerá matando.

Un punto que sabe a victoria e a derrota á vez. A derrota por como empezou o encontro e a victoria por como sucederon as cousas ó final. ¿E domingo........? Veñen nubes....

28/02/2010
Afeccionados
S.D Campelo 1 - 3 C.D Portas
Xuvenís ó rescate.

Así se pode resumir o partido desta fin de semana donde tres zarpazos granates resolveron o encontro en favor dos de Santos.

De novo un equipo titular plagado de xuvenís tiña que salvar un encontro complicado na casa dun Campelo que viña de poñer as cousas moi difíciles ó A.T Eiriña. O partido arrancaba sen un dominador claro, ó Portas sen un 9 de referencia e con Figo reconvertido a dianteiro non tiña chegada, a defensa volvía a sufrir a baixa de Piru, e quizáis isto se notaba máis en ataque que na propia defensa. Curiosamente cun equipo que a priori non contaba cos xogadores que lle poderían aportar pegada os granates lograban o primeiro case na primeira ocasión da que dispoñían, balón en profundidade para Marcos (sensacional durante os 45 minutos disputados) que encara ó porteiro na liña de área batindoo por abaixo, no que foi un claro penalti sobre o de Romai. Ben aplicada a lei da vantaxe do trencilla, que para redondear a decisión debería haber amonestado ó porteiro local.

Tralo gol as cousas non cambiaron demasiado e as ocasións maís claras eran para os de Poio, con balóns colgados a área tremendamente perigosos, sobretodo do seu capitán que imprimía unha rosca o esférico que o envelanaba para os depexes defensivos dos visitantes. A fortuna non estaba cos locais e a pesares das inumerables ocasións non conseguiron marcar no primeiro tempo. O Portas novamente das botas de Marcos tería outra clara ocasión á que nesta vez o xuvenil chega moi xusto ó remate cando so tiña que empurrar o balón. Co resultado de 0-1 e dominio local chegábase ó descanso.

No segundo tempo ó contrario do que ven ocorrendo nos últimos partidos Toño apareceu máis e o equipo notouno, sumando a actuación soberbia de Manolo, o mediocampo do Portas funcionaba a perfección pero, o problema estaba arriba. Tralo cambio de Eloy por Marcos que se tivo que retirar lesionado (na acción do gol) Figo era a unica referencia en ataque ante a contundente defensa local. De novo as accións de perigo eran todas para o bando local, pero un acertadísimo Jonnhy que leva dous partidos rendindo a un gran nivel e a defensa (axudada dos postes) solventaron o perigo. Cando todo o mundo vía o empate maís próximo que o 0-2 unha xenialidade de Toño parecía sentenciar o partido. Xogada elaborada polo propio xogador que plantándose diante do porteiro resolva cunha vaselina de superclase que entra rozando o pau dereito da portería local.

A partires deste momento o partido encrespouse, motivado especialmente polo adestrador local, que xa expulsado seguía a adentrarse no terreo de xogo insultado e mostrando unha actitude tremendamente antideportiva, xa non só co colexiado senón cos xogadores visitantes. Obviamente se o responsable de poñer tranquilidade nos seus homes é o primeiro en crear tensión, o resultado son entradas moi duras, inconsecuentes ca situación do partido e accións máis propias doutro tipo de deporte, chámese kick boxing, chámese karate..... Por sorte os visitantes non entraron ó trapo e a cousa non foi a máis. Neste clima exasperado un instante de desconcentración dos de Santos provocaba o Gol local, que daba un halo de vida ó partido pese a restar pouco tempo. O Campelo estaba totalmente ido do partido e froito disto unha acción infantil do seu porteiro provocou un libre indirecto dentro da área que Cristobal se encargou de trasnformar para sentenciar. Na seguinte acción o meta local vacía a segunda amarela por unha desproporcionada acción sobre Víctor e o Campelo remataba con 9.

Cabe destacar a presencia de afeccionados visitantes no encontro. Ca incorporación dos xuvenís ó conxunto de 3º Autonómica o equipo non só gañou en calidade senón en afección, pois son bastantes os pais que se animan a ir a ver ós seus retoños sumándose ós habituais. Noraboa a todos eles e animámolos a seguir con esta saúdable ocupación.

O Portas volve sumar tres puntos que serven para non caer descolgados da clasificación, e que teñen dobre valor se analizamos a situación do equipo. A vindeira fin de semana visita do Gondar, un dos favoritos de cara ó ascenso que ven de ceder o liderato o caer goleado ante o Eiriña. ¿Será o Portas capaz de dar unha sorpresa? En sete días saberémolo......

21/02/2010
Afeccionados
C.D Portas 2 - 1 Campañó A.D.X
Remontada contra os elementos.

Sufrida victoria dos rapaces de Santos na tarde do domingo en A Rapeira ante un correoso Campañó que nesta segunda volta está a conceder menos facilidades das esperadas.

Sen dúbida o forte vento que sopraba sobre o municipal de A Rapeira foi un gran condicionante á hora de plantexar o partido por ambos conxuntos. Ata tal punto que este mesmo vento debía ser o que sen querer se colaba no silbato do colexiado e o facía sonar nas situacións máis inverosímiles. Había tempo que non se consensuaba tal unanimidade entre as afeccións de ambos conxuntos entorno a este personaxe.

O Portas que respecto o equipo que se enfrontaba a semana pasada ó Combarro perdía a Manolo e Felipe, que mermado físicamente comezaba no banquiño pero recuperaba a Piru e Figo para consolidar a liña defensiva. No primeiro tempo os granates xogaban en contra do vento discorrendo por tanto o partido no seu propio campo, pois nin Jonnhy de portería nin a defensa eran quen de despexar un balón que por máis forte que golpeaban voltaba os seus pés imitando máis o comportamento dun boomerang que de un balón. Sabedor da importancia do factor climático, a consigna do Campañó era clara, recibir, orientar, golpear a así asediaron a portería do meta local neste primeiro tempo. A pesares dos disparos de perigo o gol dos visitantes chegaría a balón parado, nunha falta perfectamente executada dende o lateral dereito da área local.Con este resultado e sen novidades dos de Santos pola meta visitante chegábase ó descanso.

No segundo tempo o Portas contaba co factor vento, polo que o perigo dos saques de banda de Piru se multiplicaba exponencialmente. Os locais eran sabedores de que agora serían eles os que asediaran a meta visitante e que sen impacientarse o gol non tardaría en chegar, pero non contaban co factor sorpresa.Contra do Campañó, Marcos chega ó corte, rouba o balón sen tocar ó xogador, ninguén protesta é dende 60 metros de distancia.......Piiiiii. Penalti!!! . Sen comentarios, so de eloxio para Jonnhy que detén formidablemente enviando ó pau e posterior despexe da defensa. Un penalti que de ser transformado complicaría moito a remontada. A partires de aquí.... faltas en contra cada vez que un xogador de Portas protexía o esférico, botes neutrales transformados en saques de portería.... máis do mesmo. De xeito o gol do Portas chegaba nunha xogada mal sinalada. Saque de banda a favor dos locais que lanza Piru e marca, gol que non pode subir ó marcador pois non toca niguén e por tanto saque de portería pois o balón pérdese pola liña de fondo (a da portería, pero liña d fondo ó fin e o cabo) o colexiado manda repetir o saque de banda (curioso), balón colgado á área. Desmaio de Felipe e....... Penalti!!!! (Lei de compensación) Piru non erra e establece o empate.

A pesares de xogarse a maioría do partido en campo contrario o Portas non causaba especial perigo e obviamente o fútbol era inexistente, unicamente eran os xuvenís os que trataban de xogar un pouco, de novo, soberbio Toño, que calidade ten este rapaz, soltanto o balón un regate antes pódese convertir no mediocentro de referencia. Ben Casal, que a pesares de non estar na súa posición natural, central, solventou o papel no mediocampo co seu particular estilo, sen facer ruido pero cun traballo formidable.

O Campañó tivo algunha ocasión, pero Jonnhy moi seguro evitou un gol que sería dificil remontar. Noutro saque de banda de Piru, balón colgado á área e o gol da victoria para os granates que sen facer un gran partido sacaron outra importante victoria que o mantén nunha posición digna para tal e como está a discorrer a tempada.

14/02/2010
Afeccionados
S.D Combarro 1 - 0 C.D Portas
Fin dun soño e principio doutro.

Aproveitando as datas nas que nos atopamos, un Portas xuvenil disfrazado do equipo de terceira autonómica enfrontábase na fonte da Armadiña a un tamén mermado Combarro. Santos, Marcos, Casal e Toño foron os xuvenís que formaron de inicio e que cumpriron con creces a tarefa que se lles encomendou.Sabedores da importancia do encontro e da situación propia, ámbolos conxuntos centraron os seus esforzos en non encaixar un gol que sabían sería moi difícil remontar. Así pois discorría o partido, defensas expeditivas que nin se lles ocorría sacar o balón xogado e dianteiros co cazo preparado por si caía algunha.

O protagonismo entón para o mediocampo que por parte do Portas estivo perfecto no primeiro tempo, Manolo e Casal máis en labores de recuperación e Toño como protagonista da fase de creación. Presaxiábase que nesta partida de axedrez montada por ambos adestradores o que dera primeiro daría dúas veces e probablemente sentenciara o encontro. O Portas tivoa na primeira parte da man de Rodri. Pase interior perfecto do mediocampo, Felipe en fóra de xogo posicional desenténdese da xogada, mentres os azulóns protestan a posición do de Baión, Rodri entra dende segunda liña e plántase so ante o porteiro ó que trata de batir de bonita vaselina na saída deste, pero o balón sae lixeiramente desviado cando os afeccionados visitantes xa cantaban o gol. Co cero a cero e o tremendo esforzo físico de ambos conxuntos chegábase ó descanso.

