Dende a perspectiva que otorga o haberen pasado unhas cantas horas do encontro que onte disputaron Vilagarcía S.D e C.D Portas en Berdón podemos empezar a analizar o acontecido, pois non é pouco: sete goles, dous máis anulados, unha expulsión, unha remontada antolóxica, e a resolución a penaltis....
Dende o principio..... o Vilagarcía comezou o encontro aínda no Samà-Samà ou no Hibernia dando os últimos coletazos á noite de Santa Rita, feito que o Portas aproveitou para establecer un 0-3 ós 10 minutos. Saque de centro, Felipe toca atrás para Javi, que envía longo por banda para que Toño a poña por abaixo e o propio Felipe empurra. Non se cumprira o minuto 1 e o Portas avantaxaba en dous goles a eliminatoria. O segundo é unha maxistral obra de Javi, que tras salir do regate golpea dende a liña de tres cuartos para colocala por toda a escadra. Casal sumábase á festa rematando no segundo pau un córner botado por Cristobal. Golazo do de Briallos para anotar o 0-3 presaxio dunha goleada.
A touro pasado poderíaseme tachar de vantaxista, pero é certo que co cero a tres no marcador, había algo que non encaixaba, o Vilagarcía parecía que a cada gol trataba de meterse máis no partido e en ningún momento arroxaba a toalla, tendo en conta que debía marcar 5 goles para remontar a eliminatoria. A isto poderianse sumar recentes hazañas dos granates coma a remontada que conseguía o Gondar en A Rapeira tras un 2-0, a do A.T Estación en A Xunqueira no desconto ou a case remontada do Sporting Portonovo. O certo é que tralo primeiro gol do Vilagarcía casi inconscientemente estaba botando conta dos goles que tería que marcar para pasar e non pensando na goleada que encaixaría, síntoma de que algo ía mal para o Portas, máis cando dende o terceiro gol, o equipo quedou anulado. Mediocampo inexistente, imprecisa e débil liña defensiva e desacertados en ataque. Os de Santos estaban xa decididos a defender a renda dos tres goles de vantaxe da eliminatoria ata o final....craso error, pois os de Vilagarcía xa estaban no campo e mesmo recuperados dunha posible resaca da noite anterior. Resultado; 3 a 3 ó descanso.Incrible pero certo. Se o Portas conseguira tres golazos -gracias á permisividade defensiva dos arousanos- nunha actitude de xenerosidade concedeu os mesmos agasallos.
No segundo tempo, o Portas seguíu empeñado en defender o único gol de vantaxe que lles quedaba e case o consegue, pero os nervios propios de ver como unha eliminatoria sentenciada ós dez minutos estaba a punto de escaparse, unidos o cansanzo dunha tarde máis propia do mes de agosto -no climatolóxico- doblegaron ó equipo, que non se víu refrescado polos cambios, pois Gabriel e Mario que entraban no segundo tempo apenas aportaron frescura a un conxunto que xa levaba tempo xogando en campo propio. Dúas indecisións do porteiro local puideron ser aproveitadas polos granates para sentenciar -un gol neste momento habería sido decisivo- pero o Portas non aproveitou. A falta de 20 minutos Javi era expulsado con cartón vermello directo a instancias do xuíz de liña e a falta de 10 minutos o Vilagarcía remontaba o partido, 4-3 , impensable, incrible, o nunca visto, un mal soño..... Un gol que obrigaba a decidir a eliminatoria nos penaltis. Cos brazos baixados e no desconto, Felipe recibe un balón en profundidade, o porteiro dubida e o de Baión peina por enriba para marcar o empate que clasificaba ó Portas. Delirio colectivo no banquiño, na grada e no campo que impedía ver a bandeira levantada do liña que anulaba -inxustamente- o gol de Felipe, que se atopaba un par de metros -como mínimo- por detrás do último defensor. O trío arbitral tamén quixo ser protagonista e dar unha oportunidade máis a un equipo que foi
mellor durante 70 minutos, que fixo un gran esforzo pero que debeu caer eliminado no último minuto.