No segundo tempo ningún dos dous equipos cambiou a careta, e ambos seguían a dar por bo un empate que non valía a ningún, pero que dadas as circunstancias non era malo de todo. Toño desapareceu do campo neste segundo tempo e o Portas acusou eses pases finais ós dianteiros, o de Lantaño non asistía ca facilidade do primeiro tempo e tampouco era quen de recuperar en exceso. Aínda así o Portas teriaa de novo. Mario plántase so ante o porteiro local e non atina a golpear o balón para fusilar. Cumprindo a máxima do fútbol que di que o que perdona perde, o Combarro que no primeiro tempo unicamente inquietara a Jonnhy dun potente disparo dende a frontal que o meta granate tivo que enviar a córner adiantábase no marcador tras unha xogada embarullada que en última instancia Santos non atina a despexar. Propios e alleos sabían que a pesares de que restaba moito partido este gol sería decisivo e así ocorreu. O Combarro levábase tres puntos vitais para seguir na pelexa por un ascenso que ano tras ano se lles resiste e o Portas decía definitivamente adeus a calquera opción de meterse entre os dous primeiros.

Cabe resaltar, a pesares da trascendencia do encontro a limpeza do mesmo que unicamente se saldou con dous cartóns amarelos.Ámobolos equipos contribuíron de maneira notable a que así fose o que é de agradecer sobretodo na terceria rexional.

A parte positiva.....que de manter o bloque de xuvenís que levou a este equipo a estar entre os tres primeiros da súa categoría hai equipo para a próxima tempada. Moito traballo o que queda por facer con estes rapaces, pero a ilusión e vontade que demostran unido a unha direcciñon eficaz poden facer que nun par de anos o Portas teña un equipo moi apañada que o leve abandonar con garnatías a terceira rexional. Dende aquí animamos a que este bloque continúe por moito tempo. Dar a noraboa os cinco xuvenís convocados que xogaban o seu segundo partido na fin de semana e deron a cara en todo momento, vendendo moi cara a derrota ante o terceiro clasificado da categoría.

07/02/2010
Afeccionados
C.D Portas 2 - 2 Figueirido C.F
O líder contra as cordas.

Por fin puidemos ver ó Portas ante o Figueirido once contra once e nestas condicións os visitantes sufriron e unicamente un error defensivo privou ó Portas da victoria.

De novo e por enésima xornada o Portas contaba co equipo titular máis un recambio. Nada máis arrancar o encontro e sen case tempo para sentarse, Gustavo tería ocasión de adiantar ós granates tras unha falta de entendemento da zaga e porteiro visitantes, pero o de Barro non conseguía marcar.

Ó contrario do ocorrido ante o Eiriña o Portas decidiu non especular co resultado e xogou de ti a ti ó líder, varias foron as ocasións para os de Santos. Cos interiores ben marcados polos de Figueirido o protagonismo recaía na xdente de mediocampo e nos dianteiros. Estes non defraudaron, e de novo uns sobresalientes Manolo e Mario, que parece que xa está en condicións de aguantar 90 minutos desmontaban a defensa dos visitantes unha e outra vez. Felipe enviaba de cabeza ó longueiro cando a grada xa cantaba o gol.

Na única do Figueirido, un balón que pilla lixeiramente adiantado a Rubén, sobrepasao por altura e cólase na porteria local. Duro golpe para o Portas, que estaba a facer méritos para ir por diante. Os de Santos seguírono intentando e ca recuperacion de Piru na zaga o equipo apenas pasou apuros defensivos. Co resultado de 0 - 1 o colexiado sinalaba o camiño de vestiarios. Durante o tempo de descanso, no que sería unha premonición, afeccionados varios probaban a marcar dende a esquina de córner con maior ou menor éxito.

Tralo reinicio, a dinámica do partido non cambiaba e como se Cristobal se picara cos afeccionados que sacaron de córner no descanso o primeiro que tivo clavouno nun sensacional gol olímpico para deleite dos afeccionados locais. O Figueirido non creaba problemas en ataque pero a férrea defensa impedía que Gustavo se puidera adentrar como ven facendo habitualmente para poñer eses centros medidos nas cabezas de Felipe e Manolo. Pouco a pouco so quedaba un equipo sobre o campo e os visitnates comezaban a dar por bo o empate. De novo e cando máis méritos estaban a facer os de Santos para conseguir o gol da victoria, unha contra perfectamente armada polos branquivermellos unido a un erro defensivo dos locais propiciaba que estes volveran quedar por detrás no marcador. 1-2 a cinco minutos do final. A sensación era que o Portas cría na victoria dende o minuto 1 e así o demostrou ata o final. De novo Cristobal coloca un sensacional centro para que Piru remate franco á portería. Golazo sobre a bocina para poñer un resultado máis xusto que a derrota.

O peor, a lesión de Gustavo, que non puido rematar o encontro e que a tenor do visto, probablemente non poderá estar na dificil visita á Fonte da Armadiña a vindeira fin de semana.

04/02/2010
Pasatempos
Pasatempos - Solución
Legalidade ou Sentido Común.

Abordar este tema sen ser sensacionalista ou polo menos non parecelo non é tarefa sinxela, por iso comezaremos cun pouco de historia.

Remitímonos á Xornada 3 da presente tempada, a C.D Portas contaba con 4 puntos colocado na 4ª posición da tabla. Ese domingo de outono os granates debían enfrontarse ó A.T Eiriña en A Xunqueira (campo maldito) e o que parecía sería un bonito duelo entre dous aspirantes ó ascenso acabou nun esperpento para olvidar, cun equipo roubado vilipendiado e humillado que finalmente se acabou retirando do campo ó non contar co mínimo número de xogadores necesarios para disputar un encontro. Aquel día un rapaz vestido de uniforme, chámese árbitro D. Asier Fariña Biasi erixiuse protagonista devaluando a paciencia dos visitantes cada vez que sonaba o silbato. As súas actitudes prepotentes e chulescas para co Portas remataron con tres xogadores explusados, castigados con 2, 4 e 4 partidos respectivamente. Os de A Rapeira sufriron un golpe moral brutal, que se reflexou nos resultados deportivos chegando a ocupar a 11 praza na cuarta xornada e tendo que buscar resursos de onde case non os había para poder continuar competindo. Aquel 26 de setembro quizais marcou a tempada para o Portas. Dende aquí denunciouse esta situación, quizáis non da mellor forma posible, poder ser, pero responder con serenidade ante tal situación de indefensión non é fácil. Naquela crónica comentábase "FORMACIÓN e ESIXENCIA (ós árbitros) por parte da Federación, para iso os clubes pagan relixionasamente cada ano."

Tras este flashback, volvemos última xornada. O Portas visitaba o domingo o dificil campo de Monteporreiro cando de repente os xogadores quedan asombrados o percatarse de novo da presencia do Señor D. Asier Fariña Biasi pero a sorpresa foi maiúscula ó percatarse de que non dirixiría o encontro non, senón que vestía a elástica da S.D Monteporreiro.

Dende a súa entrada no campo, houbo situacións moi peculiares tales como que era o marcador de Felipe ó que hai catro meses expulsou e foi sancionado con catro partidos. Tras esta nova situación, moitas son as preguntas que se nos poden ocorrer, a cada cal a resposta tería que ser máis inverosimil.

¿Estaba o xogador fichado na S.D Monteporreiro cando dirixíu o encontro do A.T Eiriña - Portas? Queremos pensar que non....Entendendo en que a Federación terá unha norma que impida isto. En caso de que sexa legal.... ¿É ético? ¿De sentido común?

¿Foi apartado da arbitraxe tras aquel escándalo por parte da Federación? Que este organismo tome unha decisión tan acertada, xera cando menos....dúbidas.

¿Retirouse voluntariamente da arbitraxe?¿Quere experimentar as emocións, sensacións.... que se lle pasan pola cabeza a un futbolista durante un encontro para non volver cometer os mesmos erros? Ámbalas dúas preguntas poderían ser respondidas cun aplauso.

Moitas cuestións, pero quizaís o feito de xogar ante o equipo que de xeito prepotente e chulesco humillaches non hai tanto tempo non é unha idea brillante. É unha sorte que o Portas conte con rapaces tranquilos, bos futbolistas, malos futbolistas..... pero bos ó fin e ó cabo.

Pero, ¿que podería ocorrer se o partido non fora tan tranquilo, se a tensión entre os xogadores non estivese amainada pola renda goleadora?. Non hai moito, e a outros niveis futbolísticos, un xogador do que non vamos a dicir o nome, pero que empeza por Cristiano e acaba por Ronaldo , dicía "yo también son humano (con acento portugués)" tratando de xustificar unha agresión a un contrario (que non o humillara publicamente).

Un pouquiño de por favor.

02/02/2010
Pasatempos
Pasatempos
Atopa as tres diferencias.

Esta semana imos propoñer un xogo para todolos lectores da web. O popular coñecido xogo das diferencias.Non, non haberá que chamar a un 906 como ocorre nos programas de madrugada das canles de televisión para dar a resposta. De feito, dende aquí publicarase a solución para os menos ávidos nos crebacabezas. Por ser o primeiro, poñeremos un faciliño....

31/01/2010
Afeccionados
S.D Monteporreiro 0 - 7 C.D Portas
Dobre Hact Trick máis un

Partido sen demasidadas complicacións para un equipo tan xusto coma serio. O desprazamento antoxábase complicado, pois o Monteporreiro é sempre un rival complicado no seu campo, se ademáis engadimos o handicap do campo de terra ó que os granates xa hai tempo se desacostumaron, nada facía presaxiar o bultado do resultado.

Soberbios Manolo e Felipe, non so polos seis goles que conseguiron, pois deberán entenderse estes como premio ó sensacional partido realizado por ambos. Dende o minuto un o Portas dominou o xogo mantendo a posesión do balón, posesión que por momentos foi apabullante. Felipe por segundo partido consecutivo estivo especialemente activo, xogando moi ben sen balón e propiciando así a entrada de Mario dende segunda liña que foi o primeiro en probar ó porteiro local, aínda que sen fortuna. Manolo, secundado polo xuvenil Casal que de manter a progresión ten un posto garantizado neste equipo a vindeira tempada, dominou o medio campo tanto defensiva coma ofensivamente. Así o demostrou no sobervio testarazo que a centro de córner de Cristóbal enviou ó fondo da rede. O Portas acosaba, e do Monteporreiro non había noticias nin se esperaban. Felipe Mario e Gustavo facían bailar á defensa ó son dos seus pases e o de Baión tería ocasión de ampliar o resultado ata en dúas ocasións. Á terceira foi a vencida e Felipe conseguía o segundo do Portas, primeiro na súa conta particular. Ante o sucedido a pasada semana en Verducido o Portas non quixo especular co resultado e tratou de matar o partido canto antes, pero a falta de punteria complicaba esta labor. O Monteporreiro meteu o susto no corpo ós de Santos cun remate que entre Jonhny, a defensa é os paus se encargaron de enviar a córner. quizaís a ocasión máis clara dos branquiazuis que están moi lonxe do equipo que visitou a rapeira na primeira volta.

A partir de aquí a maquinaria grante foi imparable e dos cinco goles restantes houbo para todolos gustos. Golazos coma o de Gustavo, que dende o borde da área e case sen ángulo bate de potente disparo ó meta local. De cabeza, de novo Manolo, que xa rematara dúas ou tres antes para calibrar o punto de mira. De novo Felipe de tiro cruzado, de novo Manolo nun alarde de potencia e amor propio......

Golpe de autoridade dos homes de Santos que de novo, e por enésima vez na tempada están en cadro, sen Piru, Javi , Carlos, Michel, Jose, Martínez, Brendan, Rubén.......Importantísima victoria para recibir ó líder destacado da categoría en A Rapeira a vindeira semana, o Figueirido, segundo equipo ó que o Portas non se puido enfrontar 11 contra 11 na primeira volta.

Gran curiosidade vista neste partido da que nos faremos eco nos vindeiros días. ¿Estará a Federación a seguir as recomendacións que dende aquí fixemos no seu día? ¿Estarase a encargar de formar ós árbitros como xogadores antes de darlles un silbato?

24/01/2010
Afeccionados
Verducido C.F 1 - 2 C.D Portas
Tres puntos con sufrimento.

Partido moi sufrido para conseguir os tres puntos ante o penúltimo clasificado da categoría. Ese dito que indica que o 0-2 é un dos resultados maís enganosos, fíxose hoxe máis patente que nunca no campo do Verducido. O Portas empezou o encontro decidido a sentenciar canto antes, e a primeira oportunidade non tardou en chegar das botas de Mario, que tras unha bonita filigrana dentro da área non acertou a disparar con potencia. O Verducido non inquietaba para nada a Jonny e o gol do Portas era cuestión de tempo. Boa combinación do centro do campo para que reciba Gustavo no pico da área, que de forte disparo anota o primeiro.

Dos catro xuvenís convocados, Santos formou de inicio con Marcos no lateral e Toño no medio campo, do que no primeiro tempo foi o "dueño y señor" servindo para un participativo Gustavo e un, de novo pouco acertado cara o gol, Felipe. Con este panorama e sen apenas noticias do Verducido cociñouse o segundo que de novo Gustavo se encargaba de transformar. O Portas tivo ocasión de matar o partido pero non o fixo, recreándose en exceso en algunhas xogadas. No segundo tempo cun porteiro de 1'60cm e o aire a favor o resultado presaxiabase abultado, pero o Portas quedou na caseta e o Verducido comezou a crer que podía meter un gol. Lonxe de aproveitar a teórica vantaxe o Portas durmiuse e así chegou o tanto do Verducido que os volveu a meter nun partido ó que aínda non chegaran. O cansanzo apoderouse dos homes de mediocampo do Portas e Toño e Mario xa non asistían ca solvencia do primeiro tempo. Aínda así, Felipe tería a ocasión máis clara ó lanzar fóra un balón clarísimo no que só o porteiro, moi adiantado, quedaba por batir. Mandaría tamén outro remate de cabeza ó longueiro. Un disparo de falta de Cristobal sería a última ocasión dos granates ós que se lles encolleu o corazón cando, sobre o tempo, empataba o Verducido. Gol que finalmente non subiría ó marcador por fóra de xogo do xogador local.

Mención especial para o colexiado, que era malo, moi malo. Como punto a favor, e por extraño que pareza sí e noticia, non parece que tivera mala fé, só que non era capaz de manexar a situación e a punto se lle estivo de ir. Deixou ó Portas con 10 por expulsión a Javi ó que saca dous cartóns (primeiro amarelo e despois vermello) na mesma xogada, por protestar. E por contra deixa impunes xogadas duras moi duras (de ambos bandos) que as houbo, sobretodo nos minutos finais. O exceso de autoridade do que dispón este estamento quizáis levou a dar a volta á tortilla primando máis a protección individual do propio colexiado que a labor de impartir xustiza no xogo para a que foi concebido este colectivo.¿Terán algo que ver xogadores, directivos, aficións..... en que as cousas estean así e con intención de empeorar?

17/01/2010
Afeccionados
C.D Portas 1 - 3 A.T Eiriña
Primeira derrota en A Rapeira.

Por fin o Portas se puido enfrontar en igualdade de condicións ó A.T Eiriña e os de Pontevedra foron moi superiores. Aínda así, o Portas tería as suas opcións, e de ter un pouco de sorte algún dos tres remates á madeira podería haber acabado en gol.

O equipo de Santos, sen os veteranos Figo e Piru, no aspecto defensivo e un equipo moito menos competitivo no que a seriedade defensiva na que se baseou o equipo para gañar os últimos encontros pasa a un segundo ou terceiro plano. Así o demostrou na primeira parte, na que dúas chegadas visitantes sobre a área de Rubén acabaron en sendos goles. Demasiado castigo para un Portas que sen estar a facer un bo partido tamén tiña as súas opcións.Manolo nun gran remate de cabeza no que voa sobre a defensa roxibranca envía uns centímetros por enriba do longueiro. Un pouco máis acertado, aínda que non o suficiente para trasnformar en gol, estivo Felipe, que a excepcional centro de Gustavo estrela o balón no longueiro. O Portas non dominaba, pero tiña as ocasións máis claras. Co resultado de 0-2 chegábase ó descanso.

No segundo tempo , a pesares de que o Eiriña non inquietaba a portería de Rubén mantiña a posesión do balón e exceptuando a súa liña defensiva trataba de xogar o fútbol como o fixeron poucos equipos dos que pasaron pola Rapeira, tocando e levando o esférico dun lado a outro na busca de espazos. aínda así o gol chegaría a balón parado. Falta ó borde da área que o dianteiro visitante golpea rasa e con dureza para batir por terceira vez a Rubén. Partido sentenciado. Felipe enviaba de novo á madeira, e a falta de 15 minutos, por fin conseguía anotar para maquillar un resultado que aínda que non fai que os granates descendan de posto na táboa, alonxa máis a todolos rivais directos que a excepción do A.T Estación gañaron os seus partidos.

10/01/2010
Afeccionados
A.C.D A Seca 0 - 1 C.D Portas
Fin á maldición de A Xunqueira.

Era a cuarta vez que os de Santos visitaban a Xunqueira nesta tempada, as dúas visitas anteriores remataran en derrota, a primeira en esperpento.....pero por fin os granates puideron colleitar tres puntos no feudo dos equipos da cidade do Lérez.

O Portas segue fiel os estilo dos últimos partidos, que lles está a dar bos resultados. Moi serio en defensa a pesares das baixas e aproveitando as ocasións xeradas arriba. Parece que Felipe vai collendo forma e atopándose co gol máis habitualmente do que o fixo na primeira volta. O desta xornada valeu tres puntos.Minuto 15, Mario e Manolo en medio campo xa enviaran algún balón perigoso á espalda dos centrais, pero desta vez Felipe atópase só ante o porteiro e non erra. Gol que a posteriori sería definitivo para os granates.

Durante o resto do partido o Portas seguía buscar o gol e atopariao ata en tres veces máis que lle foron anulados por supostos foras de xogo a Manolo e Rodri e falta ó porteiro no gol de Felipe que para nada molesta o meta local......A maldición de A Xunqueira tampouco desapareceu totalmente.....

Fóra destes tres goles anulados, o Portas tampouco inquietou demasiado ó porteiro branquiazul salvo en disparos lonxanos, fáciles para o arqueiro ou que sairon desviados.

A sorpresa do Figueirido ante o Barro e a derrota do A.T Estación apretan aínda máis a clasificación pola zona alta na que hai 5 equipos metidos en tres puntos. A vindeira fin de semana, visita do Eiriña A.T, rival directo que avantaxa ós grantes en un punto. Equipo ó que o Portas aínda non se puido medir en igualdade de condicións tralo sainete ocorrido no partido de ida, curiosamente en A Xunqueira.....