Impás, hidratación, e asunción de responsabilidade para tirar as penas máximas que decidirían a eliminatoria. Un novo protagonista entraba en escena....Jonnhy, que esta semana era noticia no foro, quixo seguir en portada e conseguiuno por méritos propios. Quizáis un pouco desafortunado, nalgúns dos goles do Vilagarcía, transformouse en heróe en 10 minutos. Non podemos dicir que os rapaces do Vilagarcía tiraran mal os penaltis, pois sería restarlle mérito o arqueiro granate. Dúas penas máximas golpeadas con dureza e axustadas o pau, que o de Curro acerta e detén cunha solvencia asombrante, especialmente bonito o segundo, a media altura e a man cambiada.E outros dous que acerta pero non chega, No cuarto penalti Felipe podía decidir....e aínda había marxe de erro.O ariete coloca o esférico, o porteiro incordia, dous pasos para atrás e..... GOOOOOOL, o Portas a cuartos de final donde o espera o Libertad S.C que remontou o 4-0 da ida con un 7-1!!!!.
Gustoume:
A actitude dos equipos, que libraron unha batalla sen cuartel, cas tensións propias dun encontro que toma estas características e que ofreceron un espectáculo digno dunha final. Saúdos ó final, tristeza para uns, alegría para outros e as tensións olvidadas no campo.
Non me gustou:
A actitude de certos sectores da grada -tanto local coma visitante- que enturbiaron o que ocorría no campo por momentos, desviando incluso a atención dos xogadores. Faltas de respeto, ameazas mutuas e provocacións maís propias doutros tipos de espectáculo ca do partidazo que se estaba a vivir.Non me gusta cando o térmo afeccionado dexenera a fanático.
Que a grada local se dirixise ó liña polo seu nome, e que este respondese -amparado na protección local- ás provocacións da grada visitante -para nada xustificadas- con actitudes de menosprecio.Liña que curiosamente anulaba un gol legal no último suspiro que daba a clasificación á C.D Portas
Notouse o parón dun mes para o equipo granate, que non estivo demasiado fino. Aínda que nos últimos minutos conseguíu unha victoria que pode ser decisiva de cara ó partido de volta.
Podíanse apreciar tres novidades importantes cando os locais saltaban a quentar ó artificial de A Rapeira. O incombustible Pablo Martínez volvía calzar as botas seis meses despois de ser inxustamente sancionado.Sergio regresaba trala lesión sufrida ante o Gondar que lle impedíu xogar os derradeiros partidos de liga e Gabriel, a recente fichaxe para a vindeira tempada, volvía lucir a casaca granate e debido as ausencias e lesións arrancaba como titular.
Sobre o campo un equipo moi interesante de cara o futuro, mistura de xuventude e veteranía nas doses adecuadas. De novo os catro xuvenís que sustentaron o equipo na recta final de liga Marcos, Casal e Toño como titulares e Santos dende o banco.
O rei de copas quizáís animado polas novas caras arrancou moi enchufado no partido, especialmente activos Felipe e Gabriel ós que lles falta acoplarse pero que non lles faltou vontade. Os granates dominaban e Rubén, perfectamente flanqueado por Casal e Sergio apenas tiña que intervir. Nun balón en profundidade pelexado na área visitante, o xogador arousano toca o balón claramente ca man e penalti que transformaba Javi para poñer xustiza e tranquilidade no marcador. O Portas decidido a sentenciar a eliminatoria na Rapeira buscaba o segundo, pero este sería o resultado co que se chegaba ó descanso.
No segundo tempo a mesma dinámica, pero ca preocupante intención do Vilagarcía de meterse no encontro. O Portas dominou o tempo que o mediocampo aguantou o partido. A partires do primeiro cuarto de hora a inexistencia desta liña fixo que finalmente os branquiamarelos pasasen a levar a iniciativa do encontro. Toño menos acertado do habitual quizáis foi dos que máis acusaron a falta de partidos nas últimas semanas, Martínez falto de ritmo de competición e Mario ó que os últimos 20 minutos se lle fixeron eternos retrasaron en demasía as súas posicións illando completamente os dianteiros. A pesares de que Felipe e Gabriel por dúas ocasión puideron quizáís sentenciar o encontro, os paus impedírono e a realidade era que xa dominaba o Vilagarcía. O gol non tardou en chegar e os visitantes perdoaron a remontada nun balón franco que o dianteiro, libre de marca enviou alto.
Trala reestructuración no mediocampo -quizaís tardía- os granates recuperaron algúns folgos ca entrada do protagonista Santos que a falta de cinco minutos amarrou un zapatazo na frontal ante o que nada puido facer o porteiro visitante para delirio do gradarío local. Por tanto eliminatoria aberta, aínda que con certa vantaxe para os de A Rapeira. O desenlace en sete días en Berdón.