03/01/2010
Afeccionados
C.D Portas 4 - 1 Cerponzóns C.F
Repítese a historia.

Partido moi similar ó acontecido hai 15 xornadas cando estes dous equipos se enfrontaban na primeira volta. Moi desputado nos instantes iniciais nos que ámbolos dous equipos gozaron de ocasións de adiantarse e nos que ningún dos dous equipos era quen de dominar. Finalmente unha falta de entendemento entre o hoxe porteiro titular Rubén e Piru propiciaba que o hábil dianteiro branco conseguise adiantar ós visitantes no electrónico de A Rapeira. Como ocorrera no partido de ida o marcador desfavorable fixo espertar ós granates que se meteron no partido e comezaron a crear ocasións. Froito deste traballo conseguían o empate nunha xogada similar ó gol dos visitantes. O porteiro dubida e un hábil Felipe que arranca o ano reencontrándose co gol consigue poñer as táboas no marcador. A partires de aquí dominio absoluto dos granates que puideron chegar por diante ó descanso se o disparo de Gustavo non se atopara co longueiro no que sen dúbida houbera sido o gol da xornada.

No segundo tempo a mesma dinámica, un Portas moi metido no partido aínda que con pouca eficacia e escaso fútbol e un Cerponzóns que unicamente se achegaba á portería de Ruben en algunha contra. M áis por demérito da defensa granate que por mérito dos seus dianteiros. Na xogada máis inesperada e ca gran colaboración do ex-porteiro granate Contreras o Portas poñíase por diante. Os de Santos intentábano unha e outra vez sobre todo por banda dereita donde de novo un excepcional Gustavo colocaba con luvas, milimétricos balóns que non atopaban rematador ata que Javi se vestíu de dianteiro e en cinco minutos rematou dous magníficos centros que sentenciaron o partido. De aquí ó final pouco máis que contar....Como é normal Santos daba entrada a todolos xogadores convocados ca boa nova da recuperación de Víctor. O marcador non se movía e o Portas volvía amarrar tres importantes puntos para comezar o ano en A Rapeira.

20/12/2009
Afeccionados
C.D Portas 5 - 2 Barro C.F
Resolto en 10 minutos.

Moi lonxe do acontecido na última visita do Barro a A Rapeira o Portas non quixo especular co resultado e lanzouse a polo partido dende o primeiro minuto. Iso unido ó infortunio do porteiro visitante e ás concesións da defensa propiciaban que ós 15 minutos o partido se decantase para os granates por 3 goles a cero. Ca tranquilidade do marcador o Portas intentou xogar bastante a pelota e houbo momentos nos que enlazaron xogadas de mérito por parte dos locais. Froito do dominio local Rodri anotaba o cuarto con outro sensacional gol. O Barro estaba noqueado e nin sequera se aproximou á meta defendida hoxe por Johny. Antes do descanso Manolo cerraba a conta goleadora do Portas anotando o quinto.

No segundo tempo o Portas acomodouse ó resultado e distou moito do equipo visto no primeiro tempo. Moitos balóns aéreos, pouco toque, pases sen demasiado sentido, erros nas marcaxes... O partido igualouse e volveuse feo, insufrible por momentos. A pesares disto o Portas puido anotar algún gol máis, só o desacerto dos dianteiros foi impedimento, pois as facilidades da zaga e porteiro visitantes eran continuas. No canto de aumentar a renda goleadora o Portas viu como os visitantes sen facer demasiados esforzos conseguían dous goles que a pesares de non poder metelos no partido, maquillaban un resultado que de non ser pola falta de ambición local podería haber sido de escándalo.

Con esta nova victoria o Portas remata a primeira volta invicto en A Rapeira e cedendo só dous puntos ante o Verducido.

13/12/2009
Afeccionados
A.T Estación 2 - 1 C.D Portas
Cómo pasar do 3º ó 7º posto en cinco minutos.

Ás veces o fútbol é inxusto e onte probablemente fora unha delas. Quizáis un dos partidos maís serios dos homes de Santos no que vai de tempada, un soberbio Rubén que parou un penalti (inexistente por certo) e tamén parou o rexeite no man a man ante a pasividade defensiva. Dous tiros ó pau que de outras mil veces tiveran entrado novecentas.... todo isto non foi suficiente para traer a victoria da maldita Xunqueira. Bastaron 10 minutos de relaxación para que os azuis desen a volta ó marcador e se escaparan na clasificación deixando cara de impotencia e perplexidade na familia granate.

O partido arrancou coma o día, frío frío de..... pero pouco a pouco coma se dun diesel se tratara ámbolos equipos empezaron a soltarse e a profundizar nos seus ataques aínda así os porteiros non tiñan demasiado traballo. Por parte do Portas, Gustavo en banda dereita chegaba con profundidade e colgaba balóns perigosos que unhas veces o porteiro local e outras a falta de puntería dos arietes granates impedían que se convertisen en gol. Non tardaba en aparecer o perigo tamén a balón parado, esta vez intercambio de papeis, era Piru o que entraba con todo a rematar e a porta baleira o seu testarazo sae lixeiramente desviado por enriba do longueiro. As escasas chegadas do Estación remataban en disparos moi desviados ou despexadas polos defensores visitantes.Co marcador inicial e con máis de 10 foras de xogo por bando chegábase ó descanso.

No segundo tempo un Portas moi ordenado volcouse a polo partido, esta orde conseguía ademáis non despistar a retaguardia sorprendida en moi poucas ocasións. Felipe pedía cada balón, buscando un gol que lle está a resultar demasiado esquvco ó de Baión este ano. A xogada mereciao, balón roubado na frontal, pero lonxe da liña de área, tremenda volea do punta de lanza granate que de perfecta parábola se dirixe inexpugnablemente cara a escadra dereita da portería visitante, cando a grada xa cantaba o gol, o balón peta no lado dereito do pau e sae rexeitado coma unha exhalación paralelamente á liña de gol pero sempre sen atravesala.Nin os xogadores locais crían que iso non entrase no que houbera sido o gol da xornada. Apelando ó dito de que o que perdoa perde, chegaba a contra do Estación levada a cabo con velocidade extrema, pero cando o dianteiro xa non ten opción de remate e situado na liña de fondo, deixase caer na presencia de xogadores visitantes e o colexiado sinala penalti. Detería Rubén por dúas veces con dous paradóns. O Portas volvía a crer en sí mesmo e cercaba a un Estación que.... nen si nen non....

Nunha xogada similar á de Felipe e a falta de cinco minutos para o remate Javi amarra tremenda volea na frontal, que sumada ó efecto que colle o esférico fulmina ó meta local. Xusto premio para un Portas que de novo con once xustos botaba o resto para sacar un partido dificilisimo adiante. Pero como os encontros non rematan no minuto 40 senón no 45 máis desconto, o meu gozo nun pozo. Pájara defensiva ou rendición física ante o esforzo do partido, a cuestión e que en dúas xogadas mal defendidas, unha delas precedida dunha clara falta ó porteiro na que ata catro xogadores visitantes e outros tantos locais se enzarzan a patadas co esférico na mesma liña de gol mentras o porteiro está no chan. O caso é que este non quixo entrar, pero si o fixo tralo centro do córner sinalado. Estas dúas xogadas serviron para que un Estación, que está claro que non dou por perdido o encontro ata o pitido final se levara un partido que non mereceu. E así un Portas que a cinco minutos do final estaba situado terceiro na clasificación empatado a puntos co segundo (ó que de momento gaña no duelo particular ) baixaba ata o sétimo posto unha vez sinalado o final do encontro.

A vindeira semana derbi ante o Barro en A Rapeira para rematar unha primeira volta, que sen dúbida estivo marcada polas actuacións arbitrais que crisparon os ánimos no inicio de tempada. Mantendo o nivel e con un par de cambios que den aire o equipo cando o cansanzo comeza a aparecer o Portas podería agunatar o tirón ata as últimas xornadas.

 

06/12/2009
Afeccionados
C.D Portas 3 - 1 C.D Cesantes
Enganchados ó tren da cabeza.

Igualada é a palabra que define a competición ligueira desta tempada no grupo XVI da 3ª categoría autonómica. Calquera resultado é posible e calquera equipo pode dar a sorpresa. A victoria dos de Santos na casa ante un difícil rival coma o Cesantes xunto cos resultados que se deron nos demais encontros permiten ó Portas engancharse ó tren de cabeza, meterse de cheo na pelexa polo posto da promoción que disputan ata cinco equipos dando xa por inalcanzable ó equipo que está a demostrar maior regularidade, o Figueirido C.F.

En canto o encontro, de novo o escaso do plantel dos granates faría que tivesen que botar man dos xuvenís, Cristian xa habitual nas convocatorias do equipo de 3ª e Marcos que acudía por segunda vez, realizando ámbolos dous moi bo papel.

Os locais comezaban adiantándose no marcador por medio dun onte moi peleón Felipe, que parece que pouco a pouco vai recuperando a forma e reencontrandose co gol, Felipe recibía un pase interior de Cristian que o deixaba só para resolver ante o porteiro visitante. O Cesantes, non tardaba en empatar o encontro nunha das asignaturas pendentes dos de Santos, os balóns parados, falta infantil cometida no lateral da área e bolea inalcanzable para Rubén que poñía as táboas no marcador. De aquí ó descanso, ámbolos conxuntos se preocuparon máis en tareas defensivas que nas ofensivas e unicamente cabe destacar un disparo de  Javi que sale tocando o longueiro e un remate de cabeza de Manolo ó pau que atoparía posteriormente o porteiro.

Ó pouco de comezar o segundo tempo  chegaría o segundo para o Portas, de novo balón moi pelexado por Felipe que da un pase atras para Rodri que dende fora da área e cun tremendo zurdazo raso bate o porteiro do Cesantes. De novo, e por segunda xornada consecutiva temos que lamentar o infortunio, esta vez de dous xogadores visitantes, que tras chocar entre eles de forma violenta cabeza con cabeza teñen que abandonar o campo en ambulacia pero polo seu propio pé con sendos fortes golpes na cabeza. Quizais esto marcou o desenlace do partido, o Cesantes veriase na obriga de realizar  dous cambios forzosos, un deles o porteiro suplente. Aínda así non baixaba os brazos e seguía a pelexar ata que un córner botado por Javi remata Mario no segundo pau e Manolo de cabeza sentencia o encontro. A partires de aquí o Portas xa era o dono do encontro e podería haber ampliado a renda, pero un desafortunado Gustavo fallaría ata tres mans a mans co porteiro, ademáis doutra bonita xogada tras un autopase que detería o porteiro.

De novo victoria ante outro dos rivais que tamén están enganchados a ese ansiado tren que permite disputar a promoción a segunda, e o que é máis importante, continuar unha racha que comezaba despois da polémica (patética) arbitraxe de Figueirido e que únicamente o Gondar foi quen de romper pola mínima. Dous partidos quedan para rematar a primeira volta, a cal deles máis difícil, domingo, visita ó segundo clasificado en A Xunqueira (tememos visitar a Xunqueira) e a continuación visita dun sempre correoso Barro que de seguro tratará de poñer as cousas moi difíciles ós de Santos despois da épica victoria con oito xogadores da tempada pasada que impedíu os de Barro xogar a promoción.

29/11/2009
Afeccionados
S.C Libertad 1 - 3 C.D Portas
Recital dos once "da casa"

Tarde fría e chuviosa, e cando digo fría e chuviosa refírome ó frio do campo de A Lanzada, que aqueles que xogaron alí saben do que estamos a falar. Pois iso deberon pensar algúns xogadores da C.D Portas que ata o momento, (e sempre poderei rectificar esta afirmación se é o caso) non lles apetecía aparecer polo campo. Un exemplo do compromiso que numerosos integrantes do plantel actual teñan ca entidade. Consecuencia: o de sempre e coma sempre, os once da casa que nunca fallan a remar nun partido que se prevía duro para aguantar 90 minutos a pleno rendemento. A eses once podemos sumar tres máis, o adestrador Santos, que aínda convelecente da Gripe A acudía o campo, Pablo Martínez, un exemplo de compromiso e seriedade para os máis novos que ante a falta de Santos acudía en funcións de adestrador e Batoco, outro dos da casa.

O partido arrancaba mellor do esperado. O Portas non acusaba as baixas, e ademáis, e isto si que é novidade, tocaba o balón, daba máis de tres pases consecutivos e rompía unha e outra vez a liña defensiva do Libertad. Un Rodri moi activo en ataque e unha liña defensiva férrea apenas deixaban que o equipo local causase perigo. Saque de banda de Piru, peina Felipe e...... ¿sabemos como acaba? remito a crónicas anteriores...... ca variación de Mario ó remate. O segundo tamén obra de Mario daba "certa tranquilidade" a un marcador que podería haber quedado sentenciado, pois foron numerosas as ocasións das que dispuxeron os visitantes que seguían a xogar moi ben. O Portas non sentenciou e un desafortunado despexe do meta granate obrigouno a cometer un posterior penalti que remataba en gol. O Portas non lle perdeu a cara ó encontro e seguíu decidido a ampliar o marcador. Puidoo facer minutos máis tarde cando o penalti foi favorable ó Portas, pero un excepcional porteiro, do mellor do Libertad, detiña o lanzamento cal gato. A continuación veu a xogada desafortunada do encontro, falta a Sergio que non sinala o colexiado. O dianteiro aurinegro cae e Alberto que trata de depexar o máis lonxe posible, alcanza a cara do dianteiro ó que provoca unha forte contusión que o obriga a abandonar o campo en ambulancia. Dende aquí desexamoslle unha pronta recuperación.

No segundo tempo, e como é lóxico ó non dispoñer de recambios, o Portas acusou o baixón físico, sobretodo en mediocampo, Mario e Manolo totalmente desfondados non se facían co balón e o libertad recuperaba moitos balóns nesta zona que enviaba con perigo á area do Portas. Cando peor o estaba a pasar o conxunto granate chegou a choiva, que esta vez se aliou cos visitantes, pois caía con forza contra a meta local, impedindo que o porteiro conseguise sacar o balón moito máis alá da súa área. Así o Portas volveu encerrar ós aurinegros cun activo Gustavo que puxo varios centros perigosos que non atoparon rematador ata que chegou a cabeza de Manolo, que agora sí, parecía sentenciar o encontro.

Bo partido por tanto dos de A Rapeira no apartado futbolístico, demostrando garra e facendo bo fútbol, non así no apartado da imaxe que da o club ó viaxar con 11 xustos, quedando catro xuvenís fóra da convocatoria.

22/11/2009
Afeccionados
C.D Portas 6 - 3 S.P Portonovo
Moito máis cerca do que amosa o resultado.

Moi lonxe do expresado polo resultado estivo o visto no terreo de xogo, vale que podeía ser un partido para dar minutos ós menos habituais, pero a aliñación titular creaba o run run na grada. A pesares disto as cousas comezaban moi ben para os de Santos. Prácticamente ós dez minutos xa gañaban por 2 a 0 , iso sí, axudados das enormes facilidades concedidas polos de Portonovo. Ós 15 minutos, Felipe lograba o Hat Trick (tamén primeiros tres goles da tempada) ó empurrar un balón que incomprensiblemente se lle cola por debaixo dos pés no despexe ó porteiro laranxa.

Cando todo apuntaba a unha goleada granate semellante á tempada pasada, uns instantes de enaxenación transitoria vividos polo esta xornada porteiro titular Johnny facían que lle botase as mans a un balón que estaba polo menos 15 metros fóra da área, e que a priori non supoñía un perigo para os locais (como moito un gol) Expulsión do meta local, que no mesmo momento foi consciente do temendo erro, e o Portas de novo a remar con 10. A pesares de que o Portonovo apenas estaba a causar perigo e o Portas mantiña unha vantaxe de tres goles no marcador, a escasa intensidade do partido, a falta de actitude de algúns xogadores e o raro da reestructuración do equipo facían que o resultado fose un tanto irreal. Así foi como o Portonovo en 15 minutos marcou dous goles deixando un partido, a priori sentenciado, co resultado de 3-2 ó descanso.

No segundo tempo a tónica era semellante, o Portonovo non asediaba a meta de Rubén pero, visto o visto, o gol podía chegar en calquera momento e chegou, pero para o Portas. De novo saque de banda de Piru que peina Felipe, barullo na área e rexeite que na frontal envía Gustavo ó fondo da rede. De novo tranquilidade no resultado que rápidamente se trasladaba ó campo. Consecuencia......outra vez o Portonovo recurtaba distancias (4-3) e para nada o partido resolto. Sería nos minutos finais, cando un Portonovo xa desfondado, daba maoires facilidades (se se podía) para que os locais aumentasen a renda goleadora, conseguindo un resultado que para nada se axusta ó visto no campo, si se axusta as posibilidades amosadas por cada un, pero non á demostración das mesmas.

Partido que debe servir para correxir erros, e moitos, ante rivais que probablemente non van a dar tantas facilidades. Pois un equipo das limitacións do Portonovo que unicamente marcara 7 goles no que vai de tempada non pode complicar tanto un encontro, e menos con 3 goles de vantaxe no minuto 15 do primeiro tempo.

15/11/2009
Afeccionados
C.D Gondar 1 - 0 C.D Portas
Tarde gris...partido gris.

Visto o visto, que esta non será a tempada do equipo de 3ª Autonómica da C.D Portas está claro. Pódese achacar a moitas cousas (mala planificación, falta de compromiso por parte dalgúns xogadores, erros arbitrais, lesións....) pero a realidade é que o que se ve é o que hai. O obxectivo do equipo e pelexar por facer un papel digno na categoría co que hai, e ata o momento está a cumprir.

Reflexo do aquí mencionado, o partido de hoxe ante o Gondar, equipo que segue a pelexar por estar no máis alto da taboa aínda que creo que está a un nivel bastante inferior ó da pasada tempada. Polo visto no campo, quizais o resultado xusto fose un 0-0. Partido gris, coma o día, sen demasiada intensidade nin no campo nin na grada, quizais influido pola climatoloxía adversa que a pesares de descargar con forza durante a mañá concedeu unha tregua para que o encontro se puidese disputar nun terreo de xogo en mellores condicións ás esperadas.

De inicio ámbolos dous conxuntos se trataron con respeto, especulando un pouco co resultado e deixando que fose o equipo rival o que tomase a iniciativa. Nestas andabamos cando unha falta "rigurosa cando menos" na frontal da área do Portas era transformada con maestría polo xogador local Brian, puidendo Rubén facer moi pouco. A pesares do gol, o partido non cambiou a súa dinámica, sen un dominador claro, o balón chocaba equitativamente con xogadores granates e azuis que non acertaban a fiar unha xogada (tampouco as condicións eran as mellores).Aínda así eran os locais os que máis tiñan a pelota, sobretodo en mediocampo, pero sen crear perigo a Rubén.Cun partido físico coma o de hoxe o Portas tiña todas as de perder, pois non é a física unha condición que estea demasiado traballada nos de Santos estando o máximo representante do poderío físico do equipo, Alberto, no dique seco. Os visitantes so poderían confiar en que o vento se aliase con eles obrigando ó Gondar a retrasar as liñas, este foi un pouco o guión do segundo tempo. O Portas conseguíu salir da súa área e rondou a meta visitante durante boa parte deste segundo tempo, pero sempre sen demasiado perigo, moi apáticos os dianteiros, e un mediocampo inexistente ó baixar Manolo o seu rendemento. O maior perigo do Portas seguindo a dinámica dende a volta de Piru viña de saques de banda, que por moito que algúns xogadores granates braceen no medio campo, expresando disconformidade con este tipo de xogadas, seguen a teer unha efectividade alta. O Gondar chegaría con perigo unha soa vez de disparo lonxano que o longueiro se encargaría de desviar. Para o Portas habería dúas xogadas "dubidosas". Gol anulado ó pouco de comezar a reanudación por posible falta ó porteiro tras un barullo dentro da área. Posible penalty sobre Cristian nos minutos finais cando un defensa que se cae engancha ó de Portas no momento que preparaba o disparo. Falta tan dubidosa como a que supuxo o gol do Gondar cando menos, co engadido de que esta sería dentro da área. A pesares disto, un colexiado correcto, dos que saben de que vai isto do fútbol, e das emocións que se viven sobre o céspede, que se equivoca coma calquera, pero que non o fai, ou polo menos fai que non pareza, que sexa malintencionadamente.

A vindeira semana a visita do Sporting Portonovo, ca incógnita de cal será a noticia da semana. Quen se lesionará, quen terá unha viaxe inoportuna ou quen se irá de vacacións a Cancún

08/11/2009
Afeccionados
C.D Portas 1 - 0 S.D Campelo
Gol de Figo e pouco máis.......

Partido similar ó da semana pasada, ca única diferencia que non hai a excusa do campo, pois onte o terreo de xogo era de herba e non estaba encharcado pero fútbol puidose ver máis ou menos o mesmo. Nos primeiros 15 miutos foi o Portas quen quixo levar a iniciativa do partido e o gol de Alberto non tardaba en chegar. Saque de banda en longo, peina un dianteito e remata Alberto no segundo pau..... Así chegarían unha e outra vez as xogadas de perigo do Portas con saques de banda ou balóns colgados a área que non atopaban rematador e cando o atopaban, un seguro porteiro visitante atrapaba ou desviaba a córner. Pronto espertou o Campelo que non levou onte o partido pola falta de puntería, pois gozou de máis ocasións claras ca o Portas. Ós dez minutos de encaixar o gol, respondeu cun trallazo dende a frontal que petou no longueiro da portería defendida por Rubén. Neste primeiro tempo poucas aproximacións máis a unha e outra portería salvo algún libre directo no borde da área.

No segundo tempo, o Portas dou o resultado por bo demasiado pronto e deixou de crear ocasións, permitindo que fose o Campelo o que chegase con perigo a área dos locais. Unhas veces Rubén, outras veces a defensa e outras a falta de puntería dos dianteiros branquinegros impediron que chegase o empate. O Portas precipitado en defensa e mediocampo unicamente se adicaba a levantar balóns por enriba do gradarío local sendo incapaz de manter a pelota a base de toque e toque. A precipitación nos pases facía cometer demasiados erros que eran subsanados con perigosas faltas nos laterais da área grande. O Campelo tampouco realizaba un vistoso fútbol, pero cas liñas moito máis adiantadas encerraba ó Portas na súa área. Cun Campelo volcado en ataque, os granates terían ocasións para sentenciar o partido. Gran xogada de Gustavo, de novo o mellor dos de Santos que se interna pola banda, envía un balón medido os pés de Felipe que só ante o porteiro falla o remate e envía fóra.Tamén Javi, que entraba neste segundo tempo tiña opción de sentenciar, pero cando podía encarar só ó porteiro, entretense e perde toda a vantaxe ó permitir o repliegue da defensa.

O positivo, de novo tres puntos para a saca que alzan ó Portas a unha posición merecida polo esforzo realizado por todo o mundo neste inicio de tempada, loitando contra problemas deportivos e extradeportivos que mermaron as posibilidades deste equipo que agora con 17 puntos se sitúa 5º na táboa, habendo disputado dous partidos menos ca o resto de equipos nos que ó Portas non se lle dou a opción de loitar os tres puntos no terreo de xogo.

O negativo, que con partidos coma o de onte, ou o da pasada fin de semana será moi dificil doblegar a rivais máis fortes, coma por exemplo ó Gondar, próxima visita dos granates na vindeira xornada. Moito haberá que traballar esta semana para ter opcións contra un equipo que en canto a fútbol, a tempada pasada foi do mellor que vin.

01/11/2009
Afeccionados
Campañó A.D.X 1 - 2 C.D Portas
O mellor..... O resultado.

Tarde desapacible para practicar fútbol, moita choiva e moi pouco campo para metela toda. Despois do presenciado no campo do Campañó, tamén desapacible para velo. Partido típico de terceira rexional. Barrizal de campo, tarde chuviosa de inverno e o balón máis raso a 20 metros do chan.

O Portas iniciou enchufado, disposto a cerrar o partido canto antes. A base de saques de banda e de esquina conseguía acorralar ó rival creando moitas ocasións pero sen excesivo perigo. Pouco a pouco o Campañó comezou a despertar do seu letargo e as concesións do Portas, sobretodo en mediocampo era aproveitadas polo Campañó para empezar a probar a Jonhny, que hoxe xogaba o seu primeiro partido coma titular. A falta de cinco minutos para o descanso, o incombustible Piru empalma un rexeite dende case o mediocampo, para borrar calquera atisbo de vida na escadra dereita da meta local. 0-1 ó descanso.

Trala reanudación "máis do mesmo" e de novo Piru como protagonista, esta vez asiste de saque de banda para que Carlos cabecee ó fondo da portería. 0-2 e a sensación de que o partido estaba sentenciado, e poderia habelo estado de non ser porque tras este gol o Portas borrouse do encontro. Axudado polos desaxustes dos granates, o Campañó comezou a animarse de novo, e o perigo sobre a portería de Jonny comezaba a ser máis intenso. Xusto cando o Campañó máis perigo estaba a crear, xogada pola banda de Sergio que pon un centro á área que é desviado polo xogador local ca man. Penalti a favor do Portas, que asumía Carlos para transformar. Non tería a sorte de cara o de Ghana e atraparía sen problemas o porteiro, que saca en longo rápidamente donde o dianteiro local pilla por sorpresa a todo o combinado granate e bate a Jonhny no que sería o 1-2 que lles daba vida os de Campañó nun partido que podería haber quedado sentenciado minutos antes. De aquí o final do encontro, partido de patio de colexio: choques, pelotazos, cero fútbol, pero tres puntos para a saca do Portas que serven para continuar ca traxectoria ascendente deste equipo que parece que empeza a levantar a cabeza tras un inicio de tempada "axitado". Esta semana non hai xogadas para analizar no roubómetro.

25/10/2009
Afeccionados
C.D Portas 3 - 2 S.D Combarro
Canto máis duro nos golpean máis forte nos levantamos.

Nin ter catro xogadores sancionados con longas sancións, nin ter media ducia con lesións, algunhas que se prolongarán nos próximos meses, nin pensar en que haberá que xogar contra doce (11 de azul e un de negro). Nin sequera que nos visitase o líder con só unha derrrota no seu haber. Nada disto merma un equipo que está a dar unha gran lección de superación en cada partido donde as cousas se lle poñen,ou llas poñen máis difíciles. O Portas xogou de ti a ti a un equipo que estivo ó borde do ascenso a tempada pasada e que mantén o obxectivo neste ano. Sempre foi por diante no marcador. Foi víctima dun gol anulado totalmente legal que supoñía o 2-1 pero finalmente logrou os tres puntos.

O equipo, mermado por todo o anteriormente citado botou man dos xuvenís e formaron no once inicial Casal, Toño e o habitual Cristian que rendiron a un gran nivel, sobretodo este último que pelexou cada balón, inquietou á zaga visitante, buscou o gol e atopouno nunha gran xogada que define con moita calidade. Os xuvenís aportaron frescura e sobretodo ambición a un equipo que tiña a moral moi debilitada tralos escándalos arbitrais de A Seca e Figueirido.

O Portas non quixo especular co resultado e buscou os tres puntos de inicio. Rodri, moi participativo no día de onte e Cristian que se desmarcaba con intención e buscaba o desborde inquedaban a portería do Combarro, que tamén tiña as súas opcións e puido poñerse por diante en varias ocasións sobretodo nos minutos iniciais, pero finalmente sería o Portas o que golpeara primeiro. O incombustible Piru, que tras tres partidos xa está a rendir ó nivel da tempada pasada (ou quizáis máis) enviaba ó fondo da rede un centro posto dende a banda para establecer o un a cero. O encontro seguíu igual. O Portas buscaba ampliar o marcador e o Combarro a igualada que conseguiría pouco despois tras definir un excepcional pase que o dianteiro transforma. De novo serían os azulóns os que a volverían ter e Piru sacaría dúas veces na mesma xogada baixo paus cando Rubén xa estaba batido. A continuación a xogada para analizar a nova sección que se creará na web "O Roubómetro". Balón en profundidade para Cristian que recibe en posición correcta, controla sen que o colexiado sinale nada antirregulamentario pica ó porteiro e cando este "traga" Piiiiiiiii!!!!!!! fóra de xogo (de risa).

1º - Posición totalmente regulamentaria
2º - Ou se pita cando o dianteiro controla o balón ou non se pode pitar.

As tablas non valían para ningún dos dous equipos e ambos buscaban o desempate que lles permitise sumar de a tres. Sería de novo o Portas o que se adiantase, Cristian aproveita a concesión da feble defensa rival, revólvese con calidade e dispara con potencia axustado ó pau dereito donde o porteiro non pode chegar. Dez minutos para o final do partido e tres puntos que parecían quedarse na Rapeira. Nestes intres ó Portas custoulle aguantar a presión e o Combarro sen nada que perder cargou con máis forza. Rubén, inconmensurable, sacouna dúas veces no man a man cando a grada xa cantaba o gol pero nada puido facer na seguinte xogada cando un tiro cruzado dende a dereita era empurrado no segundo pau ó fondo da rede. Un empate que agora sí o Combarro daba máis por bo que o Portas, que vía como se lle escapaba un partido que tiña gañado. Aínda así, xa no desconto (que pareceu interminable) ámbolos dous equipos seguiron buscando un gol que lles dese os tres puntos. Piru tería a súa, pero faltoulle calidade para definir. Na últimísima, Gustavo dende o centro do campo ve o meta visitante adiantado e sin pensalo golpea con potencia un balón que se eleva perigosamente cara o ceo e coma se o tempo pasase a cámara lenta mentres o silencio invade a bancada en espera do desenlace, comeza o seu descenso cara a portería do Combarro. Finalmente o silencio transfórmase en ledicia nos xogadores e afeccionados locais e incredulidade e decepción para os visitantes que ven como o balón, axudado polo desafortunado meta visitante, se cola entre os tres paus.

Importantísima victoria para os homes de Santos que tralos acontecementos deste inicio de tempada, comezaban a entrar nunha espiral de infortunios que podía pasar factura ó equipo. E un aviso a navegantes, o Portas está vivo e moi vivo, e canto máis duro o golpeen, máis forte se levantará en espera de derrotar ó terceiro equipo que como líder queira visitar a Rapeira tras Monteporreiro e Combarro.

19/10/2009
Afeccionados
Figueirido C.F 2 - 1 C.D Portas
¿Hasta cando?.

Sexta xornada de liga, quinta sen rematar o partido con 11 e segunda sen rematar o partido. Non vou adicar demasiadas liñas a este tema, porque me da noxo falar destes personaxes enfundados en traxes negros que nos asaltan cada fin de semana. O único que digo e que alguén deberá tomar medidas porque as cousas xa se están a quentar en demasía e vexo próximo o día no que algún calcule mal a liña na que está a xogar e entón pasará algo. O que non é normal é que de 6 partidos:

- Dous inacabados.
- Dous con dous expulsados.
- Dous con un expulsado.
- Un con tres expulsados.

Curiosamente, as peores arbitraxes sufrimolas nos desprazamentos, no que estes esperpénticos personaxillos quizais se vexan amparados no público e no equipo rival para levar a cabo os seus asaltos. A ver cando algún destes valientes que os sábados pola noite de copas vacilan sobre o número de xogadores que lle expulsarán o Portas ven a dar a cara a Portas.

En canto o partido, copio e pego a crónica do Eiriña A.T, cando o Portas estaba a perder por un gol a cero, falta inventada polo árbitro que protestan algúns dos xogadores granates, entre eles Manolo que ve o cartón vermello por agredir física e verbalmente de maneira inxustificada ó señor de negro con frases tan fortes como "¿Como podes pitar eso?" (Merecedora de prisión sen fianza polo menos) ó que o profesional responde: "venga primer expulsado, ¿siguiente?" Acércase Pablo Martínez en condición de capitán para dialogar e tamén o envía á caseta. A cousa ponse tensa e o partido suspéndese reclamando o colexiado a presenza da Brigada Aerotranspotable de Figueirido con polo menos dous carros de combate para parar os exaltados xogadores visitantes, como estaban ocupados, foi suficiente ca presencia da Garda Civil. A Federación xa debería ir pensando en darlles tamén inmunidade diplomática.

Resultado. Dous expulsados máis, outro atraco, e a sensación de que aquelas palabras que de oídas chegaron a A Rapeira dun destes pouco profesional e visionario colexiado "Se os va a hacer muy larga la temporada" parecen estar a cumplirse . Dado que eu non creo nas visións, isto empeza a sonarme máis a conspiración. Repito que antes de que pase algo serio, alguén deberá tomar cartas no asunto.

11/10/2009
Afeccionados
C.D Portas 2-0 S.D Monteporreiro
Saltou a sorpresa en A Rapeira.

Un Portas máis que acuciado polas baixas (Mario, Brendan, Carlos, Figo, Michel, Rubén, Johnny, Felipe, Adrián....) plantou cara a un difícil rival que está chamado a ocupar os postos altos da clasificación nesta tempada. Con un único cambio, o Portas debía tratar de aguantar o máximo posible no primeiro tempo sobretodo intentando manter a orde de forma que non estivese obligado a un gran desgaste físico, o obxectivo cumpriuse e ademáis chegouse o descanso con vantaxe no marcador tralo gol conseguido por Javi nun lanzamento maxistral de falta que sobrepasou a barreira e se colou na meta defendida polo difícil porteiro visitante, que neste preimiro tempo salvou ó seu equipo de encaixar algún gol máis.

No segundo tempo, o Portas mantivo o mesmo sistema sen tratar de especular co resultado e tería algunha oportunidade máis para ampliar a renda, mentres os Monteporreiro tampouco inquietou en exceso a porteria hoxe defendida polo xuvenil Cristofer. Realizado un dos dous cambios dispoñibles que daba entrada no campo a Víctor, polo tocado Javi, o Portas comezaba a dar o resultado por bo e tratar de defendelo. Foi aquí cando o Monteporreiro gozou das mellores ocasións que non soubo aproveitar. Nos últimos minutos Santos daba entrada á debutante Félix, que como xa ocorrera a semana pasada con Piru, no primeiro partido xogado logra un gol que a falta de 5 minutos levaba a tranquilidade ó electrónico de A Rapeira.

Unha victoria moi importante para os granates, que foron quen de superar ó segundo clasificado cun equipo de circunstancias e lles permite auparse un pouco na clasificación para non verse sumerxidos na zona baixa.

04/10/2009
Afeccionados
C.D Portas 1-1 Verducido C.F
Un punto in extremis.

Tralo circo da semana pasada e as lesións varias que sacuden ó plantel da C.D Portas recibiase na Rapeira ó Verducido, cun equipo plagado de baixas pero co regreso de Michel, Jose e o gran capitán, Piru.

Ámbolos dous egresados partían de inicio no banco, mentres Michel o facía no equipo titular como mediocentro. A defensa de circunstancias composta por Martínez e Manolo estivo demasiado permisiva e insegura nos minutos iniciais. Sería tras unha indecisión da zaga local cando aproveitou o rapidísimo dianteiro do Verducido para plantarse só ante Rubén e batilo por baixo. O Verducido non volvería aparecer pola meta defendida por Rubén ata os minutos finais e sería o Portas quen crearía todalas ocasións de perigo sobre a meta rival, asediada por momentos.

Ata tres disparos o poste se puideron contabilizar, dúas que sacaron de debaixo dos paus os defensas verdes e algunhas máis nas que estivo atinado o porteiro. As xogadas perigosas do Portas viñan por banda dereita donde Gustavo volveu a estar sensacional colgando moitos balóns á área, donde ningún dianteiro acertaba a rematar e encarando de fóra cara a dentro sen atopar portería.

Da conexión Michel-Cristian tamén naceron xogadas que finalmente marcharían rozando o longueiro ou desviadas polo meta visitante. Cristian sería o que gozaría das mellores ocasións gracias á facilidade que ten para recurtar nun metro e armar o disparo con ámbalas dúas pernas. A pesares de asediar a meta visitante o Portas non conseguía igualar un marcador que cada vez parecía máis definitivo. No segundo tempo Santos daba entrada a Jose, que aportou velocidade e garra a un equipo que parecía baixar os brazos. Ninguén diría que o pamplonica leva dous anos sen xogar ó fútbol. O Portas seguía creando moito perigo e fallaba o incrible. Tería que ser o gran capitán Piru que entraba a 15 minutos do final, o que a balón parado conseguise igualar un marcador que facía crer na victoria cando o empate parecía imposible. E a victoria puido chegar se o colexiado vise un penalti clamoroso nun saque de esquina. O defensa eleva a súa man ata o ceo para despexar o balón. Tres metros separaban ó trencilla dunha xogada na que por defecto hai que estar a mirar o que pasa na traxectoria do balón, e de ser así e ter vontade, hai que pitar. Na seguinte xogada, Rubén ten que facer unha saída axustada na que recibe o segundo cartón amarelo que o leva precipitadamente á ducha. Catro partidos, cinco expulsados e seguimos sen dar unha patada.

O mellor.Que o Portas, a pesares das baixas soubo recompoñer o equipo e realizar un partido aceptable. E sobretodo a volta dun todoterreo coma Jose e un referente en defensa coma Piru, que en contra do que reflexa a enquisa semanal parecen dúas fichaxes moi acertadas tal e como están as cousas.

O peor. De novo a lesión de Michel que o terá no dique seco polo menos dous meses e a falta de pegada dos granates que so puideron batir a meta rival a balón parado.

No apartado arbitral: rigurosísima explusión de Rubén a 5 minutos do final e un penalti de libro que podería haber deixado os tres puntos en A Rapeira. No seu favor, veu a demostrar que a autoridade non se consegue con cartóns e chulería senón con personalidade e convicción. Pois na xogada do penalti, similar á de hai sete días, na que de novo varios xogadores protestaron, non só non expulsou a ninguén, senón que nin sequera sacou un cartón amarelo.

Haberá que esperar dúas ou tres xornadas máis para valorar se os comentarios que chegaban esta semana A Rapeira procedentes dalgún colexiado (pouco profesional) molesto pola crónica da web oficial da xornada pasada que afirmaba que este tempada se lle ía facer longa ó Portas, son certos. De momento "vamos a crer na profesionalidade deste gremio" e pensar que realmente o árbitro non viu o penalti e Rubén estivo ben expulsado.

27/09/2009
Afeccionados
Eiriña A.T 5 - 0 C.D Portas
Patético, Bochornoso, Deleznable, Repugnante.....

O titular non trata de resumir o partido entre o Eiriña A.T e o Portas, porque definitivamente éste non existitu, e non existiu porque ó "señor" colexiado (o de señor quédalle moi longo) D. Asier Fariña Biasi que probablemente pasou unha mala noite ou estaba cabreado porque non puido ir á praia, lle dou a gana de convertilo nun circo (Pinchar Aquí) e nunha estafa. Nun circo denigrante pola humillación á que se someteu a un dos participantes, máis ben a once, e nunha estafa á que se someteu a todo o público asistente que probablemente tivera cousas moito mellores que facer nun día coma o de hoxe que asistir a este esperpento.

O partido rematou no minuto 20 do primeiro tempo cando a este personaxe se lle cruzaron os cables e tras conceder un gol no que hai ata tres violacións do regulamento. Planchazo impresionante no centro do campo, fora de xogo e control ca man, decide expulsar a Mario, Brendan e Felipe con cartón vermello directo por protestar. Estes personaxillos de apenas 20 anos, normalmente futbolistas frustrados ou mercenarios a soldo, tratan de solventar as súas frustracións e inseguridades co placer que da o poder e a autoridade, autoridade que a Federación concede, sen esixirlles nin darlles unha formación mínima, e que únicamente destina a pitar nos campos de A Xunqueira, pois noutros sitios terían algún problema maior..

A estes tres rapaces da C.D Portas probablemente lles caerán unha morea de partidos sen dar nin sequera unha patada, e a este energúmeno con pito que hoxe se paseaba polo campo con actitude prepotente e chulesca ¿qué? ¿cal será o seu castigo? palmadiña na espalda da federación e a pitar alevíns para a semana (así se ensinan ás categorías base para despois queixarse en afeccionados). Ah non, que na federación so se castiga ós que pagan, non ós que cobran. Se non hai efectivos para cubrir este estamento, pois haberá que limitar os grupos, pero o que non se pode é enviar a un campo a un xusticieiro que acabe ca paciencia, ilusión e motivación que unha serie de rapaces que so queren facer deporte. FORMACIÓN e ESIXENCIA por parte da Federación, para eso os clubes pagan relixionasamente cada ano. Non para que estes señores que misteriosamente levan ahí toda a vida, sen mellorar ningún aspecto do fútbol afecionado se enchan os petos.

Do circo-partido nada máis que comentar, que aínda con 8 dende o minuto 20 a C.D Portas conseguiu chegar ó descanso perdendo pola mínima (recordemos gol antiregulamentario) e cunha arbitraxe como non recordo outra en toda a miña vida, contando incluso os partidos de solteiros contra casados do meu pobo. Ata 10 foras de xogo de bulto puiden contar, despois entre o cabreo, a impotencia e que se me acabaron os dedos non fun capaz de seguir. Como era obvio, trala reanudación, o Eiriña comezou a golear. Despois de dúas inoportunas lesións nos visitantes e cos cambios esgotados o partido tivo que darse por finalizado ó quedar o Portas con seis xogadores.

Este ano comezamos cedo, primeira visita á Xunqueira e primeira humillación e non futbolísticamente falando. ESTAMOS CANSADOS DAS ARBITRAXES DA XUNQUEIRA. O próximo ano podería proporñerse un grupo de 3ª so con equipos de A Xunqueira, así todos xogarían nas mesmas condicións

20/09/2009
Afeccionados
C.D Portas 4 - 4 A.C.D A Seca
Chamando á porta da épica.

Coma se dun calco do partido de hai un ha semana en Cerponzóns se tratara, aínda que con diferente resultado, a C.D Portas debutaba ante o seu público con pouco fútbol e arrancando un punto nos minutos finais ante un rival que foi superior futbolísticamente durante todo o encontro.

Cas importantes baixas de figo, Michel e Javi que están mermando ó equipo neste inicio ligueiro, Santos dispuxo do mellor once que podía para tratar de frear ó equipo blanquiazul. As chegadas de perigo dos visitantes eran constantes, incluso de saque de portería gracias á potencia de saque do porteiro rival. O primeiro gol non se faría esperar demasiado. De xeito similar o que ocorría o Domingo en Cerponzóns, xogada inofensiva na área local para despexar, Mario queda protestando unha clara placha que o colexiado non ve mentres o dianteiro visitante aproveita para fusilar a Rubén. Dez minutos máis tarde a xogada máis repetida do partido, saque longo do porteiro visitante e da indecisión de Brendan e Mario aproveitase o dianteiro visitante que consegue de novo batir a Rubén. 0-2 e a sensación de que o partido estaba finiquitado, pois o Portas únicamente era quen de chegar á portería contraria a base de saques de banda ou córners. Sería nun destes e de xeito moi similar ó domingo pasado no que Gustavo coloca un balón perfecto para que Manolo cabecee de xeito excepcional establecendo o 1-2. co que se chegaba ó descanso.

O medio campo con Manolo tocado e Carlos, que non tiña un dos seus mellores días non estaban axudando nin á creación nin á destrucción do bo xogo que propoñían os xoves e cadrados gamos da Seca. No segundo tempo, santos daba entrada ó xuvenil Cristian que substituía a Carlos, pero o xogo non notaba ningunha melloría. Ós dez minutos, xogada embarullada na área visitante que un defensor corta claramente ca man. Penalti que de novo transformaba Brendan para establecer o empate e meter de novo ós granates no encontro. Que mellor maneira de meterse de novo no encontro que con dous novos erros que permitían os blanquiazuis ampliar a súa renda ata o que parecía un insalvable 2-4. Na última media hora ca entrada de Víctor e Adrián, os locais con máis corazón que cabeza conseguiron cercar a portería rival e tras unha xenialidade de Cristian que conseguía un bonito gol nun balón peinado de Víctor e un oportunista Víctor que no minuto 47 envía ó fondo da rede un balón golpeado duramente dende a frontal por Gustavo (de novo do mellor dos locais ) establecíase o definitivo catro a catro que nestes momentos parecía máis que suficiente, pero que soubo a pouco tralas ocasións das que o Portas dispuxo nos últimos instantes que fácilmente puideron significar o 5-4.

Esperemos a pronta recuperación dos lesionados para tratar de ver un mínimo de fútbol en A Rapeira, pois a ameaza de partidos soporíferos e a sensación que deixa o equipo nos encontros disputados dos que tamén se pode sacar un resultado positivo e é que baixo mínimos o equipo leva conseguidos 4 de 6 puntos posibles.

13/09/2009
Afeccionados
Cerponzóns C.F 1 - 4 C.D Portas
Victoria moi traballada

Arrancou a liga 2009-2010 do grupo XVI da terceira rexional, e o Portas conseguíu os tres puntos nun terreo moi difícil e con dez xogadores todo o segundo tempo.

Insufrible primeira media hora na que os dous equipos maltrataban o esférico, inexistentes mediocampos, e movementos en longo sen sentido, consecuencia.... nen dous pases consecutivos e o aburrimento absoluto do respetable. Sen zona de creación e cas liñas excesivamente separadas, eran Mario e Brendan os encargados de iniciar as xogadas con desplazamentos en longo imposibles para os dianteiros.

O máis interesante deste primeiro tempo ocorrería nos 15 minutos finais. Adiantábase o equipo local tras un centro dende a banda que consegue rematar o seu dianteiro entre os dous centrais. Parece que o gol fixo espertar ó Portas que se colocou mellor no campo, e comezou a ter un pocuo máis a pelota. Sería de remate de córner cando Carlos conseguía adinatarse á defensa local e poñer as tablas no marcador. Minutos máis tarde, Felipe provocaba un penalti que Brendan se encargaba de transformar. Con vantaxe no marcador para os granates chegábase ó descanso.

Nada máis iniciar o segundo tempo, Carlos vía o segundo cartón amarelo que o enviaba á ducha, terá que calmarse o mediocampista do Portas, pois nos dous partidos xogados víu tres cartóns amarelos e verá máis se non calcula mellor as entradas. Co handicap de xogar con 10 e a baixa forma física propia do inicio de tempada, o Portas debía afrontar todo o segundo tempo, e fixoo con solvencia. Lonxe de replegarse, as liñas xuntáronse, e as xogadas de perigo comezaron a chegar. Moi activo Gustavo, quizais o mellor do partido, que chegaba sempre con moito perigo á liña de fondo e centraba a área donde nin ninguén acertaba a rematar. Sería de novo de córner cando Manolo cabeceaba marcando os tempos e anotaba un sensacional golazo. O cuarto sería para o xuvenil Cristian, que aproveita un barullo na área para conseguir un gol de pillo.

O positivo, o resultado e o traballo, pois cun equipo de circunstancias, cos únicos cambios de xogadores dos xuvenís acadouse unha importante victoria. Pero falta moito traballo para poñer a punto un equipo que necesita moito máis se quere ser competitivo.